"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Asignar un domicilio a algo ou a alguén.

    2. Designar unha conta nunha entidade bancaria para os pagos ou cobros de documentos de cambio.

    3. Establecerse alguén ou algunha entidade nun determinado domicilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao domicilio ou que se realiza no mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

    2. Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.

      1. Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.

      2. domicilio social

        Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.

      1. Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.

      2. domicilio social

        Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Administrativa. Funcionaria do Concello de Lalín e encargada do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, entre outras actividades, traballou na organización de exposicións temporais, do Cocido das Artes, das bienais de pintura Pintor Laxeiro, incluído o certame escolar, e foi guía do mesmo. Dirixiu e coordinou a publicación dos catálogos das bienais Pintor Laxeiro e colaborou co Seminario de Estudios do Deza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos drílidos.

    2. Insecto da familia dos drílidos.

    3. Familia de coleópteros á que pertence o xénero Drilus. Os individuos machos caracterízanse na fase adulta por ser escaravellos de entre 4 e 8 mm, de corpos ovados, aplanados e de cores escuras, con inmensas antenas pectinadas; e as femias presentan un corpo alongado, de entre 13 e 15 mm, semellante ás larvas, e son ápteras. As larvas aliméntanse de caracois aos que lles poden perforar a cuncha para acadar o corpo mol. A familia está presente nas partes cálidas de Europa, Asia Menor, África e S da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino formado pola unión dos reinos de Nápoles e Sicilia. Esta unión produciuse en 1442 baixo o reinado de Afonso V de Aragón e disgregouse á súa morte (1458). Tralo Congreso de Viena (1815), volveuse unir baixo o reinado de Fernando I das Dúas Sicilias, da casa de Borbón, e perdurou ata a incorporación ao Reino de Italia en 1860.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés e conde de Duhesme. Ascendido a xeneral en 1794, destacou nas campañas de Italia e na ocupación española. Permaneceu no ostracismo ata 1814. Uniuse a Napoleón no regreso de Elba e morreu na Batalla de Waterloo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul (261 a C) xunto con C. Cornelio Escipión. Organizou a flota durante a Primeira Guerra Púnica e conseguiu a primeira vitoria naval sobre os cartaxineses fronte a Milos, preto de Messana. Foi o primeiro triunfo naval da historia de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe de Mornay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de durable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación vexetal, típica de áreas con clima mediterráneo, caracterizada por presentar especies leñosas de follas perennes. Distínguense os subtipos durisilva e durifruticeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e investigador. Cursou a carreira eclesiástica no seminario de San Francisco de Ourense e, pensionado pola diocese, ampliou estudios de teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas. Desenvolveu o seu labor sacerdotal nas parroquias de Santa Mariña da Cidá (O Irixo) e Santa María de Melias (Pereiro de Aguiar). Foi profesor das cátedras de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Ourense, secretario de estudios e bibliotecario. Durante o seu período de docencia escribiu Adnotationes Criticae (1948), para que o empregasen os seus alumnos. En 1951, previa oposición, nomeárono cóengo arquiveiro da catedral de Ourense. En 1972 foi o primeiro director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Participou en diversos congresos internacionais, entre os que destacan o de Porto (1968) e San Tirso (1970). Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Estudios Medievales, Archivos Leoneses, Compostellanum, Cuadernos de Estudios Gallegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dúctil.

    2. Propiedade dun material para deformarse permanentemente baixo o efecto dun esforzo, debido a que a súa resistencia á fragmentación interna é menor cá resistencia á separación dos seus elementos. Fíxase un límite aproximado do 5% de alongamento para diferenciar os materiais dúctiles dos fráxiles, en función de se o material se deforma ou rompe nese momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Doutorouse en Historia da Arte polo Courtauld Institute of Art da Universidade de Londres coa tese Romanesque architectural sculpture in the diocese of Lugo, east of the Miño (Arquitectura e escultura románica na diocese de Lugo, ao leste do Miño, 1989). Profesor asociado de Humanidades da University of South Florida dende 1997, realizou estudios de arte medieval española, en especial sobre a arte románica galega e os mosteiros cistercienses en España. Participou en numerosos cursos e conferencias, entre os que destacan o simposio internacional O Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo (1992). Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos e Bulletin of the Society for Spanish and Portuguese Historical Studies. Entre os seus estudios sobresaen “La formación de la parroquia en la Galicia medieval“ (1997) e “The patronage of Romanesque Church Constrution in Galicia” (O padroado na construción de igrexas románicas en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía do desenvolvemento fetal que se caracteriza pola ausencia total ou parcial dun ou de varios dedos de mans ou pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ecuable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de edificable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao emprego de edil.

    VER O DETALLE DO TERMO