"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Markova, fixo o seu debut cos Ballets Rusos de Diaghilev en 1924. Creou e dirixiu a compañía Markova-Dolin (1935-1938) e o London’s Festival Ballet (1949-1952), e as súas mellores interpretacións foron Pétrouchka e La boutique fantasque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás matrices.
-
Impresora que debuxa os caracteres punto por punto grazas a un conxunto de agullas.
-
Forma da mecánica cuántica desenvolvida por Heisenberg, que consiste en asociar unha matriz a cada variable física. É equivalente ao formalismo da mecánica ondulatoria desenvolvida por Schrödinger, en que as variables son descritas por operadores. OBS: Tamén recibe o nome de mecánica das matrices.
-
-
-
Relativo ou pertencente a illas Mauricio ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de illas Mauricio.
-
-
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Dereito, foi nomeada directora do Institute of Legal Studies (1987) e vicerrectora da Queen’s University, en Belfast (1994). Gañou, como candidata independente, as eleccións presidenciais da República de Irlanda (1997), co que foi a primeira persoa nacida en Irlanda do Norte que alcanzou o cargo. Recibiu o apoio do Fianna Fáil e do Fine Gael e mantivo moi boas relacións co Sinn Féin. Defensora da reunificación de Irlanda, foi contraria ao divorcio e ao aborto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón creado pola Xunta de Galicia en 1984 para distinguir as persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade galega en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Entréganse o 25 de xullo, Día de Galicia, nun acto solemne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación xeográfica protexida, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2003 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e modificado o seu regulamento pola Orde do 10 de febreiro de 2004. Conta con 460 produtores de mel e 61 plantas envasadoras. O seu consello regulador controla, ampara e certifica o produto que leva a etiqueta identificativa de Mel de Galicia, desde a produción ata a súa presentación no punto de venda. Aínda que é unha denominación única, está formada por diferentes tipos: mel de milflores, de eucalipto, de castiñeiro, de queiroga e de silva, que terán que ser producidos, elaborados e envasados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.
-
PERSOEIRO
Gravador. Foi proxectista de selos na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e ilustrou libros como El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Publicou Breve historia del aguatinta: de Goya a Picasso (1972) e Técnicas e historia del Grabado Original (1974). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar. Proxectou o edificio que ía ser destinado a Arquivo do Reino de Galicia, en Betanzos, nunha liña cargada de sobriedade, rectangularidade e racionalidade. En 1769 o arcebispo Rajoy encomendoulle o proxecto de varias obras no cuartel de Santiago de Compostela, convertido daquela nun hospicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Arte ou actividade da guerra.
-
Profesión ou ocupación dos soldados.
-
Prestación persoal que os soldados dan ao exército. OBS: Tamén se emprega a forma apocopada mili para designar a mesma prestación.
-
Tropa de guerra, especialmente aquela que ten un grao de militarización inferior ao do exército. Eran grupos locais formados por civís instruídos ocasionalmente, que só se mobilizaban en caso de guerra. A partir do s XVII desenvolvéronse como forzas auxiliares, reservas ou formacións defensivas, complementarias dos exércitos, que entón xa eran permanentes e asalariados en toda Europa. O feito de que as milicias cidadás de París, creadas en 1789, tivesen un papel relevante na Revolución Francesa produciu un fenómeno mimético nas revolucións liberais. En España, a Milicia Nacional foi creada polas Cortes de Cádiz en abril de 1814, mediante Real Decreto, que foi anulado por Fernando VII o 4 de maio de 1814. Restableceuse durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e tivo un papel destacado. Coa restauración absolutista disolveuse e ao comezar as Guerras Carlistas renaceu como milicia urbana. Despois da guerra transformouse en forza ao servizo dos progresistas, polo que o moderado Luis González...
-
-
-
Conxunto de persoas que loitan ou están dispostas a loitar por un ideal.
-
milicias populares
Forzas compostas por elementos civís armados durante a Guerra Civil Española (1936-1939) que xeralmente dispoñían de asesores militares e que foron organizadas por grupos políticos de esquerdas e polas organizacións sindicais. Os primeiros meses tiveron un papel importante porque permitiron facer fronte á rebelión militar.
-
milicias provinciais
Reserva militar que organizou a Real Ordenanza do 31 de xaneiro de 1734 de Filipe V. Formábana 31 rexementos, 42 en 1766, formados por oficiais profesionais, armados polo Estado. En 1835 a milicia provincial foi asimilada pola infantaría.
-
-
Conxunto de anxos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á milicia.
-
Membro dunha milicia.
-
-
-
Soldado voluntario do goberno republicano durante a Guerra Civil Española (1936-1939).
-
Membro dun exército revolucionario, diferente do exército regular do país.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Madrid a partir do 1 de agosto de 1936 e que cesou ao ano seguinte (nº9). Subtitulouse “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster” e editouse para aglutinar politicamente o Batallón de Milicias Gallegas. O promotor e principal executor foi Santiago Álvarez. De contido bélico e político, incluíu prosa e poesía de colaboradores como Ramón Cabanillas e Rafael Dieste. Foi un dos tres xornais galegos publicados na zona republicana durante a Guerra Civil Española, xunto con Nova Galicia e Nueva Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos armados organizados en Galicia no s XVI en substitución da antiga organización militar feudal. Ante a inexistencia dun exército regular, mobilizáronse nos casos de necesidade de defensa do territorio galego. O mando exercíano os nobres galegos e os postos inferiores ocupábanos a nobreza baixa, os fidalgos e os burgueses. Protagonizaron diversas campañas no s XVI, como a de dar apoio ás tropas do duque de Alba na invasión de Portugal ou a defensa de Vigo e A Coruña ante os ataques de Francis Drake. No s XVII dividíronse en distritos organizados en compañías e no s XVIII os Borbóns substituíronas polos terzos, feito que orixinou a oposición de parte da poboación ante a obriga dos terzos a actuar fóra de Galicia deixando o territorio galego indefenso. Dos nobres que loitaron á fronte das milicias destacaron os condes de Lemos, Monterrei e Soutomaior. Nos comenzos da Guerra Civil Española (1936) recibiron este nome os grupos armados formados en Madrid por republicanos galegos apoiados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación fundado en 1921 pola Junta para Ampliación de Estudos para realizar investigacións relacionadas cos problemas da agricultura galega. Inicialmente estaba situado en Santiago de Compostela, nun local cedido pola Escola de Veterinaria, o seu primer director foi Cruz Gallástegui, pero posteriormente, en 1927, instalouse en Pontevedra. En 1939 integrouse no CSIC. Foi creado para realizar investigacións sobre a agricultura galega, posteriormente centrou as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas (millo, fabáceas e brasicáceas, fundamentalmente). Os seus obxectivos principais son atopar novas variedades que sexan menos agresivas co ambiente, para o que se estuda a diversidade xenética de especies cultivadas (prospección de recursos, conservación e propagación, entre outras), e selecciónase e mellórase as especies cultivadas (resistencia a pragas, enfermidades, e outras condicións de estrés ou novos usos de variedades).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada e O Valadouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).