"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

    1. Relativo ou pertencente á República Dominicana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da República Dominicana.

    3. As primeiras manifestacións artísticas pertencen ao pobo taíno. Consérvanse restos cerámicos destinados a prácticas funerarias e rituais e mostras da arte rupestre en diversos lugares, ben en covas, ben ao aire libre. Destacan, entre outras, as covas de Las Maravillas, El Pomier e as Caritas. Nas covas do Parque del Este e Los Haitises localizáronse pictografías con distintas representacións de figuras humanas, animais, astros, figuras xeométricas e labirínticas, escenas de recolección, caza, pesca, danzas, xogos e prácticas funerarias. As estruturas arquitectónicas taínas son rectangulares, circulares e ovaladas, e estaban delimitadas por pedras verticais. Nelas atopáronse obxectos de pedra decorados con relevos, ídolos, amuletos e diversos obxectos realizados en pedra, madeira, cunchas e ósos. No campo da arquitectura colonial destaca a catedral de Santo Domingo (1521-1537), de trazas góticas, pero que amosa na fachada motivos decorativos platerescos. No seu interior acolle o mausoleo...

    4. Nas súas orixes, a literatura transmitíase oralmente. No período de independencia xurdiron os primeiros xornais e entre os anos 1795 e 1800 introduciuse a imprenta. Os escritores da Restauración están marcados pola inestabilidade política e as guerras civís. A preocupación indixenista foi un elemento primordial da literatura do s XIX. Nesta tendencia destacan José Joaquín Pérez, representante do romanticismo poético, autor de Fantasías indígenas (1877); Manuel Jesús Galván, autor da novela histórica Enriquillo (1882); Gastón Fernando Deligne, con Galaripsos (1908) e o costumista Gregorio Billini. Así mesmo, destacaron Fabio Federico Fiallo, xornalista que fundou os xornais El Hogar, La Bandera Libre e Las Noticias e autor de Poesías (1880), e Salomé Ureña, poetisa, pioneira da educación feminina e fundadora do Instituto de Señoritas, primeiro centro feminino de ensino secundario establecido na República Dominicana....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade e dominio señorial.

    2. Dereito que se lle pagaba ao señor.

    3. Terra que o señor reservaba para a súa explotación directa cando cedía un feudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dominica ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Dominica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hockey Club Dominicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.

    2. Acción de dominar ou dominarse.

      1. Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material. Permite ao seu titular gozar e dispoñer dunha cousa sen máis limitacións ca as establecidas polas leis.

      2. dominio absoluto

        Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.

      3. dominio directo

        Dominio que se reserva a quen cedeu un inmoble a censo de por vida ou enfiteuse, ou outro título semellante, de xeito que a propiedade non pode ser vendida sen o seu permiso.

      4. dominio medio

        Dominio que se reservaba á enfiteutam que consistía en doar a propiedade en subenfiteuse para converterse en señor medio. Este dereito podía exercitalo tamén o enfiteuta mediano e o seguinte.

      5. dominio público

        Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que, directa ou indirectamente, se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servicio público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade. Estes bens son a zona marítima terrestre, as praias e os recursos naturais, entre outros. É inalienable, polo que para poder ser enaxenado debe ser desafectado; tamén é imprescritible e inembargable.

      6. dominio útil

        Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dominar ou dominarse.

      1. Plenitude de facultades legalmente recoñecidas sobre unha cousa material. Permite ao seu titular gozar e dispoñer dunha cousa sen máis limitacións ca as establecidas polas leis.

      2. dominio absoluto

        Plenitude dos atributos que as leis lle recoñecen ao propietario dunha cousa para dispoñer dela.

      3. dominio directo

        Dominio que se reserva a quen cedeu un inmoble a censo de por vida ou enfiteuse, ou outro título semellante, de xeito que a propiedade non pode ser vendida sen o seu permiso.

      4. dominio medio

        Dominio que se reservaba á enfiteutam que consistía en doar a propiedade en subenfiteuse para converterse en señor medio. Este dereito podía exercitalo tamén o enfiteuta mediano e o seguinte.

      5. dominio público

        Conxunto de bens e dereitos, propiedade dos entes públicos que, directa ou indirectamente, se destinan para o uso de todos ou para a prestación dun servizo público, e que se someten a un réxime xurídico especial de propiedade. Estes bens son a zona marítima terrestre, as praias e os recursos naturais, entre outros. É inalienable, polo que para poder ser enaxenado debe ser desafectado; tamén é imprescritible e inembargable.

      6. dominio útil

        Conxunto de facultades de uso, gozo e outros dereitos, que ten aquel que recibe unha propiedade en enfiteuse ou un título semellante.

      1. Terra da que se posúe a autoridade ou a propiedade.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos territorios que formaban parte do Imperio Británico e que accederon ao pleno autogoberno, tanto no que respecta aos asuntos de índole interna, como nos da súa política exterior, aínda que manteñen como xefe do estado nominal o soberano do Reino Unido. Pouco a pouco accederon á independencia, recoñecida de feito polos estatutos de Westminster de 1931. Dende 1977 este termo substituíuse polo de membros da Commonwealth.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xogo practicado con 28 fichas rectangulares divididas en dúas partes iguais; cada unha desas partes leva marcados de 0 a 6 puntos, tendo en conta todas as combinacións posibles dende o dobre branco (cero puntos) ata o dobre seis. Gaña o xogador que, facendo diversas combinacións antes, se desfai das súas fichas ou o que ten menos puntos cando se pecha o xogo.

      2. Conxunto de fichas que se usan para este xogo.

      1. estido talar con carapucha usado como disfrace.

      2. Persoa disfrazada con este traxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, cantante e compositor de jazz norteamericano. Coñecido como Fats Domino, nos anos corenta ingresou na formación de Dave Bartholomew e foi a ponte de unión entre o rhythm and blues e o rock. Da súa discografía destacan The Fats Man (1949), Blueberry Hill (1956) e Lady Madonna (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoine Domino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do sobrenome e nome latino Domitilla, procedente de Domitia, feminino de Domitius. Flavia Domitila (s I), santa e mártir romana, celebrábase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia romana da familia dos Flavios, sobriña do cónsul romano Flavio Clemente. No ano 96 foi deportada á illa de Ponza por se adherir á fe cristiá, onde sufriu un longo martirio. O cemiterio da familia, situado na Via delle sette Chiese, tomou o seu nome e é unha das catacumbas máis extensas de Roma; contén pinturas de estilo pompeiano e cristiás dos séculos II, III e IV. Na iconografía leva como atributos a coroa e a palma do martirio. A súa festividade celebrábase o 12 de maio, pero a reforma posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que procede dos antropotopónimos correspondentes. A súa orixe está no sintagma (villa) Dominici ‘granxa de Domingo’. O topónimo documéntase no s XI: “villa de Domenci” (doc ano 928 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 330).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Membro do Partido Carlista, despois do Convenio de Vergara integrouse no exército isabelino. Participou na Vicalvarada xunto con O’Donnell e integrouse de novo no exército carlista en 1868. Foi nomeado xeneral en xefe das forzas do País Vasco a finais de 1872 e sucedeu a Lizárraga como comandante das forzas do Centro. Despois da guerra trasladouse a Francia e ao Reino Unido ata que regresou a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cangrexos, da suborde dos braquiúros, ao que pertence a especie D. personata, de ata 11 cm de lonxitude, de cor rosa, que vive en fondos rochosos da Península Ibérica, entre os 2 e os 200 m de profundidade. Presenta o corpo recuberto dunha densa pilosidade, agás os extremos das pinzas. As máis das veces mantén agarrados, sobre el, anacos de esponxas para camuflarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros, da familia dos ornitomímidos, de ata 3,5 m de lonxitude. Presentaba as extremidades inferiores moi longas e esveltas, co cerebro e os ollos de gran tamaño. Eran animais veloces e intelixentes, que cazaban na penumbra dos densos bosques da actual Norteamérica, a finais do Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. economía política

        Ciencia que estudia as leis económicas e sociais que dirixen a produción e a distribución dos medios e recursos materiais que cobren as necesidades humanas. Xurdiu como ciencia da administración de facenda e foi, trala Revolución Industrial, cando comezou a independizarse como ciencia, ocupándose das relacións sociais de produción e do estudo das leis económicas que rexen os sistemas produtivos.

      2. Ciencia que ten por obxecto a análise da realidade económica, é dicir, dos mecanismos segundo os que se asignan os recursos e se determinan os prezos.

        Desenvolvemento histórico da ciencia económica


        As orixes do termo remóntanse á antiga Grecia, na que pensadores como Platón ou Aristóteles reflexionaron sobre termos como tipo de interese ou valor, e sobre a organización económica. As súas ideas recolléronas os escolásticos medievais. Todos eles buscaban unha lei natural que rexera os fenómenos económicos; os gregos e os romanos utilizaron os principios racionais e os filósofos escolásticos a revelación divina. A partir do s XVI iniciouse unha nova fase na elaboración do pensamento económico, da man do mercantilismo, interesado nas causas que contribuían a aumentar a riqueza das nacións e dos seus cidadáns. O primeiro mercantilismo desexaba unha entrada e acumulación de metais que lle daba poder ao Estado e capital circulante aos...

    1. Estado de riqueza dun país, dunha empresa ou dunha persoa.

      1. Configuración do funcionamento dun sistema económico.

      2. economía aberta

        Sistema económico que participa no comercio internacional de bens e servicios, é dicir, na importación e exportación.

      3. economía concertada

        Sistema económico intermedio entre a economía liberal, con ausencia total de intervención estatal, e a economía dirixida ou planificada. A expresión incorporouse á terminoloxía económica con Jean Monet no I Plan Francés que marcaba directrices orientativas para o sector privado e obrigatorias para o sector público.

      4. economía de guerra

        Reestruturación do sistema produtivo dun Estado en situación de excepción, no que todas as forzas produtivas se poñen en función das necesidades bélicas prioritarias.

      5. economía de mercado

        Sistema de produción no que predominan as relacións mercantís. É característico dos estados capitalistas.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter económico aparecida na Coruña a partir de marzo de 1988. Editada por Galicia Económica S L e dirixida por Uxío Fernández Fernández, contou coa colaboración de Mª Luisa Martínez, Luis Caramés, J. Antonio Gaciño, Luis Pita e Antonio Grandío. Ademais de procurar solucións a problemas financeiros, incluíu información relativa a empresas públicas e privadas, e tratou especialmente os sectores da pesca, a construción, a agricultura, a moda e a creación en Galicia, e o comercio polo miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista británica de economía política fundada en 1890 pola Royal Economic Society. Foi dirixida por economistas destacados como F. Y. Edgeworth, J. M. Keynes, R. F. Harrol e P. Socfta, entre outros, e tirou do prelo oito edicións anuais. Entre os seus colaboradores figuran algúns dos economistas con maior prestixio en Europa como David de Meza, Steve Machin, Gerard van den Berg e David G. Mayes. Recolle as novas achegas á ciencia económica e está orientada a economistas profesionais e a investigadores económicos. Inclúe, ademais, crítica e recensións de libros e estudios, artigos de análise da política económica contemporánea e información sobre simposios de carácter financeiro que se celebran no mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO