"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Construción situada en Santa Mariña de Ribasar (Rois). Bartolomeo Piombino Farcinetti e Jacobo Giambino instalaron unha fábrica de papel, concedida en 1714. Comezou fabricando un papel de baixa calidade que se destinou a envolver o tabaco picado que levaba a marca P; a mellor calidade do papel permitiu imprimir en 1733 Anales del Reyno de Galicia de Francisco de la Huerta. Posteriormente, adquiriuna Antonio Riveiro de Aguilar, quen modernizou as instalacións. En 1858 fabricaba o papel de fumar El Sol. Pechou a comezos do s XX. O pazo construíuno B. Piombino en 1727 en estilo barroco. Destacan o balcón con balaustrada pétrea e os brasóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Limia pola esquerda. Nace da confluencia de varios ríos que baixan pola vertente setentrional da serra do Larouco, no límite das parroquias de Garabelos do Bouzo (Baltar), Gudín e Novás (Xinzo de Limia). O seu curso adopta unha dirección S-N que lles serve de límite ás parroquias de Seoane de Oleiros e Faramontaos coas de Chamosiños e Lobaces (Trasmiras), por onde prosegue. Ao chegar a Abavides (Trasmiras) vira cara ao NO por Zos, para regresar ao concello de Xinzo de Limia pola parroquia de Boado. Desemboca na vila de Xinzo de Limia, logo dun percorrido duns 22 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de san Cosmede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de san Xes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Faramontaos, en San Salvador de Faramontaos (Xinzo de Limia). Trátase dunha ponte de oito vans arquitrabados. Pertenceu ao antigo camiño dende Xinzo de Limia a Cualedro e Verín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico obtido cun farinógrafo que dá idea da evolución das características reolóxicas da masa en función do tempo. Mediante este gráfico dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais de distintos tipos de fariña e completa os datos obtidos co alveógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de tendencia anarcosindicalista que integraba sociedades de ebanistas, carpinteiros, toneleiros e outros oficios afíns de diversos lugares de España, creada en Barcelona en 1898. Entre 1908 e 1909 a súa secretaría trasladouse á Coruña e tiña sociedades adheridas en Santiago e Vilagarcía. O seu voceiro, La Cuña, estaba dirixido por Manuel Alvedro, e contou coa colaboración do dirixente da Sociedad de Carpinteros herculina, Xoán Dopico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Participou nos espectáculos Don Hamlet, príncipe de Dinamarca e Os vellos non deben de namorarse, presentado este último pola Asociación Teatral Iberoamericana na Coruña en 1959 e 1961. Continuou a súa andaina teatral na compañía Tespis, coa que actuou ata 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui (1775-1796). Licenciado en Leis pola Universidad de Salamanca, foi cóengo lector en Plasencia e Salamanca antes de ser nomeado bispo de Tui. Durante o seu bispado foron construídas, entre outras, as igrexas de Amorín, Celeiros, Ponteareas, San Mateo de Oliveira, San Bernabé de Graña e San Salvador de Prados e o muíño de aceite de Pousa de Sobreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. En 1993 obtivo o Premio Calderón de la Barca coa obra Para quemar la memoria e en 1994 presentou Qué hizo Nora cuando se marchó?, coa que tentou dar continuidade á coñecida obra de Henrick Ibsen, Casa de bonecas. En galego publicou o monólogo Mariana (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, médico e político. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Inicialmente, colaborou no semanario Cantaclaro, en La Gaceta de Galicia e na revista Galicia Moza, esta última con Castelao. En Madrid escribiu para El Liberal, Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo Mundo e La Estampa. Na súa estadía en Bos Aires, a partir de 1914, colaborou coas publicacións La Nación, Caras y Caretas e Correo de Galicia. Alí estreou as comedias Galleguita, La retirada e El altar. Ao seu regreso a Galicia (1924), dirixiu El Pueblo Gallego. Durante a República foi director xeral de Seguridade e gobernador civil de varias provincias (Ciudad Real, Málaga, Jaén e Cáceres) e deputado por Lugo polo Partido de Centro de Portela Valladares en 1936. Trala Guerra Civil exiliouse en Cuba, onde colaborou no Diario de la Marina de La Habana. En 1943, instalado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro, historiador e filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1940), foi director do arquivo xeral do ministerio de Información e Turismo e da Hemeroteca Nacional. Profesor de prehistoria e historia antiga na Universidad de Madrid, obtivo a cátedra de Filoloxía na Universidad de Murcia en 1945. Das súas obras destacan Fray Benito Jerónimo Feijoo y sus mejores páginas seleccionadas (1939), Un gran dicionario latino del siglo XIII (1940), La enseñanza del latín en Nueva España (1941), Catálogo de los Códices Clásicos latinos de la Biblioteca Universitaria de Salamanca (1942), San Valerio como fuente histórica. La España del siglo VII (1943), El “explicit” de códices fechados españoles en el siglo XV (1945), Abadologio del monasterio de Osera 1672 a 1824 (1945), Dicionario del latín dos canteiros de Galicia (1946), Los manuscritos gramaticales latinos de la Biblioteca Nacional (1947), Publicaciones diarias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Foi investigador do Centro de Estudios Históricos onde pertenceu ao grupo de lingüistas formado por Navarro Tomás e Rafael Lapesa. Foi profesor de latín e grego, tradutor do tratado de Paul Kretschmer sobre a lingüística grega e latina, e lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1925-1926). Comezou a recompilar en fichas -que el denominou cédulas- o seu Archivo Gramatical de la Lengua Española (AGLE), constituído por máis de 100.000 citas que recollían fenómenos de lingua, coa intención de que lle servisen de corpus para a confección da gramática que proxectaba (editado polo Instituto Cervantes, a cargo de José Antonio Millán, Maite Rivero e Ignacio Bosque, 1997-2002). Á súa morte só aparecera un volume da Gramática Española (Los sonidos, el nombre y el Pronombre) (1951) e os seguintes quedaron en distintos estadios de elaboración, pero foron publicados posteriormente (1985-1991). Influenciado, sobre todo, por L. Hjelmslev, K. Bühler, R. Jakobson, a escola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Ramón Fernández-Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto feito para unha acción determinada e utilizado directamente pola man para actuar sobre a materia, ao tempo que asegura un bo contacto coa man para obter un control preciso da operación e realizala comodamente. Unha primeira clasificación das ferramentas permite agrupalas en prénsiles, como ganchos, tenaces, pinzas ou pas, e percusoras, como machados, punzóns ou martelos. A evolución das ferramentas segue dous camiños ligados estreitamente: a evolución por perfeccionamentos sucesivos, chamada ortoxénese, e o avance por mutación dunha ferramenta noutra.

    2. Conxunto de instrumentos empregados na realización dun traballo ou oficio.

    3. Órgano copulador masculino.

    4. Aquilo que se emprega para conseguir un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter sindical aparecida en Ferrol entre 1974 e 1977. Foi o voceiro dun sector de Comisións Obreiras desta localidade do que saíron polo menos dez números. Foi o xermolo do Sindicato Obreiro Galego de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO