"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 530 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as puntas Lagosteira e Pedra Rubia, na parroquia de Mougás (Oia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as orellas grandes.
-
PERSOEIRO
Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Iniciou a súa carreira como actor, labor que abandonou moi cedo para dedicarse de cheo á elaboración de guións de series de televisión e filmes como Bajarse al moro (1988), Salsa rosa (1991) e El amor perjudica seriamente la salud (1996). Como realizador e guionista destacan as producións De qué se ríen las mujeres? (1996), Novios (1999) e Inconscientes (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada xunto ao río Oka (347.800 h [1997]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas, nos aparellos de precisión, na industria lixeira e na alimentaria. Fundada cara a 1564, gozou dunha gran prosperidade con Pedro I de Rusia o Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de cloritoide que é rica en manganeso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Beira dunha cousa que constitúe o límite con outra.
-
MONTES
Monte que pertence á serra do Xurés, situado na parroquia de Río Caldo (Lobios). O seu cumio acada os 1.330 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bordo dunha tea, xeralmente dunha cor distinta ao resto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relevo morfolóxico dunha área da superficie terrestre, subaérea ou submarina, que existiu nun momento determinado da historia xeolóxica, e que adoita atoparse fosilizado baixo os sedimentos dunha serie estratigráfica. Constitúen as superficies limitantes das discordancias angulares e das desconformidades e aplícase indistintamente a superficies suavemente formadas ou a verdadeiros vales e montañas enterrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano e escritor. Dedicou a maior parte da súa vida ao estudo da orde dos Predicadores en Galicia e dirixiu a Asociación Regional del Santo Rosario (1913). Foi membro da Real Academia Galega (1941). Colaborou, co pseudónimo de León Yebra Oliver en diversos xornais como Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. No boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (1937) un artigo sobre o santoral, que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Publicou tamén Los dominicos en Santiago: apuntes históricos (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de dous elementos que gardan entre si algún tipo de relación ou semellanza.
-
Conxunto de dúas persoas ou animais de distinto sexo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada ovella coa súa parella”.
-
Elemento que normalmente se agrupa a outro para formar un par.
-
-
-
Persoa que mantén unha relación sentimental con outra.
-
parella de feito
Parella constituída fóra do matrimonio formada pola unión libre, pública e notoria de dúas persoas vinculadas de xeito estable. A súa regulación varía segundo as comunidades autónomas.
-
-
Conxunto de dous elementos.
-
Cada un dos elementos dun produto cartesiano de dous conxuntos.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que se estendeu por toda a Península. Trae como armas, en campo de ouro, tres barras de azul. Outra variante trae, en campo de ouro, a palma dunha man. Pode aparecer grafado coa forma castelanizada Pareja.
-
-
Que garda semellanza con outra persoa ou cousa.
-
Que está ao mesmo nivel ou que apenas presenta variacións con respecto a outra persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de 22.000 m2 situado no concello de Vigo, en que se inclúen o pazo de Castrelos, rodeado de xardíns, o Museo Municipal Quiñones de León e un auditorio ao aire libre. O recinto está atravesado polo río Lagares e posúe árbores autóctonas como freixos, bidueiros e amieiros, e foráneas como araucarias e castiñeiros da India. Tamén hai piñeiros, salgueiros, magnolios e eucaliptos, entre outras moitas especies. Foi declarado BIC, xunto co pazo de Castrelos, en 1955.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘palla’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é máis ancho ca alto.
-
-
Ponte pequena e estreita que se constrúe ou coloca provisional ou definitivamente para salvar un obstáculo.
-
Plataforma elevada, longa e estreita pola que desfilan os modelos que exhiben creacións de moda.
-