"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
CIDADES
Cidade do distrito de Faro situada no Algarve, Portugal. É un centro comercial e turístico a 17 km da costa. Capital da cora de Ocsobona (Algarve), o califa ‘Abd al-Ra ḥ mān III tolerou a súa independencia a cambio dun tributo anual (929). Foi incorporada a Portugal en 1249.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se cría de forma natural nos bosques ou nos campos.
-
Que vive en liberdade na natureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Siluester, a partir do adxectivo silvester ‘boscoso’, ‘habitante dos bosques’ e de aí ‘salvaxe, rústico’, derivado de silva ‘selva’. Aparece testemuñado como nome só en época cristiá.
-
PERSOEIRO
Papa (314-335). Confesor da fe na última persecución, foi o primeiro papa despois do Edito de Milán (313). Segundo a tradición bautizou a Constantino. Viste de pontifical, con palio e tiara e cunha pía bautismal como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (999-1003). De nome Xeberto de Orlhac, foi arcebispo de Reims (989). Desamigouse co Rei Roberto II (996) e tivo que refuxiarse na corte do Emperador Odón III, de quen foi mestre e conselleiro e quen o fixo arcebispo de Rávena (989). Como papa esforzouse na restauración do Imperio Romano en mans dos xermánicos. Isto valeulle a inimizade dos Crescenzi de Roma que provocaron a súa fuxida da cidade xunto a Odón III (1001). Introduciu o uso do cero na Europa cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1045). De nome Giovanni Crescenzi, foi bispo de Sabina. Foi elixido papa grazas a Gerardo di Sasso, quen destronou a Benedito IX. O retorno ao solio de Benedito IX, tamén pola forza das armas, obrigouno a refuxiarse en Sabina. Deposto polo Sínodo de Sutri (1046), xunto aos seus rivais Benedito IX e Gregorio VI, pasou os seus derradeiros días encerrado nun mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antipapa (1105-1111). Foi elixido papa polo pobo romano durante o pontificado de Pascual II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos silvestrinos.
-
Monxe da congregación monástica de San Bieito de Montefano (Macerata), Italia, fundada por san Silvestre Guzzolini en 1231. A congregación adoptou a regra beneditina e foi aprobada polo Papa Inocencio IV en 1248. Tivo unha rama feminina que se extinguiu en 1822.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que vive nos bosques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á silvicultura.
-
-
Cultivo das árbores forestais.
-
Ciencia que estuda o cultivo dos bosques e o seu aproveitamento racional. Ocúpase de previr os incendios forestais e de limitar os seus efectos, regular os pastos, defender os bosques naturais e impedir as explotacións abusivas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sílvidos.
-
Ave da familia dos sílvidos.
-
Familia de aves, da orde das paseriformes, de 8,5 a 20 cm, que teñen o peteiro fino, delgado e recto propio dos insectívoros, cos buratos nasais abertos nunha depresión, patas longas, delgadas e pouco aptas para a marcha, e cola relativamente longa. Habitan en case todo o mundo, excepto nos polos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
silvita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Silvinianus, derivado de Silvius e este á súa vez de silva ‘selva’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Segundo a tradición, foi un neno martirizado en tempos de Valeriano. Os seus restos atopáronse no cemiterio romano de Ciríaca en 1844 e o seu corpo foi doado por un prelado bieito a frei Rosendo Salvado en 1851, quen o cedeu a un monxe exclaustrado de San Martiño Pinario. En 1861 o seu corpo pasou ás mans do mosteiro de San Paio de Antealtares. Represéntase como unha figura xacente con ricas vestiduras. A súa festividade celébrase o 22 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha que está formada por silvina. Aparece en masas brancas, avermelladas ou moradas, cunha estrutura granulada, acompañando case sempre á halita ou á carnalita, e formando grandes depósitos de sales potásicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Silvinus, xentilicio de Silvio e este derivado de silva ‘selva’, co significado de ‘arisca coma unha silva’. Debeu ser na súa orixe un nome degradante que por humildade poñían algúns cristiáns devotos. Para os romanos aludía a Rea Silvia, filla de Numitor, vestal á forza e nai de Rómulo e Remo, polo que se refería á máis elevada nobreza. Con este nome destacan san Silvino, bispo, e santa Silvina, mártir. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro (Silvino) e o 18 de febreiro (Silvina).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Silvius, derivado de silva ‘selva’, sinónimo de Silvestre ‘do bosque, boscoso’. A súa festividade celébrase o 21 de abril (Silvio mártir) e o 3 de novembro (Silvia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de potasio, de fórmula KCl, que cristaliza no sistema cúbico, xeralmente en cristais cúbicos, aínda que tamén aparece en masas ou grans grandes. É incolora ou branca, e a súa posible cor avermellada débese á inclusión de hematites. Ten unha densidade e dureza de 2 e o seu sabor é picante, máis amargo ca o da halita.