"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Victoria Abril, principiou a súa carreira profesional en televisión no programa Un, dos, tres (1976). Destacou polos seus papeis eróticos, como en Cambio de sexo (1976), e desenvolveu gran parte da súa carreira en España, Italia e Francia. Protagonizou, entre outras, La muchada de las bragas de oro (1979), L’Addition (1983), Max mon amour (1985), El Lute: camina o revienta (1987, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine Donostia-San Sebastián), Átame! (1989), Amantes (1991, Silberner Bär na Berlinale), Kika (1993), Libertarias (1995), Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto (1995, Concha de Plata en Donostia 1995 e Goya á mellor actriz 1996), Entre las piernas (1998), Sin noticias de Dios (2000) e El séptimo día (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, pintor e gravador croata. Naturalizado estadounidense, destacou como escultor de monumentos, desenvolvendo un estilo clasicista. Das súas obras sobresae o enorme mausoleo en conmemoración ao Soldado Descoñecido de Belgrado (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, científico e folclorista ucraíno. Doutor en Filoloxía Eslava polas universidades de Khàrkiv e Kiev, escribiu poesía de xénero histórico-romántico e sobre temas diversos. Destacan as obras Sirótnika (O orfo) e Dobruj den (Bos días).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor ruso. Discípulo de Rimskij-Korsakov, realizou un total de 27 sinfonías. Interesouse polas innovacións harmónicas de Aleksandr Nicolajevič Skr abin, aínda que o seu estilo foi conservador no aspecto formal. Compuxo os poemas sinfónicos Nunca máis e Alastor, ademais de tres sonatas para piano, nove cuartetos de corda e numerosas cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar serbio. Organizou (1941) a guerrilla contra os ocupantes alemáns pero o seu anticomunismo enfrontouno a Tito. Foi ministro de Guerra no goberno do exilio (1942), pero perdeu a axuda dos aliados (1943), o que o levou a colaborar cos ocupantes. Ao rematar a guerra, foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como Michel Fokine, estudou na escola imperial de ballet do teatro Mariinskij. Presentado a Diaghilev por A. Benois, foi primeiro bailarín e coreógrafo dos Ballets Rusos (1909-1914). Abandonou Rusia durante a revolución (1918) e estableceuse primeiro en Escandinavia e despois en EE UU. O seu estilo caracterizouse por potenciar a acción dramática e a expresividade integral do bailarín. As súas coreografías máis destacadas foron As sílfides (1908), Petruska (1911), A valsa ou O espectro da rosa (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Moscova. Coñecido como Pimen, foi consagrado bispo en 1957 e ocupou as sés de Odessa, Dimitrovgrad e Tula. Membro do Santo Sínodo, foi elixido metropolita de Leningrado e Ladoga (1961) e posteriormente (1963) de Kruticij e Kolomna. Representante oficial do Patriarca Aleixo (1970), en 1971 o sínodo da Igrexa rusa elixiuno patriarca de Moscova e de todas as Rusias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Publicista, sociólogo e crítico ruso. Como teórico do movemento revolucionario dos narodniki (populistas), tivo unha grande influencia entre os intelectuais rusos da época. Inimigo do determinismo histórico, deulle moita importancia ao heroe intelectual como dirixente revolucionario das masas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Pai de Andrej e Nikita Mikhalkov-Končalovskij, destacou polas súas poesías para nenos, ademais de por ser autor de obras de teatro e narracións (Tótágas, 1978) e da letra do himno da Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e actor cinematográfico. Coñecido como Nikita Mikhalkov e irmán de Andrej Mikhalkov-Končalovskij, compaxinou a dirección e a interpretación durante toda a súa carreira. Como director destacan Raba l’ubvi (A escrava do amor, 1976), Neokončennaja piesa dija mehamicskogo pianino (Peza incompleta para teatro mecánico, 1977, Concha de Oro no Festival de Donostia), Ochi chyornye (Ollos negros, 1987), Urga (1991, Leone d’Oro de Venecia e Premio Felix do cine europeo 1993) e Utoml’onnye solntsem (Queimado polo sol, 1994, Oscar á mellor película estranxeira 1995); e como actor participou en Solnste svetit vsem (O sol sae para todos, 1959), Vokzal dlya dvoikh (Estación de tren para dous, 1982) e Vera, nadezhda, krov’ (Crenza, esperanza, sangue, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político xeorxiano. Foi ministro de Comercio ata 1955 e vicepresidente do Consello de Ministros soviético (1955-1964). No XX Congreso do PCUS (1956) atacou o culto á persoalidade de Stalin e acreditou a política de Khruščov. Foi presidente do Presídium do Soviet Supremo (1964-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral da aviación soviética e construtor de avións xeorxiano. Membro da Academia de Ciencias da URSS, a partir de 1939 deseñou, xunto con M. O. Gervič, os avións da serie MIG. Recibiu o Premio Stalin en 1946, 1949 e 1952.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.
-
PERSOEIRO
Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Dirixente dos cadetes, foi ministro de Asuntos Exteriores do goberno provisional (marzo de 1917) en Rusia, pero a súa política de continuar a guerra provocou unha oposición popular, feito que o obrigou a dimitir e exiliarse en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Vicente de Souza, inicou a súa carreira na compañía Chévere, para despois traballar en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego como Salomé, A fiestra valdeira e Xelmírez ou a gloria de Compostela. Tamén realizou traballos para Teatro Bruto, Teatro do Aquí e Uvegá Teatro, e para televisión participou en A fiestra valdeira (1994). Traballou nos filmes A rosa de pedra (1999) e Era outra vez (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie de descontinuidade que separa a codia terrestre do manto, situada a uns 35 km por baixo dos continentes e a uns 5 km por baixo do fondo mariño. Foi descuberta polo xeólogo croata Andrija Mohorovičić (1857-1936). Nela prodúcese un continuo de cambios bruscos da velocidade de propagación das ondas sísmicas, que indica cambios físicos e químicos da materia, o que permite unha interpretación concéntrica da estrutura da Terra.
-
PERSOEIRO
Escritor francés, fillo de Jules Moinaux. Coñecido como Georges Courteline, foi un dos grandes humoristas en lingua francesa, cunha gran forza satírica nas súas comedias teatrais, moitas delas levadas ao cine. Da súa produción destacan as obras Les Gaîtes de l’escadron (1886), Les femmes d’amis (1888), Boubouroche (1893) e Paix chez soi (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo lituano. Coñecido como Deborin, defendeu a dialéctica marxista. Foi acusado de idealismo de tendencia menxevique, mais tivo que retractarse e aceptar a ideoloxía oficial do réxime soviético. Escribiu Hegel i dialekticeskij materializm (Hegel e o materialismo dialéctico, 1929), Dialektika i jestestvoznanije (Dialéctica e ciencias naturais, 1930), Filozofija i marksism (Filosofía e marxismo, 1930) e Filosofija i politika (Filosofía e política, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor moi versátil, como poeta pertenceu ao grupo dos “novísimos” (Los espías del realista, 1990). Relacionouse co cine como crítico, guionista e realizador (Sagitario, 2001), e foi tamén crítico da arte e tradutor de obras de Shakespeare (El mercader de Venecia, 1992). No campo da dramaturxia escribiu Los abrazos del pulpo (1985) e Seis armas cortas (1998). En 1970 publicou a súa primeira novela, Museo provincial de los horrores, á que seguiron Busto (1973, Premio Barral), La comunión de los atletas (1979), Los padres viudos (1984, Premio Azorín), La quincena soviética (1988, Premio Herralde), La mujer sin cabeza (1997) e El vampiro de la calle Méjico (2002, Premio García Ramos).
VER O DETALLE DO TERMO