"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
requichar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: arranque.
-
PERSOEIRO
Economista e comerciante vasco. Un dos defensores máis consecuentes da necesidade de industrialización das terras hispánicas. Propugnaba unha política de “pan barato”, mediante a importación de cereais, ao tempo que favorecía o comercio e a industria, dándolles unha protección axeitada fronte aos produtos estranxeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro período da escola polifónica occidental (ss XII e XIII). Na Antigüidade xa se empregaba unha notación mensural, case exclusivamente a base de fórmulas ternarias. A necesidade de atribuír a cada nota un valor definido foi a orixe da música mensural. O conxunto de melodías conservadas actualmente co nome de canto gregoriano foi homófono ata finais do s IX, cando adoptou un tipo de diafonía denominada organum; non foi ata o s XI cando xurdiu o principio da verdadeira polifonía. O condutus, ao liberar a polifonía do repertorio litúrxico, permitiu a súa expansión. O motete xa obedece estritamente aos modos ternarios. As obras polifónicas da ars antiqua son xeralmente anónimas. Os teóricos principais deste período son Xoán de Garlandia e Francón de Colonia.
-
PERSOEIRO
Médico e físico francés. Fixo os seus primeiros experimentos sobre a calor animal e os efectos da electricidade nos tecidos vivos no laboratorio de Claude Bernard (1874). Ideou o galvanómetro de reflexión de bobina móbil que leva o seu nome. Dedicouse á electrofisioloxía e foi un precursor da electroterapia. Inventou a arsonvalización, tratamento clínico consistente en someter a zona enferma aos efectos dun campo electromagnético alterno de alta tensión e frecuencia, pero de pouca intensidade, para aumentar a calor do organismo e estimular o metabolismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de branquia que presentan algúns crustáceos enxertada na membrana articular que une a base dun parapodio co corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque nacional do N de Tanzania, situado entre o cráter Ngorongoro e o monte Meru (4.567 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lique produto da asociación simbiótica dun fungo da subdivisión ascomicotina e unha alga.
-
PERSOEIRO
Agrónomo e botánico. Foi catedrático de Agricultura en Burgos, director da Escuela Central de Agricultura dende 1856 e xardineiro maior do xardín botánico de Madrid. Foi membro da Real Academia de Ciencias de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode alcanzar, obter ou conseguir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Claude François Bidal d’Asfeld .
-
CIDADES
Cidade de Israel, na costa mediterránea (56.300 h [1988]). Foi fundada en 1949, sobre as ruínas da antiga Axquelón. É a terminal do oleoduto que leva o petróleo do Negev e do oleoduto que a comunica con Elat.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización socio-laboral fundada en abril de 1932 en Vigo. Estaba conformada por maquinistas e patróns de pesca da cidade e non se establecía a afiliación de mariñeiros. A fins de 1932 ingresou na UGT baixo a denominación de Sociedad de Patrones, Habilitados y Fogoneros, sendo unha das poucas organizacións de traballadores do mar afiliada ao socialismo, xa que a CNT exercía, por eses anos, un total dominio sobre o sector mariñeiro galego.
-
-
Relativo ou pertencente aos asquenasitas.
-
Individuo das familias xudías alemanas que dende o s XII se dispersaron cara a Europa do sur e do leste. No ss XV e XVI estendéronse aos países eslavos e bálticos e no s XIX aos EE UU. Os asquenasitas constitúen a meirande parte do pobo xudeu, aínda que foron as principais víctimas das matanzas nazis. Falan un dialecto alemán con elementos hebreos e eslavos, o jiddisch. O alcume de asquenasita (derivado de Aškĕnaz, epónimo dunha tribo descendente de Xafet incluída na “mesa dos pobos” da Xénese) utilízase desde a Idade Media.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Serrano Muro.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, posuidor dun estilo refinado, elegante, frío e académico, cun humanismo tipicamente burgués. É un dos representantes característicos do cinema inglés. Dirixiu filmes con moito éxito como The runaway princess (1929), Tell England (1930), Pygmalion (1938), película coa que foi coñecido, The way of stars (O camiño das estrelas, 1945), que o afirmou como un gran director e The browning version (1951), froito dunha colaboración co autor dramático Terence Rattigan e ópera prima deste realizador inglés. Traballou con grandes actores como Sofía Loren en The millionaire (1961) ou Elizabeth Taylor, Orson Welles e Louis Jourdan en The VIP´s (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico, primeiro conde de Oxford e Asquith (1925). Avogado educado nas Universidades de Londres e Oxford, entrou en política da man do Partido Liberal. Foi membro do Parlamento (1886-1918; 1920-1924), ministro do Interior (1892-95) nos gabinetes de Gladstone e Rosebery, e Primeiro Ministro (1908-1916). Obtivo o acta parlamentaria de 1911 e defendeu o Home Rule Bill de 1914. En 1915 formou un gobernou de coalición pero tivo que demitir ao ano seguinte. Foi substituído por Loyd George, feito que provocou a división do partido liberal, que Asquith conseguiu reunificar e encabezar entre 1923-1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación da radioastronomía e da espectroscopia ao estudo da abundancia dos elementos químicos no espazo interestelar. O 99% da materia interestelar atópase en forma de gas de baixa densidade, e o resto é po interestelar. O gas componse de amoníaco, auga, formaldehido, hidróxeno, ácido cianhídrico, metanol, etanol, sulfuro de hidróxeno, dióxido de xofre, ácido fórmico e outros. O po interestelar ten unha composición pouco coñecida, pero crese que podería conter silicatos, carbono amorfo, hidrocarburos aromáticos policíclicos, óxidos metálicos e outros compostos. As condicións do espazo interestelar fan que a actividade química que alí se produce sexa moi peculiar. Dunha banda, a temperatura é moi baixa e non pode haber reaccións que requiran aportación de enerxía, pero o longo tempo de reacción, a radiación cósmica e a presenza do po interestelar permiten a formación de moléculas bastante complexas.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo latino. Foi un dos principais autores de teatro cómico, pero das súas obras só se conservan algúns títulos e fragmentos illados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por real despacho do 27 de febreiro de 1693 co vizcondado de Cela a Xosé Pardo de Figueroa e Soutomaior, cabaleiro de Santiago, membro dos consellos de Castela e de guerra de Carlos II, asistente da cidade de Sevilla e mestre de campo e Presidente da Real Audiencia de Contratación de Indias. Este primeiro marqués da Atalaya, natural de Betanzos, morreu en Sevilla deixando como única herdeira a súa muller, María de Lezama, agás os bens raíces herdados de seus pais, que pasaron aos morgados da casa dos Pardo e dos Figueroa, aos que tamén se engadiron os oficios de rexedores das cidades da Coruña e Lugo. O título foi herdado polo irmán do primeiro marqués, Baltasar Pardo de Figueroa e, de seguido, foi cancelado polo vizcondado de Cela. Leva as armas dos Pardo de Figueroa: escudo partido onde a primeira partición leva en campo de prata unha aguia voante de sable e, na segunda, cinco follas de figueira de prata postas en aspa, sobre campo de ouro.