"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Historiador da arte. É catedrático de Arte Antiga e Medieval na Universidad Autónoma de Madrid, director do Corpus de Arquitectura Monástica Medieval Española, codirector dos Cuadernos de Arte Español e da Introdución al Arte Español e membro da xunta directiva do Comité Español de Historia del Arte. Colabora en diversas revistas e publicacións científicas. Publicou entre outros: A arquitectura románica en Pontevedra (1979), Galicia románica (1987), El arte de la alta edad media (1988), Alta Edad Media. De la tradición hispanovisigoda al románico (1989), Monasterios medievales (1989), El arte mozárabe (1991), El románico en España (1994), El camino de Santiago, camino de las estrellas (1994), Arte bizantino y arte del Islam (1996), El arte románico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verea baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Centroafricana, á beira dereita do río Ubangi (553.000 h [estim 1995]). Situada na prefectura de Ombella-M’Poko, constitúe unha comuna (municipio) autónoma (67 km2 de superficie) allea á administración desta provincia e á xurisdición do seu prefecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Zambia, a 1.147 m de altitude. A súa superficie, que varía en función das chuvias, é duns 7.700 km2 sumándolle os pantanos da parte oriental. O río Luapula é o seu emisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āafaa de Al-Qalyūbīyah, no Baixo Exipto, situada ao NO do Cairo (136.000 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da rexión sudanesa, en Malí, afluente do Níxer pola dereita. Formado pola unión dos ríos Baoulé e Bagoé, desemboca no Níxer, en Mopti, logo dun percorrido de 370 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benī-Suēf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Cadea montañosa do Magreb, ao S de Marrocos; forma os contrafortes dos Pequenos Atlas, con altitudes que chegan a 1.500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se baña no mar, nun río, nun establecemento de baños, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caneta situada no extremo do fuso en forma de espiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bosnia-Herzegovina, á beira do río Vrbas (143.079 h [1991]). Antiga fortaleza romana, foi capital de Bosnia durante o s XV e dende a metade do s XVI ata 1639 foi a residencia do paxá de Bosnia. A fins do s XVIII converteuse nun núcleo de resistencia contra o dominio turco. Conserva a Mesquita de Ferhad bāšā (‘paxá’) do s XVI. Trala constitución de Iugoslavia, Banja Luka integrouse na República de Bosnia-Herzegovina. En outubro 1991, logo de que se decidise en referendo a soberanía de Bosnia e a súa segregación de Iugoslavia, os serbios autoproclamaron tres repúblicas serbias noutros tantos territorios bosníacos, entre eles Banja Luka. Polos acordos de paz de Dayton (decembro de 1995), que crearon a República Serbia de Bosnia, confederada coa Federación Croata-Musulmana, Banja Luka foi declarada capital da primeira destas entidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento da familia dos laúdes, sen cordal; pode ter 4, 5, 6 ou 9 cordas, e ten o mango longo, coma a guitarra; consta dunha caixa circular cuberta con pel, coma o tambor. Faise soar cos dedos ou por medio dun plectro. A súa orixe é afroamericana, foi moi usado polos primeiros conxuntos de jazz de Nova Orleáns. Este termo de orixe inglesa procede da forma bandore e esta probablemente do español bandurria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Gambia, na entrada do esteiro do río Gambia (42.326 h [1993]). Foi fundada polos británicos no ano 1816 como base para a supresión do comercio de escravos, co nome de Bathurst en honor do conde Henry Bathurst, secretario de asuntos coloniais do goberno británico. Formou parte da colonia británica de Serra Leona ata que en 1886 pasou a ser a capital da colonia de Gambia. Continuou como capital trala independencia (1965) e en 1973 adoptou o nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco de Pagamentos Internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada no ano 1979. Ten a súa orixe na Soler, Torra y Compañía. Casa de banca, que no 1965 pasou a denominarse Banco Comercial para América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo financeiro e banco central do Reino Unido. Foi fundado no 1694, coa finalidade de financiar a guerra contra Francia (1689-1697). Durante os ss XVIII e XIX actuou como un banco privado, xa que se encargaba da circulación e emisión dos valores do goberno; a partir do 1751, ocupouse da administración da débeda pública. Como banco central británico, realiza as funcións de banqueiro do goberno, dos bancos e das discount houses, institucións do mercado monetario. Xestiona a emisión das letras do tesouro e intervén para manter a orde no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria canadense constituída no ano 1817 en Montreal. A comezos do s XX iniciou o seu proceso expansivo absorbendo o Exchange Bank of Yarmouth (1903), o People’s Bank of Halifax (1905), o Ontario Bank (1906), o People’s Bank of New Brunswick (1922) e o Molsons Bank (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en 1996 pola fusión do Banco de Toquio (creado en 1980) e do Banco Mitsubishi (fundado en 1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro e de cine. Foi unha das actrices máis destacadas de Broadway, que soubo aproveitar Hitchcock no seu filme Lifeboat (Náufragos, 1943), un traballo polo que gañou un Oscar. Encarnou figuras difíciles e ambiguas. Destacan as películas The Cheat (O fraude, 1931), Tarnnished Lady (Muller sen honra, 1931), Main street to Broadway (Rúa principal cara a Broadway, 1953) e The Daydreamer (O soñador aventureiro, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO