"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Relativo ou pertencente á epístola.
-
Modalidade literaria baseada na correspondencia entre escritores ou artistas en xeral, ou ben en producións literarias escritas en forma de epístola pero que non forman parte dunha correspondencia escrita. Neste sentido interesa a novela epistolar, moi difundida durante o s XVIII.
-
-
-
Colección de cartas que, aínda que privadas, teñen un interese xeral debido ao seu contido. Destacan os de Pietro Giordani, Leopardi, Schiller (con Goethe, W. von Humboldt e T. Körner), Madame de Sévigné e Miguel de Unamuno.
-
Colección de cartas dunha mesma época reunidas para ser publicadas.
-
Libro que contén as epístolas que se len na misa.
-
-
-
Sacerdote ou clérigo que se encarga de ler a Epístola na misa.
-
Libro que contén as epístolas que se len na misa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de escribir epístolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cultiva a epistolografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza pequena situada na parte anterior da cabeza dos insectos, que abraza o labio por diante.
-
-
Aplícase ao adxectivo cando non funciona como un especificador respecto do substantivo que completa nin achega, ao contexto onde aparece, ningún contido significativo esencial. O adxectivo cualificativo clara, en Bebeu auga clara daquel río, é unha forma de epíteto, porque non funciona como especificador respecto do substantivo auga, o que, sen embargo, está especificado polo sintagma preposicional daquel río. A mesma unidade cualificativa, nunha expresión como A auga clara deixa ver a terra do fondo; a auga turbia non, ten unha función especificativa e, polo tanto, non é epíteto respecto de auga. OBS: Tamén se denomina explicativo.
-
-
Cualificación eloxiosa ou inxuriosa que se lle dá a alguén.
-
Insulto que se lle di a alguén.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao anélido poliqueto que sufriu a epitoquia.
-
-
-
Compendio dunha obra extensa feito cunha finalidade didáctica. Na Antigüidade, os epítomes tiveron unha ampla difusión; tal foi o caso, por exemplo, dos de Tito Livio en Ab urbe condita.
-
Obra en que se dan as nocións máis elementais sobre unha materia.
-
-
Figura que consiste en repetir, despois de moitas palabras, as primeiras para acadar unha maior claridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos mariños de cuncha alongada e fráxil, representado nas costas da Península Ibérica polas especies E. algerianum, E. celesti, E. clathratulum, E. commune, E. delicatulum, E. hispidulum, E. pulchellum, E. semidisjunctum, E. turtonis e E. vittatum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dunha molécula antixénica que, debido á súa estutura, se fixa polo lugar de unión complementario dun anticorpo e que determina a especificidade da unión antíxeno-anticorpo. Unha macromolécula pode conter moi diferentes epítopes, cada un deles capaz de estimular a produción dun anticorpo específico. Tamén se coñece como determinante antixénico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodución sincronizada, propia dos anélidos poliquetos bentónicos, que se caracteriza pola aparición de individuos especializados (produto da división asexual, como na familia dos sílidos, ou mediante a transformación do individuo inmaduro, como nas familias dos nereidos e eunícidos), con capacidade para nadar grazas á transformación dos parápodos e para ascender ata a superficie onde liberan os gametos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé da poesía grega e latina que consta de tres sílabas longas e unha breve.
-
-
-
Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.
-
Acción e efecto de anular nun corpo, como unha roda ou unha hélice, ou nun mecanismo, como un motor ou unha máquina rotatoria, a resultante das forzas centrífugas (equilibramento estático) e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación (equilibramento dinámico) para evitar que se produzan vibracións.
-
-
-
Acción de equipar.
-
-
Conxunto de cousas necesarias para que algo funcione.
-
bens de equipamento
Conxunto de bens materiais, tales como plantas industriais, maquinaria, instalacións, servicios, etc, necesarios para o funcionamento dunha unidade de produción. Equivale ao concepto de capital fixo.
-
equipamento urbano
Espacio urbanizado, edificado ou non, destinado a usos públicos (educativos, sanitarios, culturais, recreativos, de abastecemento e de transportes). Os equipamentos constitúen elementos fundamentais para a mellora da calidade de vida dos cidadáns, ao lles permitir o seu enriquecimento cultural, a mobilidade, o acceso ao ensino e á asistencia sanitaria, e ao incrementar as alternativas para o emprego do tempo de ocio. Normalmente, as áreas destinadas a estes usos localízanse na periferia das cidades, onde o prezo do solo é máis alcanzable e onde resulta posible acondicionar as infraestruturas precisas para un acceso ás instalacións masivo, cómodo e rápido. En moitas ocasións, a inauguración dun determinado tipo de equipamento provoca unha revalorización da área en que se localiza, que experimenta un incremento da cobertura de servicios privados en función da cantidade de usuarios e da frecuencia coa que se utiliza a instalación, e tamén do propio carácter do centro. O desenvolvemento destas...
-
-
-
PERSOEIRO
Médico grego. Pertenceu á escola de Alexandría. Creou a anatomía comparada do home e do animal, apenas iniciada por Aritósteles, e fixo importantes descubrimentos sobre os nervios e o cerebro. Defendeu, contra o uso de drogas e sangrías, unha terapéutica dietética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, xeógrafo e matemático. Director da biblioteca de Alexandría, a parte principal da súa obra son os escritos sobre astronomía, matemáticas e xeografía. Mediu a circunferencia terrestre e a oblicuidade da eclíptica. Estudiou o problema da duplicación do cubo e inventou un sistema para obter, dados dous segmentos, a súa media proporcional. Ideou a chamada creba de Eratóstenes, método para construír táboas de números primos. Estableceu os fundamentos da xeografía matemática na súa Geographica e recompilou un catálogo de 675 estrelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Punto situado enriba da clavícula e por fóra do músculo esternocleidomastoideo.