"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está en posición vertical.
-
Que está en erección.
-
-
-
Que ou quen erixe.
-
Que produce erección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar no que reside un eremita ou no que hai unha ou máis ermidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de vesículas que están en disposición irregular, a miúdo anastomosadas entre elas, que presentan na superficie externa das paredes un gran número de ribosomas. As súas membranas encárganse de deixar pasar e conducir as proteínas que forman os ribosomas. Coñécese tamén co nome de retículo endoplasmático rugoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura a partes iguais de ergocornina, ergocristina e ergocriptina. Preparárona Barger e Cargo en 1907. Emprégase como oxitócico en obstetricia.
-
-
de erguer ou erguerse.
-
Aplícase ao animal que se ergue sobre as patas traseiras, practicamente disposto en vertical, e coas dianteiras á altura da cabeza.
-
-
GALICIA
Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago (1987-1991) e na Universidade da Coruña, da que foi catedrático (1992-1999) e decano (1993-1999); e profesor na Escola de Traballo Social de Galicia (1976-1994). Doutorouse coa tese La coordinación de la política monetaria española ante la integración (económica) de la Europa Occidental. Levou a cabo outras actividades académicas como coordinador da UNED no Centro Asociado de Pontevedra, director do curso de posgrao de Dirección e Xestión de Cooperativas e Pequenas e Medianas Empresas na Universidade da Coruña, presidente do Comité Científico da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa da Coruña e coordinador científico do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. Pertenceu á Asociación para a Integración en Europa, ao consello asesor da revista do Consello Galego de Economistas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Diplomouse en dirección polo Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas. Inicialmente, foi crítico de cine antes de debutar, en 1969, cun capítulo da serie Los desafíos, que producía Elías Querejeta. A súa carreira como director comezou co filme El espíritu de la colmena (1973), ao que lle seguiron outros títulos como El sur (1983) ou El sol del membrillo (1992, Premio Especial do Xurado de Cannes).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á erisipela.
-
Que ou quen padece erisipela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao eritema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula proxenitora dos eritrocitos, localizada nos órganos hematopoéticos, que contén cromatina e un núcleo, que nos mamíferos desaparece posteriormente. Os eritroblastos proceden dos proeritroblastos e, nun principio, non teñen cor, senón que esta aparece ao longo do seu desenvolvemento cando se enchen de hemoglobina. Normalmente están na medula ósea, e a súa presenza no sangue circulante é rara e indica hiperprodución medular ou a existencia de focos hematopoéticos extramedulares.
-
-
Formación excesiva de eritroblastos, fenómeno que se observa en distintos estados patolóxicos.
-
Presencia de eritroblastos no sangue.
-
Enfermidade hemolítica e conxénita que afecta aos bebés, tanto na súa etapa intrauterina como de neonato, caracterizada pola aglutinación e fagocitose das súas hemacias por parte do sistema inmunitario da nai. Prodúcese por unha incompatibilidade entre os eritrocitos maternos e os fetais. Os maternos non teñen o factor antixénico Rh, a nai é Rh(-), mentres que os fetais o teñen por herdanza paterna, o feto é Rh(+). Cando a nai entra en contacto co sangue do feto, sintetiza anticorpos contra o factor Rh fetal e provoca a lise dos eritrocitos fetais; este contacto prodúcese fundamentalmente no momento do parto e o risco aumenta en casos de abortos ou cesáreas. Desta maneira a nai queda sensibilizada, posúe anticorpos fronte ao factor Rh, co que, se queda embarazada unha nova vez e o fillo é Rh(+) prodúcese a lise dos eritrocitos. Esta incompatibilidade prevense administrándolle á nai immunoglobulina anti-Rh co que se evita a enfermidade do feto. O proceso tamén se coñece como anemia hemolítica...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula sanguínea de cor vermella que contén hemoglobina, pigmento responsable da súa coloración. Os eritrocitos dos mamíferos son células que presentan forma de disco bicóncavo, duns 7,5 μm de diámetro, desprovistos de núcleo celular e de orgánulos que non se reproducen, mentres que os dos outros vertebrados teñen forma oval e presentan núcleo. Fórmanse na medula vermella, mediante o proceso de eritropoese, e despois destrúense no fígado e no bazo. A vida media é duns 120 días e a cifra normal aproximada é duns 5,4 millóns por mm3 no home e duns 4,8 millóns por mm3 na muller, co que son as células máis numerosas do sangue. A súa principal función é actuar, grazas á presenza de hemoglobina, como vector de O2 e CO2, fundamental para a respiración tisular. Regulan, en parte, o equilibrio ácido-base e son a orixe da bilirrubina. OBS: Tamén se denomina glóbulo vermello ou hemacia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento anormal do número de glóbulos vermellos do sangue circulante que pode observarse en diversas enfermidades. OBS: Tamén se denomina policitemia ou poliglobulia.
-
PERSOEIRO
Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos en 1594.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica. Presenta as variantes Ernestino/ Ernestina. Entre as variantes xermánicas primitivas que se recollen, cómpre destacar Ernist, Arnost, Ernest (latinizado en Ernestus) ou Ernust, a forma máis antiga (s VIII), que se identifica co substantivo común antigo altoalemán ernust ‘batalla, combate’. Santo Ernesto, abade do mosteiro de Zwiefalten (Württemburg), celébrase o 7 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Otto Ernst Schimdt.