"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia muladí orixinaria da rexión navarra do Ebro. Descende do conde visigodo Cassius, que renegou do Cristianismo co gallo de conservar as súas propiedades ante a irrupción de Mūsà ibn Nu ṣ ayr na Península Ibérica. Unhas veces aliada dos emires de Córdoba e outras en revolta contra eles, conseguiu formar un reino propio (ss VIII-X) coa alianza frecuente dos reinos veciños. Un dos seus membros, Mūsà ibn Fortun chegou a gobernar sobre un territorio que abranguía Tudela, Huesca e Zaragoza. Enfrontado co veciño Reino Ástur, foi derrotado por Ordoño I (859) na fortaleza de Albelda (Logroño), orixe da lendaria Batalla de Clavijo, e o seu poder foi minguando ata a súa morte (862). Os derradeiros anos do s IX foron de loita continuada. Así, a comezos do s X, tralas repetidas batallas cos reis navarros, o territorio dos Banū Qasī quedou reducido a Tudela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia granadina que interveu repetidamente nas liortas internas do Reino Nazarita de Granada (s XV). Unha lenda atribúelle a Boabdil o asasinato de 36 membros desta familia na chamada sala de los Abencerrajes da Alhambra granadina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia árabe coñecida en Occidente por omeia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia musulmá da rama caisita asentada na cidade de València nos primeiros momentos da invasión musulmá da Península Ibérica. A finais do s XI colaborou xunto cos almorábides para impedir a conquista da cidade por parte do Cid Campeador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribo bérber da rama sanhaja. Os seus membros contribuíron a salvar o Imperio Fatimita da revolta de Abū Yazīd no 944 e foron recompensados (973) co goberno do Magreb oriental, que mantiveron ata o 1050. Unha rama da familia dos ziris pasaron no s X ao Al-Andalus e deuse a coñecer loitando contra Almanzor (al-Man ṣ ūr). Máis tarde Zawī ibn Zīrī (1012-1019) ocupou Granada e estableceu unha Taifa independente.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Deuse a coñecer como poeta coas escolmas Les Cariatides (As Cariátides, 1842) e Les stalactites (As estalactitas, 1846), que foron ben recibidas, pero o verdadeiro éxito veulle con Odes funambulesques (Odas funambulescas, 1857) e Exilés (Exiliados, 1867), de construción virtuosa e gratuíta, que máis tarde influiría nos simbolistas e que o levaron a ser considerado como un dos mestres do Parnasianismo. Publicou tamén libros de narracións como Madame Robert (Señora Robert, 1887). Os seus artigos de crítica literaria foron editados postumamanete no volume Critiques (Críticas, 1917)
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Alga da orde das banxiais.
-
Orde de algas da subclase das banxiofícidas de talo xeralmente heterotrófico e con reprodución sexual.
-
-
-
Alga da subclase das banxiofícidas.
-
Subclase de algas da clase das rodofíceas de aparello vexetativo sinxelo como láminas ou filamentos con medra non localizada, células non relacionadas por sinapse, reprodución asexual por esporulación de células vexetativas ou sexual por aplanogametos.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant (Comunitat Valenciana), na comarca de Alcoi, situado na vertente oriental da serra de Mariola (7.056 h [1996]). Está drenado polo río Vinalopó, no que desaugan o Marjal e o rego de Pinarets. Cultívanse hortalizas, cereais, forraxe e froitas, sobre todo maceiras. O secaño, sen embargo, é o que predomina (90% dos cultivos), destacando as producións de cereais, froiteiras e oliveiras. A industria ocupa o 65% da poboación activa municipal, ao localizarse no seu termo moitas empresas favorecidas pola proximidade do núcleo alcoiano. Os principais subsectores industriais son o téxtil e o papel. A poboación experimentou un incremento dende as últimas décadas e ten un crecemento vexetativo positivo. No interior da vila consérvanse os restos do antigo castelo de Banyeres. Aos pés dese castelo atopábase a antiga igrexa parroquial, gótica, substituída no s XVIII pola nova igrexa de Santa Maria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona (Catalunya), situado na depresión ampurdanesa (14.395 h [1996]). A industria é o sector económico predominante. O téxtil tradicional, desenvolvido a partir do XIX, coexiste coa metalurxia e a industria alimentaria. O turismo é outra actividade importante e tradicional e está moi estreitamente ligado ao lago, no que a antiga función balnearia foi substituída pola práctica dos deportes acuáticos e de natureza. A historia de Banyoles está moi vencellada ao Mosteiro de Sant Esteve, establececido alí no 812, porque ao seu redor xurdiu unha aglomeración que experimentou unha época de esplendor (ss XIII-XIV) e que culminou en 1303 coa concesión da Carta Municipal. Nos séculos seguintes a cidade sumiuse nunha fonda decadencia ata o s XVIII, cando principiou unha nova etapa de desenvolvemento. Alén do Mosteiro románico de Sant Esteve (957), primeiro cenobio bieito de Catalunya, arquitectonicamente sobresae tamén a Igrexa gótica de Santa Maria dels Turers (1269-1333).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago que se atopa na provincia de Girona, situado á beira da cidade homónima. Abrangue unha superficie de 1.075.315 m2, estendéndose ao longo de 2.134 m. A súa máxima profundidade acada os 62 m. De orixe cárstica e tectónica, ao seu redor hai unha decena de lagos de menor dimensión, da mesma orixe morfolóxica. Desauga por medio de cinco canles situadas na súa parte sueste, que á súa vez forman o río Terri. O lago de Banyoles acolle unha gran riqueza piscícola (lucios, barbos, anguías, carpas, etc) e constitúe un punto ao que acoden numerosas especies de aves acuáticas. Ata o remate do s XVII, os abades do mosteiro de Banyoles exerceron o seu dominio sobre o lago, controlando o aproveitamento das súas augas para o rego e a pesca. En 1847 integrouse no municipio de Banyoles, converténdose en dominio público. É un centro de ocio no que se practica a pesca deportiva e outras especialidades náuticas, coma o remo, a navegación a vela, o esquí acuático ou a natación. Neste eido cómpre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fósil pertencente a un espécime preneandertalense atopado preto do Estany de Banyoles. Recolleuno Pere Alsius no 1887 entre os travertinos calcarios da Formiga, formados polos depósitos sedimentarios do antigo lago, moito máis grande ca o actual, cunha antigüidade próxima aos 90.000 anos. Existen varias controversias sobre o desgaste do esmalte dos dentes; sen embargo, a opinión máis común é a que atribúe ese feito a unha práctica de puído das peles polo que se sostén que pertencía a unha muller adulta. Consérvase na Colección Prehistórica Alsius de Banyoles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nyoro.
-
-
Relativo ou pertencente aos banyuns ou á súa lingua.
-
Individuo dun pobo de Guinea-Bissau e do Senegal, situado entre os ríos Casamance e Cacheu. Os banyuns dedícanse á agricultura (arroz, paínzo, millo, mandioca), á pesca e á cría do gando porcino. Posúen unha organización familiar patrilineal e falan unha lingua do grupo atlántico.
-
-
MONTES
Monte da parroquia de San Orente de Entíns, no concello de Outes, de 472 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Depósito natural ou artificial situado na canle dos muíños de fariña.
-
Enreixado ou armazón de madeira construído nun regueiro para impedir o paso das follas das árbores e os ourizos.
-
Represa construída nun río para a distribución da auga nos regos.
-
-
PERSOEIRO
Militar e político boliviano. Ministro de Educación e Cultura (1964-1966) no goberno de René Barrientos e director do Colexio Militar (1969-1971). En 1971 derrocou, nun golpe de estado, a Juan José Torres e accedeu á presidencia da República (1971-1978). Gobernou ditatorialmente co apoio do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR), da Falange Socialista e dos EE UU, Brasil e Chile. En 1978 foi derrocado por un golpe militar. Fundou o seu propio partido en 1979, e nas eleccións de 1985 e 1989 obtivo a maioría relativa pero non acadou a presidencia. Participou en coalicións de goberno co MNR de Víctor Paz Estenssoro (1985-1988) e co Movimiento de la Izquierda Revolucionaria (MIR) de Jaime Paz Zamora. Nas eleccións de 1997 foi elixido Presidente da República.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos banziris ou á súa lingua.
-
Individuo dun pobo do S da República Centroafricana, preto de Bangui. Os banziris son agricultores da sabana e pescadores, e falan unha lingua pertencente ao grupo adamaua-ubanguiano.
-
-
-
Paso dunha escaleira ou dunha escada. SIN: banceira, chanzo.
-
Cada un dos largueiros onde van colocados os chanzos dunha escada constituíndo a armazón principal da mesma.
-
Cada un dos largueiros que soporta a armazón dunha cama, dun bastidor, etc.
-
-
Cada unha das catro varas que saen das andas e serven para levalas aos ombreiros. Os banzos, especialmente os dianteiros, son sometidos a poxa nalgunhas parroquias galegas co fin de poder levar calquera santo milagreiro nunha procesión.
-
Cada un dos brazos polos que se suxeita a padiola.
-
-
Cada un dos listóns de madeira máis grosos que forman parte do bastidor no que se ha de bordar.
-
Peza grande onde se talla o peitoril dun pozo.
-
Listón ancho que serve de reforzo aos costados dunha embarcación.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo francés. Defensor do Clasicismo, foi sempre contrario ás novas tendencias que propugnaba o Romanticismo. A súa obra, pouco orixinal, consta de adaptacións doutros poemas, como Jérusalem délivrée (1812), de Torquato Tasso, e as Poésies (1801), de Ossian. Escribiu tamén traxedias e sátiras contra o Romanticismo, coma o diálogo en verso Le classique et le romantique (O clásico e o romántico, 1825).
VER O DETALLE DO TERMO