"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á cadea polimérica que está constituída por átomos de carbono asimétricos, na que estes teñen unha configuración relativa alterna respecto da cadea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de Rock creado en Vigo en 1981. Composto inicialmente por Alberto Torrado, Julián Hernández e Miguel Costas, en 1988 converteuse nun quinteto coa inclusión de Segundo Grandío e Ángel González. En 1982 sacaron o seu primeiro disco Ayudando a los enfermos, e a finais de ese ano o primeiro disco de longa duración Cuando se come aquí?. Compartiron escenario, compoñentes e proxectos musicais con Golpes Bajos e Os Resentidos, entre outros. En 1991 crearon Loquilandia, unha produtora para xestionar os produtos do grupo. Da súa discografía destacan Menos mal que nos queda Portugal (1984), Bailare sobre tu tumba (1985), Me gusta como andas (1988), Made in Japan (1993), Sesión vermú (1997), La historia del Blues (2000), Qienes somos? De dónde venimos? Adónde vamos? (2002) e Popular, democrático e científico (2005). Tamén incluíron algún tema na banda sonora de filmes como El día de la bestia...
-
PERSOEIRO
Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Décima carta de cada pau da baralla española, que leva estampada a figura dun paxe.
-
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Realizou un cruceiro de pedra para Santo Andrés de Castro, o campanario da igrexa de San Estevo de Reiriz (Samos) e o da igrexa de Santa María de Pena (Sarria).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ceramista grego. Autor de pezas áticas de figuras vermellas, deu forma figurativa aos seus vasos (esfinxe, pigmeo, crocodilo, astrágalo). Destacou especialmente un tipo de vaso feito por el, en forma de mama.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Representante da poesía licenciosa e mordaz, conserváronse das súas obras algúns fragmentos escritos en dialecto xónico e en versos sotadeo (tetrámetros xónicos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero dos mamíferos cetáceos, da familia dos delfínidos, que viven nos mares cálidos do S, especialmente nas desembocaduras dos ríos que adoitan remontar en grupos de dous ou tres individuos. OBS: Tamén se denominan golfiños fluviais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estimenta talar, abotoada de arriba a abaixo, que levan os clérigos. Normalmente negra, nalgúns dignatarios é vermella ou morada e a do papa é branca. Nas súas orixes (s XIII-XIV) era usada indistintamente por homes e mulleres baixo o manto. Sisto V prescribiuna para o clericato e Pío IX fíxoa obrigatoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lado dunha embarcación oposto ao barlovento.
-
ILLAS
Arquipélago situado na zona meridional das Pequenas Antillas, fronte á costa venezolana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, cunha inflorescencia espiciforme e espículas con dúas flores. En Galicia pódese atopar en prados e dunas costeiras a especie S. secundatum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (6.596 km2; 591.924 h [2000]). A súa capital é Sukhotai (20.308 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen posúe capacidades, polo xeral intelectuais, moi superiores á media.
-
PERSOEIRO
Caudillo dos síux de Dakota. Coñecido como Touro Sentado, en 1856 xa destacou como líder guerreiro e en 1866 chegou a xefe supremo dos síux do N. Derrotou (1876) as tropas do xeneral G. Custer na Batalla de Little Bighorn (25.6.1876). Refuxiado en Canadá (1877-1881) volveu a EE UU ao ser amnistiado. Nos anos seguintes formou parte do espectáculo de Buffalo Bill. Foi asasinado ao ser considerado unha ameaza, por practicar unhas danzas cuxo significado era o de expulsar ao home branco das terras indias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de taxia en que un animal capta unha fonte de estimulación cun dos órganos dos sentidos e se dirixe cara a esta fonte, de maneira que unha certa rexión do aparato receptor está sempre activada por este estímulo concreto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
termotaxe.
-
-
Movemento dun organismo que se produce pola acción da calor ou do frío.
-
Regulación normal da temperatura orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de barro de carácter artístico. Exclúense desta acepción as pezas de uso doméstico, as pezas de construción e o barro antigo, que se denomina globalmente cerámica. A olaría artística foi aplicada á arquitectura polos asirios e babilonios. Os gregos, romanos e etruscos utilizárona na decoración arquitectónica e na escultura exenta, en figuras e na produción de sarcófagos. Na arquitectura islámica foi utilizada como revestimento e, como complemento arquitectónico, foi tamén común no s V en Lombardia (Ospedale, Maggiore, Milán), e en Alemaña no s XVI. Durante o Renacemento foi excepcionalmente utilizada en escultura (Donatello, os Pollaiolo, os Della Robbia e Niccoló dell’Acra), e a partir do s XVI e no XVIII tivo unha enorme difusión.