"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de danza fundada na Coruña en 1949 por X. M. Rey de Viana. Desde os seus comezos promoveu espectáculos baseados na cultura tradicional galega e coidou moito a estética nas súas actuacións. En 1971, o seu fundador e director cedeu a titularidade do ballet á Deputación Provincial da Coruña, que en 1991 traspasou a xestión do mesmo ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). X. M. Rey de Viana foi o director e coreógrafo da compañía desde a súa creación ata a súa morte en 1995, data en que se fixo cargo da compañía a súa muller, Victoria Canedo, ata ese momento subdirectora. En 1999 o ballet iniciou unha nova etapa caracterizada pola estrea anual dun grande espectáculo baseado na cultura tradicional galega, coa participación dun amplo equipo técnico (iluminación, escenografía e vestiario) do IGAEM, acompañado polo Grupo de Música Tradicional deste mesmo organismo. Realizou máis de cincuenta montaxes coreográficas, das que destacan Danzade, Ultreia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extensa zona fracturada que se estende en dirección xeral NL-SO por África Oriental e Asia Occidental. Trátase dunha serie de depresións tectónicas limitadas en toda a súa lonxitude por grupos de fallas máis ou menos paralelas. Comprende a rexión do lago Tiberíades, o val do Xordán, o Mar Morto, o golfo de ‘Aqaba, o sector do Mar Vermello, o altiplano etíope e a zona dos Grandes Lagos de África oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Kenya (173.868 km2; 6.987.036 h [1999]). A súa capital é Nakuru.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Barcelona (30.235 h [2001]). Posúe unha industria moi diversificada, onde destacan os sectores de transformacións metálicas, construción e materiais para construción, téxtil, confección e calzado, química, e papel e cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.748 h [2001]). A agricultura está en lixeira regresión e hai granxas de gando bovino e aves de curral. A partir de 1960 iniciouse un proceso de industrialización do que destacan as fábricas téxtiles, as de xoguetes e as alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Euxenista, nai de Carme Rodríguez Carballeira. De familia acomodada, coidou o seu sobriño X. Rodríguez Arriola, de quen fixo un neno prodixio na música. En 1907 decidiu fundar un falansterio como unha colonia de selección humana para a mellora da especie con individuos anteriormente seleccionados. Abandonou o proxecto para tentar ter un fillo despois de elixir o home apropiado que cumprise cos requisitos necesarios. Co nacemento da súa filla comezou unha férrea educación racionalista para convertela nun ser excepcional que redimiría o mundo. Despois de conseguir convertela nunha nena prodixio e, debido ás súas discrepancias, asasinouna mentres durmía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e feminista, filla de Aurora Rodríguez Carballeira. Coñecida como Hildegard (‘Xardín de sabedoría’) pola súa nai, quen a educou baixo unha estrita disciplina e a converteu nunha nena prodixio, foi vicepresidenta das Juventudes Socialistas madrileñas e vogal do comité nacional (1932). De tendencia republicana, ingresou no Partido Republicano Federal (1932) e foi secretaria da Liga para la Reforma Sexual. Defendeu a igualdade de mulleres e homes en La rebeldía sexual de la juventud (1931), Malthusismo y Neomalthusismo e El control de la natalidad (1932) e loitou polos dereitos da muller, a súa liberación sexual e reprodutiva e a transformación social, loita que reflectiu en Tres amores históricos (1929) e Historia del movimiento sexual en España (1932). Publicou tamén Se equivocó Marx? (1932). Debido ás súas discrepancias, foi asasinada pola súa nai mentres durmía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi arquitecto dos Servicios Provinciais da Coruña de Urbanismo (1981). Das súas obras, caracterizadas pola simplificación e a orde, destacan os edificios para a sede da Cruz Vermella na Coruña (1979-1981), o centro de saúde de Culleredo (1994-1997) e o edificio para a redacción de La Voz de Galicia, en Arteixo. Recibiu o primeiro premio no Concurso de Ideas Vivendas para Marxinados (1987) da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio internacional de novela creado en 1964 polo presidente da República de Venezuela, Raúl Leoni, coa finalidade de perpetuar a obra do escritor Rómulo Gallegos (1884-1969) e fomentar o cultivo da literatura en castelán. Organizado polo CELARG (Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos), a primeira entrega tivo lugar en 1967. Está considerado como un dos máis destacados galardóns literarios en América e entre os seus gañadores figuran M. Vargas Llosa (1967), G. García Márquez (1972), Carlos Fuentes (1977), Javier Marías (1995) e Fernando Vallejo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa (28 h [2001]), situado á beira do Camiño Navarro de Peregrinación a Santiago. Álzase a 962 m de altitude, na vertente S do porto de Ibañeta, onde conflúe a tradición xacobea coa carolinxia. Durante o s VIII foi motivo de enfrontamentos entre os musulmáns e o reino cristián dos francos, dos que destacou a Batalla de Roncesvalles. Dista 762 km de Santiago de Compostela e está considerado como a porta do Camiño en España. Do seu patrimonio destaca a Colexiata (s XIII), o claustro (s XIV), as capelas de San Agustín, Santiago e do Espíritu Santo, a casa prioral, o hospital (s XIX), convertido en albergue, a casa dos Beneficiados e o Museo de Roncesvalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate lendario contextualizado en Roncesvalles en 778. Referiuse á derrota da retagarda do exército de Carlomagno, encabezada por un dos seus cabaleiros, Roldán, ao volver da súa fracasada expedición contra Zaragoza. Historicamente este exército foi obxecto dun ataque de sarracenos, conducidos por Matru ḥ e Aišũn, entre o Ebro e Pamplona co obxecto de liberar ao pai destes, Sulaymān ibn Yaq ṯ ãn al-Arabĩ, gobernador musulmán de Barcelona e Girona, cousa que conseguiron; despois os gascóns sorprenderon a retagarda do exército ao atravesar os Pireneos e desfixérona. Estes feitos serviron de punto central de cristalización do chamado ciclo do Rei da épica francesa, no que destacou a Chanson de Roland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Formouse en Madrid, onde dirixiu a banda do corpo de enxeñeiros (1897). Director da banda municipal de Donostia, compuxo cincuenta zarzuelas, das que destacan Los amarillos y El naranjal, piezas para piano e música instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Foi situado dentro dun novo clasicismo, pero polo seu estilo formalista foi relacionado tamén con artistas como J. Pollock e J. Johns. As súas obras incorporaron o humor nun encadeamento de imaxes compostas como unha colaxe de diversos elementos e fragmentos. Destacan Comedy (1995) e Tragedy (1995), e dirixiu o filme Search and Destroy (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina francesa. Considerada unha das mellores e máis innovadoras bailarinas do seu tempo, actuou na Opéra de París desde 1721 e posteriormente en Londres. Realizou tamén a coreografía de diversos ballets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.004 h [2001]). Os principais cultivos son o millo, a forraxe, as hortalizas e as oliveiras. A extracción de sales potásicas foi a actividade económica principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao SL de Jerez de la Frontera (4.268 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, cítricos e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N da capital e atravesado polo río Gállego (2.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Liberal, foi ministro de Estado (1822) e, ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi xefe de estado maior de F. Espoz y Mina. Foi ministro da Mariña e da Guerra (1837). Despois de La Vicalvarada foi xefe da Xunta de Salvación (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na catedral de Lugo, onde realizou a representación da gloria con anxos e serafíns para o altar maior, e desde 1812 en Santiago de Compostela. Realizou diversas obras para Santa María do Camiño e San Bieito do Campo e as imaxes dos catro evanxelistas para a capela do Hospital Real.

    VER O DETALLE DO TERMO