"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
-
Acción de narrar.
-
Xénero literario que inclúe a novela, o relato e o conto.
-
-
-
Relativo ou pertencente á narración.
-
Que contén narración.
-
Aplícase á produción literaria en que o autor se propón expoñer ordenadamente feitos históricos, reais, imaxinarios ou fantásticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome castelán de Nafarroa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado medieval situado no extremo occidental dos Pireneos. Habitado na Antigüidade polos vascóns, mantivo unha forte resistencia contra calquera intento de dominio estranxeiro, e frustrou os intentos de romanos, visigodos, carolinxios (s VIII) e sarracenos (s IX). A finais do s IX, a influencia asturleonesa estendeuse polo Reino de Pamplona, con Sancho I de Pamplona (905-925) e García III de Pamplona (925-970), que continuou coa súa política expansionista. No primeiro terzo do s XI, coa desintegración do califato, impuxo a súa hexemonía na Península Ibérica baixo a dirección de Sancho III de Navarra (1000-1035), que incorporou o condado de Castela en 1029 e unha parte do Reino de León: Zamora, Astorga e León entre 1032 e 1033. As súas disposicións testamentarias de 1035 sinalaron o fin da expansión navarra e o inicio da súa decadencia política. O núcleo central pasou ao seu primoxénito, García IV de Navarra (1035-1054), co que se iniciou a Casa de Navarra e tamén as disidencias con Castela,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario galego en que se encadran un conxunto de textos literarios de diferentes autores que se publicaron entre 1954 e 1980. Os creadores destas obras, influídos polas novas formas da narrativa europea, en especial por W. Faulkner, J. Joyce, F. Kafka, M. Proust, A. Robbe-Grillet, J. Romain e a Nouveau Roman francesa, compartiron un punto de vista similar, tanto no plano cultural como no intento de anovar a narrativa anterior dentro da diversidade creativa de cada un, e nun intento por superar a precariedade cultural en que se situaba Galicia e o resto do Estado español como consecuencia da consolidación da ditadura franquista. Segundo diversos estudos, os textos que se poden encadrar dentro desta escola son Nasce un árbore (1954) e Memorias de Tains (1956) de G. Rodríguez Mourullo; Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971) e Elipsis e...
-
PERSOEIRO
Debuxante. Foi discípulo de Carlos Maside e traballou en Cerámica Celta en Pontecesures, onde desenvolveu as súas aptitudes para o debuxo. Residiu posteriormente en Madrid, lugar en que estivo moi ligado á vida política do país. Despois marchou a Ourense, onde estudou maxisterio, e finalmente trasladouse a Francia e traballou como periodista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).
-
MONTES
Monte que forma o límite natural entre os concellos de Carballedo e San Cristovo de Cea. O seu cumio acada os 861 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘mendigo’.
-
-
Dispositivo que consiste nunha barra metálica, colocada nun punto elevado dunha construción e conectada á terra mediante un cable de pouca resistencia, destinada a atraer os raios e facilitarlles unha pasaxe directa á terra sen que danen a construción. O pararraios, ideado por Benjamin Franklin en 1752, debe ser instalado a unha altura suficiente, porque os raios tenden a caer sobre os corpos situados nunha posición máis elevada, e ten que estar conectado electricamente con todas as masas metálicas do edificio e estas coa terra, para conseguir que a construción protexida se aproxime a unha gaiola metálica (gaiola de Faraday). A conexión coa terra ten que ter a menor resistencia posible para asegurar unha boa disipación da descarga. Considérase que a zona protexida polo pararraios é un cono, cun eixe e un vértice que son os do pararraios, e o raio do círculo da base ten que ser igual á altura do pararraios para obter unha zona mínima con protección de primeira orde.
-
Aparato que protexe as liñas e instalacións eléctricas tanto das descargas atmosféricas como das sobretensións inducidas como consecuencia de curtocircuítos ou manobras. Xeralmente, emprégase un descargador de sobretensión.
-
-
-
Cepa coas videiras elevadas, que se estenden apoiadas en soportes.
-
-
Armazón feita de arame, paus ou outro material, que serve para soster unha cepa ou calquera planta rubideira.
-
Conxunto formado pola armazón e a planta.
-
-
Planta de ata 30 m, que posúe follas palmatisectas, con foliolos elípticos e serrados, flores pequenas dispostas en acios e de cor verdosa e con froito de tipo baga. É orixinaria de EE UU e cultívase como planta ornamental.
-
-
PERSOEIRO
Actor. Despois de debutar moi novo no teatro, destacou no cine polos seus papeis de galán, como nos filmes Donde vas, Alfonso XII? (1958), La verbena de la Paloma (1963) ou Varietés (1971). Tamén interpretou outros papeis nas películas Las largas vacaciones del 36 (1976), La guerra de papá (1977), La leyenda del tambor (1981), Suspiros de España (y Portugal) (1995) e Tranvía a la Malvarrosa (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta chileno. De tendencia vangardista, utilizou nas súas obras unha linguaxe simple e directa cargada de ironía. Co paso dos anos adoptou unha liña que el mesmo cualificou de “antipoesía”. Da súa produción destacan Cancionero sin nombre (1937), Poemas y antipoemas (1954), Obra gruesa (1969, Premio Nacional de Literatura de Chile) e Coplas de Navidad (1983) e Poemas para combatir la calvicie (1993). Doutor honoris causa polas universidades de Brown (EE UU), Concepción (Chile) e Bío-Bío (Chile), recibiu o Premio Internacional Juan Rulfo (1991) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano de orixe galega. Marchou como evanxelizador a América Latina e foi comisario do convento de Guatemala e visitador da provincia de Yucatán. Estudou as tres linguas da zona, cakchiquel, quiché e tzutuhil, e para poder escribilas creou cinco novos caracteres, que posteriormente foron adoptados por Domingo Vico e Francisco Morán nos seus traballos. Escribiu o manuscrito Vocabulario trilingüe guatemalteco de los tres principales idiomas: cakchiquel, quiché e tzutuhil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Violeta del Carmen Parra Sandoval
-
GALICIA
Escultor. Discípulo de F. Asorey, a súa produción abrangue desde cruceiros e escudos a bustos, relevos e monumentos. Destaca o cruceiro dedicado ao Rei Xoán Carlos I para o palacio de la Zarzuela (1972), o monumento das Palilleiras de Camariñas (1985) e o do Emigrante, en Sada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico mensual aparecido en Salvaterra de Miño a partir de maio de 1996. Dirixido por Óscar Estévez Castelo, tentou converterse no voceiro comarcal dos concellos que integran a comarca do Condado. Incluíu información sobre actividades deportivas e culturais, novas sobre ecoloxía, racismo, música e drogodependencias, algúns retallos de historia e pasatempos.
-
-
Falar de amor dous mozos.
-
Conversar de xeito informal sobre calquera tema de pouca transcendencia.
-