"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José María Carretero.
-
-
Cesto redondo de boca ancha e fondo estreito, de bastante altura e construído con vimbios trenzados. A súa forma deu orixe a un tipo de hórreo chamado cabazo.
-
Hórreo de planta circular e paredes oblicuas construído con varas grosas e finas entretecidas. O seu tamaño é menor ca o cabaceiro. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Fonsagrada. Relaciónanse con esta caste o apelido Cabás. As súas armas levan, en campo de goles, un cabaz.
-
-
Froito en pepónide da cabaceira, de forma e cor moi distinta segundo a variedade. Ten un alto contido en auga, é rica en potasio e vitaminas A, B e C, e constitúe un alimento pouco enerxético. Ten sabor doce e prepárase sobre todo reenchida, en purés, sopas e especialidades reposteiras como o cabelo de anxo. En Galicia adoitábase empregala en moitas zonas na preparación de caldos.
-
2 cabaceira.
-
asilla que se fai coa cabaza seca e baleirada para conter líquidos, especialmente a auga e o viño. A súa forma ten unha cintura na parte superior onde é máis estreita, para a partir de aí ir ancheando ata o fondo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar cheo de cabazas plantadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cabaza.
-
-
Construción con base nunha cámara circular de varas de castiñeiro ou salgueiro entretecidas, apoiada nuns pés de pedra ou de madeira, con tornarratos de lousas ou de granito e cuberta por un teito cónico de ramas de xesta ou centeo. Antano foi unha construción moi estendida por toda a xeografía galega, na actualidade só se emprega para gardar a colleita que non cabe noutros tipos de hórreo. A evolución desta planta deu lugar tamén á aparición do cabaceiro, de planta circular ou rectangular. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.
-
Medida empregada nos líquidos, especialmente no viño, equivalente a dezaseis litros.
-
Recipiente onde se leva ou garda a pedra de afiar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Silleda. Relaciónanse con esta caste os apelidos Cabaciño e Cabaceiro. As súas armas levan, en campo de azul, un cabazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘topeneo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serenidade manifesta dunha persoa que non sofre alteracións no seu carácter ou no seu comportamento ante calquera situación, á hora de falar ou cando debe actuar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porco macho destinado á procreación.
-
-
Pescozo groso, en particular a súa parte posterior.
-
Dureza que pode aparecer no pescozo da vaca ou do boi polo rozamento do xugo.
-
-
-
Que ou quen se comporta con lentitude ou tranquilidade excesiva ao falar ou ao actuar.
-
Que ou quen non se intranquiliza aínda con razóns para facelo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou en 1762 a carreira militar. Un ano máis tarde participou na invasión de Portugal e logrou o favor do conde de Aranda. Foi un exemplo literario da transición entre o neoclasicismo (Sancho García, 1771; Ocios de mi juventud, 1773) e o prerromanticismo (Noches lúgubres, 1790), e expresou a súa mentalidade europeizante na obra satírica Los eruditos a la violeta (1772). Amosouse tamén crítico en Cartas marruecas, a súa obra máis importante, publicada por entregas no Correo de Madrid entre o 14 de febreiro e o 25 de xullo de 1789, e cunha segunda edición en 1723, baseada en Les lettres persanes (As cartas persas) de Montesquieu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela no 1945 e tamén realizou estudios de peritaxe mercantil. No 1961 fundou, xunto co seu marido Antón Beiras, o colexio Rosalía de Castro de Vigo onde puxo en práctica as novas técnicas pedagóxicas recomendadas pola UNESCO, os métodos de Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea; ademais prestou especial atención á lingua e cultura galega. No 1967 comezou a súa relación coa asociación catalá de mestres Rosa Sensat, centrada na investigación pedagóxica. A partir de aquí, nos primeiros anos setenta, celebráronse en Vigo varios cursos pedagóxicos con profesorado catalán desa asociación. Por todo o seu labor docente recibiu unha homenaxe, promovida pola asociación Rosa Sensat, en Barcelona o 5 de xullo de 1999 e tamén, nese mesmo ano, foi homenaxeada pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu dúas obras inéditas: O...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar o 30 de xullo do ano 1000, preto de Calatañazor, na actual provincia de Soria, entre unha coalición de tropas navarras, leonesas e castelás dirixidas polo conde castelán Sancho García contra os musulmáns de Almanzor. Aínda que as tropas cristiás saíron derrotadas, a lenda converteu esta loita nunha desfeita musulmana.
-
-
Peza de roupa ou anaco de tea vello e gastado.
-
Persoa vestida con roupa usada e esgazada que presenta un aspecto desagradable.
-
-
-
Parte basal da nucela do rudimento seminal en contacto co funículo onde se ramifica o feixe condutor procedente deste para dirixirse aos tegumentos.
-
Parte interior dos ovos das aves formada por cada un dos dous filamentos retorcidos de materia albuminosa que unen a xema coas membranas adxacentes á cuncha, ao mesmo tempo que a manteñen suspendida.
-