"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao futbol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo portugués. Fundado no Porto o 28 de setembro de 1893, o seu uniforme consta de pantalón azul e camiseta de raias verticais azuis e brancas. O equipo de fútbol proclamouse campión da Copa de Europa na tempada 1986-1987, o que lle permitiu disputar a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental subseguintes, que tamén gañou. Obtivo ademais 18 títulos da liga portuguesa, 11 da Taça de Portugal, 4 campionatos nacionais e 12 supertaças de Portugal. O equipo de hóckey a patíns tamén foi campión de Europa, nas tempadas 1985-1986 e 1989-1990, ademais de vencedor da Recopa de Europa noutras dúas oportunidades (1981-1982 e 1982-1983) e da Supercopa de Europa na tempada 1986-1987. Mantén seccións de baloncesto, balonmán, halterofilia, karate, natación e ximnasia; historicamente tamén acolleu no seu seo disciplinas como atletismo, boxeo, ciclismo, tenis e water-polo. Dende 1995 o club emprendeu un proceso de expansión e diversificación das súas actividades que o levou a crear o Grupo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición musical vasca, escrita con ritmo de zortziko (5/8), con texto e música de José María Iparaguirre, coa posible colaboración de Juan José Altuna, que se estreou en Madrid en 1853. Moi popular en Euskadi, converteuse en himno vasco, e en 1931 asociouse ao himno da República.
-
PERSOEIRO
Nome italianizado do escultor flamengo Jean Bolougne. A súa obra, manierista, caracterízase por unha busca do movemento mediante formas voluptuosas, un alongamento do canon e un detallismo de ourive. Cultivou o tema mitolóxico, entre outras, na Fontana del Nettuno en Boloña (1563-1566), os retratos, entre os que destacan Cosimo I (1587-1595), e o tema relixioso nos relevos da capela Grimaldi (1579-1585).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos insectos con metamorfose parcial ou incompleta. Así, do ovo xorde unha larva, bastante semellante ao adulto e sen ás, que máis tarde dá lugar ao individuo adulto.
-
-
Relativo ou pertencente aos heterometábolos.
-
Artrópodo do grupo dos heterometábolos.
-
Grupo de artrópodos que se caracteriza por ter unha metamorfose incompleta. A larva, cando sae do ovo, ten xa un aspecto similar ao adulto e modifícase progresivamente sen cambios bruscos. OBS: ;Tamén se denominan exopterigotos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar xiíta libanesa, creada en 1982 a raíz dunha escisión do partido Amal con ocasión da invasión israelí do S do Líbano. De ideoloxía paneslamista, concentrou a súa estratexia na expulsión das forzas israelís do S do Líbano, a redución de Xerusalén a territorio exclusivamente árabe e o establecemento dunha república islámica.
-
-
Figura de dicción en que o que se expresa constitúe unha esaxeración poética evidente.
-
Curva aberta, intersección dun cono de revolución cun plano que forma co eixe daquel un ángulo máis pequeno que coa xeratriz. Constitúe o lugar xeométrico dos puntos do plano tales que a diferenza das súas distancias a dous puntos fixos, denominados focos, é unha constante.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á figura retórica da hipérbole.
-
Que inclúe unha hipérbole.
-
-
-
Relativo ou pertencente á hipérbole.
-
Que ten forma de hipérbole.
-
Relativo ou pertencente ás funcións hiperbólicas.
-
-
Aplícase ao sistema de radionavegación que determina a posición da nave, en función da diferenza de distancia a dous ou máis puntos fixos onde hai emisoras sincronizadas, que determinan unha rede de hipérboles que permite fixar a posición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para trazar hipérboles.
-
-
Relativo ou pertencente ao hiperboloide.
-
Que ten a forma dun hiperboloide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuádrica que, respecto aos seus tres eixes de simetría, ten por ecuación (x2/a2) + (y2/b2) - (z2/c2) = 91. Un hiperboloide denomínase de revolución cando se pode considerar xenerado pola rotación dunha hipérbole ao redor dun dos seus eixes de simetría.
-
-
Relativo ou pertencente aos holometábolos.
-
Insecto do grupo dos holometábolos.
-
Grupo de insectos que se caracteriza por presentar unha metamorfose completa, con tres estadios de desenvolvemento: eiruga, ninfa ou crisálida e imago ou adulto. Son holometábolos os dípteros, os lepidópteros ou os coleópteros. Tamén se denominan endopterigotos.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente mariña fría (entre 15 °C e 19 °C) do Océano Pacífico que circula paralela á costa occidental sudamericana ata achegarse ao ecuador, onde vira cara ao O para penetrar no Océano Pacífico. Leva en suspensión grandes cantidades de plancto e tamén de peixes, que á súa vez favorecen a existencia de inmensas colonias de aves mariñas que producen o guano que cobre as plataformas costeiras. Tamén é coñecida como corrente de Perú.
-
PERSOEIRO
Político e filólogo alemán. Os seus estudios sobre literatura e antropoloxía levárono a relacionarse con Goethe e con outros poetas de Weimar. Participou na fundación da Universidade de Berlín, da que foi o primeiro reitor (1809-1810). Tamén asistiu ao Congreso de Viena (1814-1815) e colaborou na redacción dos tratados que puxeron fin ás guerras napoleónicas e na elaboración de distintos proxectos de carácter liberal. Despois de retirarse da vida política, dedicouse á investigación lingüístico-filosófica e á pedagoxía. Foi autor de manuscritos posteriormente editados como o Gesammelte Schriften.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr probablemente galego, a xulgar pola súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Activo a mediados do s XIII no círculo do infante Afonso. Mantivo dúas tenzóns con Men Rodriguez Tenorio e Johan Soarez Coelho e participou no ciclo das Amas. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle 19 composicións: 14 cantigas de amigo (2 mariñas), 1 cantiga de amor e 2 escarnios (1 literario, a xeito de tenzón, e 1 de amigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romántico. Das súas obras destacan Laka (A pradeira, 1920) e Napoj cienisty (Embriagada de sombras, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político polaco. Foi un dos que introduciu o socialismo en Polonia. Membro do comité revolucionario de Vilnius (1861), foi arrestado e deportado a Arkhangel’sk. Amnistiado en 1868, presidiu en París o congreso fundador do partido socialista polaco (1892) e representouno no parlamento de Varsovia desde 1919. Das súas obras destaca Historia das institucións do pobo polaco (1887).
VER O DETALLE DO TERMO