"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • Planta herbácea perenne, de follas lineais que nacen despois das flores e flores solitarias dispostas no extremo do talo de cor púrpura, que florece entre agosto e outubro en toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra hidráulica máis importante do mundo situada sobre o río Iang-Tsé que abrangue desde Chongging ata Hubei, China. A construción do proxecto comezou en 1993, e supuxo un grande investimento para a obtención dunha capacidade combinada de 18,2 millones de kW. A presa das Tres Gargantas obrigou a máis de 1.130.000 persoas a abandonar as súas casas, o que se converte no reasentamento máis grande da historia producido pola construción dunha presa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico exipcio situado á beira occidental do Nilo, á altura de Luxor e a 1,5 km do Val dos Reis, ao SO. Comprende oitenta tumbas, do tipo hipoxeo, das dinastías XIX-XX, de raíñas na súa maioría. As máis importantes son as da Raíña Nefertiti e a de Thiti, esposa dun dos Ramsés da dinastía XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Láncara, Triacastela e Becerreá. O seu cumio acada os 1.104 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Vigo. Inaugurado en 2003 e dedicado a aqueles ámbitos que estivesen relacionados coa comunicación humana, o edificio foi proxectado por César Portela, con catro plantas unificadas por unha caixa de luz que as atravesa. O deseño expositivo organizouse en 29 cubos, con 81 módulos ou unidades informativas que desenvolveron as diferentes temáticas, que se agrupan en catro disciplinas xerais: linguaxe, ciencias, literatura e tecnoloxía. Ten un andar reservado á exposición permanente e outros espazos dedicados a mostras temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada das Achas (A Cañiza). Ten planta rectangular e, formando ángulo, atópase a capela. Conserva escudos coas armas dos Sarmiento e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en Los Campos de Antequera (4.165 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dando tombos polo chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e humorista. De nome Tomás Ares Pena, debutou en Madrid con comedias de Adolfo Torrado. Desde a década de 1940 participou nos filmes Polizón a bordo (1941), Un marido de ida y vuelta (1957), La gran familia (1962), Volvoreta (1976) ou Mi hija Hildegart (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Calvo Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xermánico Gild, que significa ‘imposto, tributo’ ou ben ‘valente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Fundou unha abadía na península de Rhuys (Bretaña). Escribiu De excisio et conquestu Britanniae, sobre a conquista de Gran Bretaña polos anglos e os saxóns. Iconograficamente representouse acompañado de dous cans. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khindasvinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Cadós ao seu paso pola parroquia homónima (Bande). Trátase dunha ponte de cantaría e cachotaría dos ss XVIII e XIX con dous arcos apuntados. Atópase no camiño de Nigueroá e Xordos a Lobeira e Baños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa traidora ou desleal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do hebreo Yehudah ‘león’, ou ben ‘louvanza (de Deus)’, a través do grego Ioúdas. Presenta as variantes Xuncras e Xúcaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo. Traiciounou a Xesús revelando ao sanedrín o lugar onde pasaría a noite antes de morrer, a cambio de trinta moedas de prata. Cun grupo armado, achegouse ata o Monte das Oliveiras onde oraba Xesús e deulle un bico, que era o sinal para identificalo e prendelo. Posteriormente arrepentiuse, arroxou as moedas ao templo e aforcouse. Con elas, os inimigos de Xesús mercaron un campo (Haceldama), que serviu de cemiterio dos estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo xudeu, fillo do sacerdote Matatías, do grupo dos asmoneos. Á morte do seu pai liderou a oposición contra Antíoco IV e os seus sucesores (167-161 a C). Morreu en combate pouco antes de pechar un pacto con Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO