"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exceso de carga.

      2. Exceso de carga sobre a carga nominal dunha máquina ou dunha instalación.

      3. Exceso de carga embarcada a bordo dun barco, que chega a facer somerxer a liña de máxima carga.

      4. Carga suplementaria que pode ter que soportar unha estrutura, un aparato ou unha máquina en circunstancias excepcionais e que ha de ser prevista ao calcular a resistencia dos elementos.

    1. Impresión tipográfica de carácter oficial que se fai sobre un selo para aumentar o seu valor, conmemorar un suceso ou modificar o seu uso.

    2. Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos de contribuínte.

    3. Corda coa que se ata a carga das cabalarías ou coa que se asegura cada feixe dunha carga.

    4. Esforzo ou exceso engadido a unha actividade.

    5. Mandatario, no comercio marítimo, que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaron o armador ou os propietarios da carga.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargar algo en exceso.

    2. Someter a alguén a un exceso de traballo ou a unha determinada actividade.

    3. Imprimir unha sobrecarga nun selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de xestión de televisión de pago creada en 1989 polo Grupo PRISA. Pioneira na introdución en España da televisión dixital, tivo a súa matriz en Canal Plus e Canal Satélite. En xuño de 1996 a sociedade pasou a denominarse Sogecable e, ao ano seguinte, lanzou a primeira plataforma de televisión vía satélite, Canal Satélite Digital (31 de xaneiro de 1997). Fusionada con outra plataforma dixital Vía Digital (2002), en xullo de 2003 comezaron as emisións da unión de ambas, Digital +. Grupo líder da televisión de pago en España (2002), xestiona produción, distribución e exhibición cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao N dos Montes de Toledo (10.018 h [2001]). Ten industria alimentaria e manufacturas de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (25.371 h [2001]). Toda a superficie cultivada está ocupada polo regadío, onde destaca a produción de arroz. Ten industrias derivadas da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de escribir a máquina e con taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica profesionalmente á taquimecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preito documentado en 1526 que constitúe a principal fonte de información sobre as Guerras Irmandiñas. Foi levado a cabo por iniciativa de Juan Pardo Tavera, arcebispo de Santiago de Compostela, para ponderar o dano feito nas revoltas dos irmandiños, inventariar as posesións da mitra compostelá e buscar responsabilidades sobre a desaparición dalgunhas delas ao seu antecesor, Alonso III de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore indíxena de Asia meridional e suroccidental, da que se obtén a madeira do mesmo nome, moi dura, inalterable e resistente, de cor amarela verdosa e de tacto untuoso, que se emprega como madeira naval, en ebanistaría e na construción de diversos utensilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estoxo onde se garda unha reliquia.

      1. Recubrimento de tecido conxuntivo fibroso que envolve certos órganos dos metazoos, como o folículo do ovario maduro, que está recuberto de dúas clases de tecas, a interna e a externa.

      2. Cuncha calcaria quitinosa e doutra clase, que sostén e envolve o corpo de moitos protozoos rizópodos.

      3. Relevo circular ou oval que forma parte do endoesqueleto calcario dun pólipo de madreporario.

    2. Cada unha das dúas metades da antera da flor.

    3. Cada unha das dúas pezas silíceas que forman a cuberta das células das diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teleférico con cabinas pechadas, que pode chegar a ter unha capacidade dunhas oitenta persoas. OBS: Tamén se denomina funicular aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teleférico que está formado por simples asentos, individuais ou dobres, con repousapés para os pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tepanecas.

    2. Individuo do pobo tepaneca.

    3. Pobo amerindio precolombino, do grupo nahua, que vivía preto do lago Texcoco (México).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mecánica da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tolteca.

    2. Individuo do pobo tolteca.

    3. Pobo amerindio precolombino pertencente probablemente ao grupo nahua, que desenvolveu unha das culturas posclásicas máis importantes de México entre os ss IX e XII. O seu carácter guerreiro reflectiuse na organización de castas e, sobre todo, na relixión. De feito, Texcatlipoca -deus guerreiro-, obrigaba a unha guerra constante para satisfacer a súa necesidade de vítimas, aínda que na capital, Tula, foi imposto temporalmente o culto ao pacífico Quetzalcóatl. Os seus devotos foron expulsados ao Yucatán, onde deron novo esplendor a Chichén Itzá. Derrotados (1168) polos chichimecas, refuxiáronse en Cholula e en Calhuacan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir algo, especialmente un ángulo, en tres partes iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO