tolteca

tolteca
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo tolteca.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo tolteca.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo amerindio precolombino pertencente probablemente ao grupo nahua, que desenvolveu unha das culturas posclásicas máis importantes de México entre os ss IX e XII. O seu carácter guerreiro reflectiuse na organización de castas e, sobre todo, na relixión. De feito, Texcatlipoca -deus guerreiro-, obrigaba a unha guerra constante para satisfacer a súa necesidade de vítimas, aínda que na capital, Tula, foi imposto temporalmente o culto ao pacífico Quetzalcóatl. Os seus devotos foron expulsados ao Yucatán, onde deron novo esplendor a Chichén Itzá. Derrotados (1168) polos chichimecas, refuxiáronse en Cholula e en Calhuacan.

Palabras veciñas

Tolox | Tolpis | Tolstoj, Lev Nikolajevič | tolteca | Toluca | tolueno | Tolui Tulūy