tolueno
tolueno
Nome científico:
[C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> CH<sub> 3</sub> ]
s
m
[QUÍM]
Hidrocarburo aromático que está presente nos aceites lixeiros do alcatrán de carbón. Obtense de fontes naturais e por reforming catalítico do petróleo. Emprégase na preparación de gasolinas de índice de octanos elevado, como produto de partida na preparación de benceno, fenol, trinitrotolueno e diversas materias intermedias na industria de colorantes, medicamentos e perfumes e tamén ten unha grande aplicación como disolvente, especialmente para pinturas e resinas.