"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
-
Relativo ou pertencente a Daguestán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Daguestán.
-
Grupo de linguas faladas en Daguestán. Pertencen ao grupo superior nororiental das linguas nakho-daguestanas (o kumyk e o azeri, aínda que se consideradan daguestanas por razóns de localización xeográfica, pertencen á familia das linguas turcas). Divídense en catro grupos: o avaro (que inclúe o avaro, o andi e o dido), o darguano, o lak e o lézguico (co lézguico, o tabasarano e o agul). Algunhas das súas características fundamentais son: sistema fonético complicado, cun elevado índice de consonantismo gutural, división dos nomes en clases, amplo índice flexivo e caso ergativo. Ata finais de 1928 utilizaron a escritura arábiga, que se substituíu pola latina e, en 1938, pola cirílica.
-
Literatura multilingüe cultivada polos pobos que forman o Daguestán que, malia estar integrada por diversas culturas, ten unhas características comúns. Ata a chegada dos árabes reducíase a lendas, cancións épicas e proverbios. Baixo a influencia árabe e persa estas manifestacións orais consolidáronse por escrito. Non obstante , ata finais do s XIX non se pode falar dunha literatura propiamente dita: a partir de aí apareceron os primeiros poetas e as primeiras composicións líricas nas que abundan os temas tradicionais. Trala Revolución Rusa, a literatura experimentou un rápido proceso de expansión, co desenvolvemento da prosa e do teatro. Os principais representantes desta época son S. Stal’skij, G. Cadas, R. Rašidov, A. Abakarov e Šakhmatov.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de obras e carpinteiro. Traballou na catedral de Tui nas obras do claustro (1415).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e lexicógrafo francés. Profesor na Université de la Sorbonne, escribiu La vie des mots étudiée dans leur signification (A vida das palabras estudada no seu significado, 1887) e Ditionnaire général de la langue française depuis le commencement du XVII siècle jusqu’à nos jours (Dicionario xeral da lingua francesa desde o comezo do s XVII ata os nosos días, 1890-1900), realizado en colaboración con Adolphe Hatzfeld. Tamén definiu a lei fonética denominada vocal contrafinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do N que separa a península de Cumberland e a illa de Baffin (Canadá) de Grenlandia e que une a baía de Baffin co N do Océano Atlántico. Está afectada pola corrente fría do Labrador, feito que provoca que se forme unha capa de xeo na súa superficie.
-
PERSOEIRO
Actor. Acadou un grande éxito en Broadway co drama The Petrified Forest (O bosque petrificado, 1933), e coa versión cinematográfica que tamén interpretou en 1936. Foi contratado pola Warner dende 1932 ata 1951. Converteuse nun novo tipo de “duro” e de gángster do cine americano, cunha personalidade rica e de dimensión tráxica, con filmes como High Sierra (Serra Alta, 1941); The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941); Casablanca (1942); The Big Sleep (O soño eterno, 1946); Key Largo (1948); The African Queen (A raíña de África, 1952), pola que obtivo un Oscar; Sabrina (1954); The Desperate Hours (Horas desesperadas, 1955) e The Harder They Fall (Máis dura será a caída, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor estadounidense. Estudiou na Universidade de Yale e graduouse en Enxeñería Mecánica no ano 1896. Experimentador de sona, foi membro fundador e presidiu o Institute of Radio Enginers. Dedicou varios anos da súa vida á construción dun detector capaz de recibir as ondas de radio. En 1906 solucionou o problema ao introducir un terceiro electrodo entre o ánodo e o cátodo do díodo inventado por J. A. Fleming, co que conseguiu crear un amplificador moi potente, o tríodo -chamado daquela audion-, que enxalzou a radiofonía en detrimento da radiotelegrafía. Tamén investigou as posibilidades do cine con son, ata o punto de que patentou o fonofilm para incorporar unha banda sonora ás películas de cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra escrita por Nicolao Copérnico ao longo duns vinte e cinco anos de traballo (1507-1532) e publicado no ano 1543, no que expresa as súas teorías sobre a estrutura do sistema solar. Segundo Copérnico é o Sol, e non a Terra -como propuxera Ptolomeo-, o centro do sistema planetario e arredor del xiran todos os planetas. Este modelo imaxinouno Copérnico cara ao ano 1505, aínda que non o publicou ata 1543, porque quería facer un desenvolvemento matemático da súa teoría co fin de demostrar que podía explicar os mesmos feitos ca o modelo ptolemaico e evitar problemas coa Inquisición, xa que o seu punto de vista se podía considerar contrario ao dogma católico. O seu discípulo Rheticus, un matemático luterano, animouno a publicar a obra e empezou a preparar a súa edición; continuouna o teólogo luterano Osiander, quen escribiu un prólogo no que sinalaba que cumpría tomar a teoría copernicana como un modelo matemático. Como o prólogo non ía asinado, creuse que era do propio Copérnico, ata que Kepler...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de defenestrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción popular ocorrida en Praga o 30 de xullo de 1419 na que os seguidores de Jan Hus botaron pola fiestra a sete conselleiros católicos do Rei Venceslao IV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de estado protestante producido en Praga o 23 de maio de 1618. Un grupo de nobres bohemios calvinistas asaltaron o pazo real e tiraron pola fiestra dous conselleiros reais e un secretario. Un goberno provisional substituíu o consello do rei e as forzas protestantes ocuparon o país. Este feito foi unha das causas da Guerra dos Trinta Anos.
-
-
Botar a alguén por unha fiestra.
-
Retirar a alguén do posto ou cargo que ocupa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución a grande escala do bosque pola acción humana. Nas últimas décadas do s XX, as taxas anuais de deforestación foron dun 1,2% en Asia e no Pacífico, un 0,8% en Latinoamérica e un 0,7% en África; en cada década duplicáronse as taxas anuais de deforestación en 52 países tropicais. En conxunto, o ritmo de deforestación é superior aos 26 millóns de ha ao ano, feito que equivale a que cada minuto quede arrasada unha superficie de selva equivalente á dun campo de fútbol. En España, nas últimas dúas décadas, desapareceron 780.000 ha de superfice arborada. Deste xeito desapareceron o 50% dos bosques do planeta e, destes, o 60% está degradado en forma significativa e os desertos aumentan a súa superficie en máis de seis millóns de hectáreas ao ano. As súas causas son: a demanda de madeira -especialmente por parte de certos países que obrigan as nacións endebedadas do terceiro mundo a obter diñeiro baseándose nas súas materias primas estratéxicas- e a transformación dos bosques en superficies...
-
VER O DETALLE DO TERMO
de deforestar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Despoxar un terreo da vexetación forestal.
-
-
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cesta’.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cesta’.
-
-
PERSOEIRO
Poeta haitiano. A súa adscrición ao comunismo obrigouno a exiliarse en 1946 a Italia e Cuba, onde exerceu a docencia na Universidade. En 1978 instalouse en Francia e traballou na UNESCO. Publicou, entre outras obras: Étincelles (Centellas, 1945), Alléluia pour une femme-jardin (Aleluia para unha muller-xardín, Premio Goncourt, 1973), Pour la révolution pour la poésie (Pola revolución pola poesía, 1974), Poète à Cuba (Poeta en Cuba, 1976), Hadriana dans tous mes rêves (Hadriana en todos os meus soños, Premio Renaudot 1988) e Eros dans un train chinois (Eros nun tren chinés, 1990). En 1993 recibiu o Prix Apollinaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos derméstidos, constituído por escaravellos de entre 1,5 e 10 mm de lonxitude; os máis deles presentan cor escura e unha cuberta de pelos, antenas con forma de maza, un par de ollos compostos e un ocelo no centro da cabeza. Teñen a capacidade de recoller as patas baixo o corpo e permanecen inmóbiles cando se senten ameazados. As larvas son eirugas, as máis das veces de corpo alongado e con patas curtas. Son de hábitos preeiros e poden afectar a tecidos, peles e alimentos humanos almacenados. En Europa viven 19 especies deste xénero. A especie máis frecuente é D. lardarius, de 9,5 mm de lonxitude, propia das despensas, aínda que o seu hábitat orixinario é a prea, de distribución cosmopolita, que presenta na parte anterior dos élitros unha franxa ancha de cor cinsenta. As larvas aliméntanse de graxa animal, peixe desecado, coiros, pelos, cornos ou plumas. Outras especies do xénero son D. vulpinus, que aparece no coiro e nos intestinos...
-
-
Relativo ou pertencente aos derméstidos.
-
Insecto da familia dos derméstidos.
-
Familia de coleópteros á que pertencen os xéneros Anthrenus, Desmestes e Trogoderma.
-
-
-
de desadestrar ou desadestrarse.
-
Que perdeu habilidades por falta de adestramento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desadestrar.