"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Desviación no tratamento ou na interpretación dos feitos sociais, caracterizada pola importancia determinante que se lles dá aos aspectos económicos da situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao economicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á economía.

    2. Que esixe pouco gasto ou que custa pouco.

    3. Que gasta pouco.

    4. Especialidade académica que se imparte nas facultades de ciencias económicas, que ten por obxecto o estudo e coñecemento da economía. Os estudios económicos en Galicia iniciáronse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1967-1968, coa creación da facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais. Ata ese momento, no ámbito universitario, o estudo da economía era unha disciplina subalterna do dereito, que só se daba como disciplina autónoma nas escolas de comercio, marxinadas da máxima esfera académica. Trala reforma dos plans de estudios en 1993, a facultade de Ciencias Económicas e Empresariais incorporou os estudios correspondentes ás licenciaturas en Economía e en Administración e Dirección de Empresas. Na década de 1970, coa descentralización da universidade compostelá, os estudios de economía espalláronse polas sete principais cidades galegas e, en 1989, coa creación da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña, as tres universidades públicas pasaron a ofertar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista británica semanal de actualidade económica fundada en Londres por James Wilson no ano 1843. O grupo propietario do Financial Times adquiriu a metade das accións en 1928. Ademais de incluír artigos de alcance internacional, estudia, analiza e comenta os acontecementos relacionados coa política mundial, o mundo da economía, os negocios e as finanzas. Os seus contidos están relacionados con temas de interese dos países que conforman a Unión Europea, América e o resto de Europa, como política internacional, negocios, ciencia e tecnoloxía, libros, cultura e arte. Pola súa parte, analiza e critica aspectos relacionados co Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional; ademais, unha vez ao mes, inclúe un monográfico dedicado a un país, un mercado ou unha industria concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa especializada en economía ou que se dedica a ela.

    2. Teorizador en materia económica. Este termo, empregado por primeira vez por Mira-beau, designou na súa orixe os fisiócratas franceses do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen economiza.

    2. Dispositivo que posúen certos carburadores de motores de explosión para obter unha mestura máis pobre e, polo tanto, máis económica cando non é necesaria toda a potencia do motor. En xeral son dispositivos de acción manual.

    3. Intercambiador de calor empregado para quentar a auga de entrada nas caldeiras de vapor por medio do fume da combustión. Produce un considerable aforro de combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gastar menos do que se podería.

      2. Gastar menos diñeiro do que se dispón para aforralo.

    1. Evitar un risco ou unha dificultade innecesaria. OBS: Úsase en construcións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de micorriza formada nas raíces de plantas leñosas, especialmente nas árbores ximnospermas coma os piñeiros, e algunhas anxiospermas coma os carballos, as aciñeiras e os eucaliptos. As hifas dos fungos micorrícicos presentes no solo vense estimuladas polas secrecións das raíces e medran formando un manto groso na superficie das raiceiras secundarias. As hifas penetran entre as células e interconéctanse no interior da raíz, dando lugar a unha estrutura típica denominada rede de Hartig, onde ten lugar o intercambio de substancias entre o fungo e a planta; o fungo libera hormonas que estimulan o crecemento e ramificación das raíces das plantas. A ectomicorriza favorece a absorción, traslación e almacenamento dos nutrientes e evitan a súa perda por lixiviación. As micorrizas cobran maior importancia para o desenvolvemento das plantas en ambientes secos ou pobres en nutrientes, polo que se creou toda unha tecnoloxía para conseguir plántulas inoculadas con estes fungos que poidan contribuír...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Edom e aos seus habitantes.

    2. Individuo do pobo de Edom.

    3. Pobo que habitou Edom, no S de Palestina. Sometidos polo Rei David, que intentou exterminalos, no s VIII a C foron dominados por Asiria. O reino foi destruído no s III a C e Xoán Hircano impúxolles a xudaización no 129 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de correntes eléctricas moi febles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para rexistrar os cambios de potencial eléctrico que se producen nun músculo illado ou nun grupo muscular cando se contrae de xeito espontáneo ou por indución con estímulos xeralmente eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para realizar unha electromiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico da contracción dun músculo que se obtén ao realizar unha electromiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Económicas (1969) e catedrático de Historia do Pensamento Político (1982) na Universidad Complutense de Madrid, foi vicedecano da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Complutense (1977-1982) e profesor invitado nas universidades de Turín, París X, Nanterre e Dijon, e na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Colaborador, entre outras publicacións, de Revista de Occidente, Revista de Estudios Políticos, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos de Ruedo Ibérico, Cahiers d’Histoire e Communisme, dirixiu a revista Estudios de Historia Social (1977-1992) e formou parte dos consellos científicos das revistas Passato e Presente, Idearium e Revista Internacional de Estudios Vascos. Entre os seus libros cómpre salientar La ideología liberal en la Ilustración española (1970), Ideologías del nacionalismo vasco, 1876-1937 (1978), La modernización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica consistente na extracción do émbolo ou coágulo que obstrúe a luz vascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que ten por obxecto reducir o volume do feto morto nos partos distócicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encefalite na que, ademais do encéfalo, se ven afectadas as estruturas da medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de encomio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai encomios de algo ou de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO