"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

    1. Conxunto de útiles empregados na realización dun traballo ou oficio.

    2. Caixa ou bolsa onde se transportan ou gardan as ferramentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiere italiano. Ao servizo de Fernando o Católico loitou contra Carlos VIII de Francia (1492) e interveu na Batalla de Puglia (1500) e na defensa de Barletta (1503). Foi o inspirador da novela de Massimo d’Azeglio Ettore Fieramosca (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe obtida a partir dunha fonte de luz en movemento, fotografada na escuridade, e co emprego dunha exposición longa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi senador por Lugo (1843-1844) e deputado polo distrito de Valdeorras (1846-1849). Ao renunciar á acta de deputado por Valdeorras (1849) para converterse en senador vitalicio, foi denunciado e renunciou ao escano senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico orientado equivalente a un diagrama de bloques, pero de trazado máis sinxelo. Os nodos representan sinais ou variables, e as ramas, relacións entre variables. A frecha que leva a rama indica o sentido do fluxo do sinal, e a letra asociada, o factor de multiplicación que experimenta o sinal do nodo de orixe. A variable correspondente a un nodo dependente toma un valor igual á suma dos sinais incidentes. Tamén se coñece como diagrama de fluxo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1988 (nº0). Subtitulouse “Revista universitaria de investigação científica”. Dirixida por José António Fernandes Malde, tentou converterse nun medio para a edición de traballos en lingua galega (reintegracionista) relacionados con Galicia. A partir do seu número 1º pasou a titularse Folhas de Cibrão e redactouse en portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero dramático e teatral que se caracteriza pola recuperación e desenvolvemento de formas escénicas, personaxes, conflitos, lendas, historias, celebracións, rituais, narracións e outros elementos e materiais diversos propios dunha determinada tradición cultural. A incorporación desta corrente aos campos teatral e literario a miúdo se produce en procesos de construción nacional, sempre relacionados coa recuperación dos sinais de identidade e das manifestacións culturais propias, e así aconteceu en Irlanda a principios do século XIX coas creacións de John Millington Synge, Douglas Hyde, Lady Augusta Gregory ou William Butler Yeats, que tiñan como obxectivo reflectir as esencias da vella cultura gaélica. En Galicia o folk drama foi reivindicado e potenciado por Antón Villar Ponte en diversas pezas como A festa da malla ou Os evanxeos da risa absoluta, nas que buscaba reflectir escenas e estampas da vida tradicional galega. Noutras ocasións a recuperación de antigas manifestacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico que se obtén mediante a fonocardiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Signo gráfico que representa unha soa realización fonemática.

    2. Inscrición do son sobre un disco, obtida mediante a aplicación do método fonográfico en fonética experimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1936), foi presidente da Cruz Vermella e alcalde de Vigo (1963-1964). Durante a súa etapa na alcaldía adquiriu os dereitos para a captación da auga do Oitavén e impulsou a planimetría do municipio e da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben os protozoos unicelulares mariños ameboides, que moi rara vez exceden 1 mm de lonxitude, e segregan un caparazón calcário -nalgúnhas especies silíceo- dividido en moitas cámaras, no que vive emitindo pseudópodos a través de poros cos que prenden as presas. Nun principio o protozoo ten unha soa cámara e á vez que medra forma unha sucesión de cámaras, cada vez de maior tamaño, ao longo da súa vida. Durante o ciclo vital presentan fases diploides e haploides. Existen unhas 10.000 especies de foraminíferos que habitan todos os ambientes mariños, esteiros e lagoas litorais e das que só unhas 50 viven na columna de auga nos primeiros 100 m e o resto son especies bentónicas que viven sobre os sedimentos ou no seu interior. O conxunto dos foraminíferos que viven nos fondos dos océanos constitúen, probablemente, a maior biomasa animal do planeta. As cunchas das especies planctónicas, ao morrer, van formar parte da lama dos fondo mariño, destacando pola súa abundancia o xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e canonista. Doutor en Xurisprudencia e licenciado en Canons (1835), foi catedrático en Barcelona, Salamanca e Sevilla antes de converterse no reitor da Universidad Libre de Vitoria. Colaborou coa Igrexa en materia de dereito canónico e na continuación do libro do padre Flórez La España Sagrada. Dirixiu La Gaceta de Oñate e foi redactor de La Esperanza. Entre os seus escritos destacan “Instituciones canónicas de Devoti”, “Concordia de la Iglesia y el estado en la época de la España goda” (1857), “Estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II” (1860) e un traballo inédito sobre o Colexio de Fonseca. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das exposicións dunha película.

    2. Cada unha das imaxes que compoñen unha película cinematográfica.

    3. Imaxe que se obtén colocando un obxecto directamente sobre papel sensible e expoñéndoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de información cinematográfica fundada en Barcelona en 1946. Inicialmente dedicouse a ofrecer datos sobre estreas e personaxes do cine español e internacional. A mediados dos anos oitenta engadiu aos seus contidos habituais información sobre vídeo, e alquiler e venda de películas. Incluíronse tamén reportaxes sobre novidades técnicas, monográficos de actores, estilos ou xéneros, e artigos de crítica de destacadas personalidades do mundo cinematográfico. Anualmente concede os premios Fotogramas aos actores e profesionais máis salientables do cine, teatro e televisión en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas que permiten, mediante a cámara fotográfica, deducir dunha proxección cónica do obxecto, as súas dimensións e a súa situación. O fundamento xeométrico da fotogrametría foi establecida por J. H. Lambert en 1759, pero foi Aimé Laussedat quen conseguiu en 1851 planos exactos partindo de fotografías. En 1856 Gaspar Felix Tournachou, Nadar, realizou as primeiras fotografías aéreas, unhas vistas de París. En 1886 Torres Quevedo realizou o primeiro levantamento fotogramétrico español do barranco de Vista Hermosa (Madrid). En 1903 Carl Pulfrich aplicou o principio de medición estereoscópica ao método fotogramétrico, procedemento perfeccionado en 1909 por Eduard von Orel. Os aparellos inventados de acordo con este novo sistema eran, sen embargo, dunha aplicación exclusiva aos alzamentos topográficos efectuados por medio de fotografías tomadas dende terra (fotogrametría terrestre). A partir da Primeira Guerra Mundial, o progreso da aviación permitiu o desenvolvemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotogrametría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do framboeseiro, de cor vermella, semellante á amora, de sabor doce e un pouco ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto con espiñas, semellante ás roseiras, que dá os froitos chamados framboesas.

    VER O DETALLE DO TERMO