"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isabel de Wied.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade latina oriúnda de Arcadia, que, segundo as fontes, recibía os nomes de Nicóstrata, Temis ou Timandra. En Roma foi coñecida como Carmenta, nome derivado do latín carmen ‘canto, poema’, debido a que posuía o don da profecía e da adiviñación. Dependendo da tradición identifícase como nai ou muller de Evandro, que chegou a Roma na súa compaña logo de ser este desterrado da súa patria. As súas festas, chamadas Carmentais (Carmentalia), celebrábanse en Roma.
-
-
Aplícase á cor vermella escura, tirando a violeta, e ás cousas que presentan esta cor.
-
Tea de seda tinguida desta cor.
-
Pigmento de cor situado aproximadamente nunha lonxitude de onda de 7.200-7.500 Å no espectro das radiacións electromagnéticas. Correspóndese cun vermello vivo, de ton escuro e matiz azulado. A materia pigmentaria extráese dun insecto chamado quermes e produce unhas pastas pitóricas de consistencia líquida, de escaso poder cobertor e de pouca solidez baixo a acción da luz.
-
-
PERSOEIRO
Compositor, pianista e cantante norteamericano. Coñecido como Hoagy Carmichael, colaborou con diversos músicos de jazz para os que compuxo cancións como Riverboat Shuffle (Barcaza de arrastre), Stardust (Encanto) ou Georgia on my Mind (Georgia na miña memoria).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hoagland Howard Carmichael.
-
PERSOEIRO
Activista norteamericano. Defensor dos dereitos da minoría afroamericana, foi un dos fundadores do Student Non-violent Coordinating Committee (SNCC), organismo que presidiu desde xuño de 1966. Entre 1966 e 1967 converteuse no máximo representante do Black Power.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista italiano. Precursor da escola clásica do dereito penal, defendeu a tese da finalidade preventiva da pena fronte á súa función retributiva. Escribiu Iuris criminalis elementa (Elementos de dereito criminal, 1808) e Teoria delle leggi della sicurezza sociale (Teoría das leis da seguridade social, 1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Pigmento extraído dos corpos secos das cochinillas femia, de cor moi semellante e propiedades pitóricas parecidas ao carmesí, de ton máis claro e matiz menos azulado. Debe as súas propiedades colorantes ao ácido carmínico, que con alumina forma unha laca alumínica.
-
Colorante básico, de cor carmín, específico das nucleoproteínas, que normalmente se utiliza mesturado con alume ou sales amónicos, que actúan como mordente, e con outros colorantes. Permite realizar tinguiduras en bloque e é moi persistente.
-
carmín acético
Colorante a base de carmín e ácido acético que actúa ao mesmo tempo como fixador. Emprégase especialmente para tinguir os cromosomas.
-
-
Aplícase á cor parecida á carmesí e ás cousas que presentan esta cor.
-
Cosmético que serve para pintar os beizos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de 228 poemas escritos na Idade Media, fundamentalmente en latín vulgar, con algúns fragmentos en alemán e francés antigo. Apareceron nun manuscrito de 112 folios en pergamiño, descuberto por Christoph Von Aretin na abadía beneditina de Benediktbeuern en 1803. A composición dos textos atribúese aos chamados goliardos, estudiantes errabundos, trobadores ou clérigos anónimos, que mantiñan unha actitude crítica con respecto á Igrexa oficial e ao poder establecido do seu tempo. Constitúen unha exaltación da natureza, do amor, das alegrías da taberna e da vida libre, que propón unha concepción epicúrea da existencia, na liña do tópico do carpe diem. Ademais, conteñen unha crítica burlesca dos costumes do clero, acompañada dunha corrente subxacente de protesta contra o destino aciago que agarda a quen non se adapta aos ditados da sociedade. Os poemas pódense clasificar en tres grandes grupos: poemas satírico-morais, concibidos como unha crítica contra a autoridade e os seus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantata composta polo músico alemán Carl Orff en 1937, baseada na colección de poemas Carmina Burana. É unha obra pensada para cantantes solistas, coro e orquestra. O coro disponse en tres grupos, un coro grande, outro pequeno e un terceiro formado por nenos. A parte instrumental corresponde a unha orquestra aumentada por dous pianos, cinco timbais e unha ampla sección de percusión. Existe tamén unha versión escénica con baile e pantomima. As melodías que acompañan a métrica latina dos poemas consisten en estrofas claramente delineadas, que se repiten a miúdo cun crescendo. Sostéñenas ritmos impulsivos, co emprego frecuente de figuras ostinatas. Finalmente, os vinte e tres poemas escollidos organízanse en tres partes: “En primavera”, “Na taberna” e “A corte do amor”, aos que precede unha invocación á “Fortuna, Emperatriz do mundo”, que se repite ao final, dándolle un carácter circular á composición. Existe unha tradución ao galego dos textos seleccionados por...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica rodada en 1926 por Hispánica Films, dirixida polo creador italiano Rino Lupo. O guión e os rótulos foron realizados polo escritor ourensán Antonio Rey Soto, cofundador da produtora galega Celta Films. Os exteriores rodáronse en diversos lugares de Galicia como Vigo, Redondela, Vilasobroso, Mondariz e Ribadavia, ademais do Porto e arredores. Para recrear interiores recorreuse aos estudios portugueses Invita Film. A protagonista é Carmiña, unha rapaza orfa que vive co seu padrasto nunha aldea galega onde a maior parte das terras pertencen a Armando, conde de Vindey. Carmiña namórase del e, tras numerosas dificultades e contratempos, consegue casar co conde. A película, anunciada na prensa como “un canto de amor á terra”, recibiu críticas diverxentes, acusada de oportunismo ao aproveitar as paisaxes galegas para ambientar un mediocre melodrama rural. Non obstante , algúns autores reivindican unha vontade por parte dos autores, sobre todo do guionista, por poñer en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento que evita as flatulencias gástricas e intestinais ou que favorece a súa expulsión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido antranquinoncarboxílico substituído cunha cadea lateral de glicósido, colorante natural. Extráese dos corpos desecados das cochinillas femias e é o principal constituínte do carmín. Aplícase na fotografía en cor e como pigmento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carme.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao L da capital (25.266 h [1996]). O territorio está drenado polo río Corbones. A agricultura é de secaño e destaca o cultivo de oliveiras. Nas devesas da localidade críase gando vacún e bovino. A industria baséase na produción de derivados como fariña, aceite ou lácteos. De orixe tartesa, foi conquistada polos romanos no 206 a C e Xulio César concedeulle o título de municipium. No s XI converteuse na capital da taifa de Carmona, anexionada ao reino de Sevilla no 1067 e reconquistada por Fernando III o Santo en 1247. Forman parte do seu patrimonio as tumbas calcolíticas do Acebuchal, as murallas, un templo, un anfiteatro e unha necrópole romanas, ademais do alcázar e da igrexa de Santa María (ss XV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular do departamento de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, publicou, entre outros estudios, “Introdución á análise da redención foral de Mendizábal en Galicia” (1980), con X. Cordero Torrón, “Igualdade e desigualdade nas pesquerías galegas de mediados do s XVII” (1989), “La influencia de la emigración a América en la formación de la industria” (1992) e “O mar e a industrialización de Galicia” (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis Carrogis.