"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encíclica de Pío X promulgada o 8 de setembro de 1907. Complementou o decreto do Santo Oficio Lamentabili, onde se condenaba o modernismo. A primeira parte intenta presentalo como un sistema coherente de pensamento, mentres que a segunda presenta disposicións prácticas para a formación dos sacerdotes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias cocos gramnegativas da familia das pasteureláceas, inmóbiles, de forma alongada ou elipsoide, anaerobias facultativas, parasitos obrigados dos animais e patóxenos para o home (P. pestis é o axente causante da peste bubónica) e para os animais (P. multocida ataca os bóvidos, os porcos e as ovellas e provoca nos paxaros o cólera aviario).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das infeccións dos animais producidas por bacterias do xénero Pasteurella.
-
-
Composición lírica que combina tres elementos temáticos básicos: o paseo matinal e o encontro dun cabaleiro cunha pastora que garda o gando, un diálogo a través do que o mozo declara o seu amor á moza, e o desenlace da aventura, que pode ser o consentimento ou rexeitamento da requirida, e mesmo a burla de que é obxecto o galán, coa posible ou real intervención dos parentes ou o amado da pastora para auxiliala. A partir de Marcabrú, a poesía occitana conferiulle ao xénero a estrutura e a forma que se fixeron clásicas, aínda que o xénero presenta diversidade de matices en canto á forma, o estilo, a intención e os elementos constitutivos. Na lírica galego-portuguesa apenas se localizaron oito composicións, escritas na segunda metade do s XIII e das que só tres introducen as normas convencionais do xénero, especialmente o diálogo entre a pastora e o cabaleiro: “Pelo souto de Crecente”, de Johan Airas; “Quandeu hun dia fuy en Compostela”, de PedrAmigo de Sevilha; e “Vi ojeu cantar damor”, de...
-
Composición musical de ton alegre e sincero que xurdiu a finais do s XVII e que evoca a música e os cantos dos pastores.
-
-
-
paxariña.
-
bolboreta.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Discípulo de Joan Nin, en 1873 estableceuse en Barcelona e en 1894 marchou a Madrid, onde traballou como mestre do conservatorio (1915). Introdutor da obra de Wagner en España e un dos primeiros cultivadores da ópera, foi un estudoso da música, como reflicten os seus traballos sobre as Cantigas de Afonso X, ademais de mestre de compositores como E. Granados, Manuel de Falla e Albéniz. Como compositor deixou diversas óperas, como Quasimodo (1875), Cléopâtre (1878), Los Pirineos (1891) e El comte Arnau (1904). Ademais de catro zarzuelas, escribiu poemas sinfónicos, obras relixiosas e composicións de cámara. Publicou diversos libros e tratados musicais, como Dicionario técnico de la música (1894) ou El organista litúrgico español (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual, de follas lanceoladas, con talos pouco angulosos e follas de nervios paralelos. As flores son moradas ou brancas e os froitos están en legume. Emprégase como forraxe, especialmente para o gando ovino.
-
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Torible (Lugo) e Vilalvite (Friol). O seu cumio acada os 598 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada entre a praia de San Miguel e a punta Tragove, na parroquia de Corvillón (Cambados).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e político. Militou en diferentes partidos federalistas, defendeu o proxecto de constitución do estado galego, o laicismo e o federalismo, e foi un dos promotores da primeira Asemblea Federal de Galicia celebrada na Coruña (1886). Iniciou a súa andaina xornalística en Diario de Lugo, que dirixiu entre 1879 e 1884; nese último ano fundou o xornal El Regional e, posteriormente, en Madrid, colaborou en Revista de España e La Ilustración Española y Americana, entre outras publicacións, ademais de dirixir Nuevo Mundo. Escribiu varias obras con influencias de Zorrilla, Bécquer, Campoamor e do estilo costumista de V. Lamas Carvajal. Destacan Impresiones y recuerdos (1877), Otoñales (1889), Cousas da aldea (1891), onde se inclúen diversos cadros de costumes do mundo rural; Romancero de la ciudad de Lugo (1892), a lenda romántica A cova da serpe (1892) e o ensaio El regionalismo y la...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
perecho.
-
PERSOEIRO
Médico e psicólogo. Introdutor da foniatría en España, presidiu a Asociación Internacional de Logopedia e Foniatría (1974). Escribiu o tratado Audifoniatría y logopedia en once volumes (1968-1995). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Pontificia de Salamanca (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona (2.228 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, especialmente no cultivo de oliveiras, amendoeiras e, en menor medida, de vide. A industria céntrase nos sectores mecánico, de materiais de construción e de transporte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante portugués. En 1419 participou na segunda expedición á illa de Porto Santo, arquipélago de Madeira, onde se estableceu (1428?) e levou a cabo o poboamento por orde de Enrique de Portugal, que o nomeou donatario dela en 1446.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Comentarista político en diferentes xornais, como El Imparcial, periódico que dirixiu (1979), foi xefe de publicacións e de comunicación no Museo Arqueológico Nacional (1981-1987). En 1990 ocupou a dirección do gabinete de comunicación do presidente da Xunta de Galicia. Foi secretario xeral de Comunicación (1991-1996), deputado no Parlamento de Galicia (1997) e conselleiro de Cultura e Comunicación Social desde 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á locución ‘ter sede’.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarreaus baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Castelo (Taboada). Ten planta en forma de L cun patio aberto con arcadas en dúas frontes de arcos e con corredor no primeiro andar ao que se accede por unha escaleira exterior. Ten balaústres e antepeito sobre o que descansan columnas cortas e cadradas. Desde a planta nobre accédese á tribuna da capela. Na parte posterior, entre os cubertos e a vivenda dos caseiros, atópase a torre de planta cadrada que puido pertencer, xunto a vivenda dos caseiros, a unha edificación anterior. Conta cunha fonte de granito que ten a data de 1788.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas aves da familia dos proceláridos. Son aves mariñas que pasan a maior parte da súa vida en mar aberto e só pisan terra en épocas de reprodución. Habitan, na súa maioría, no hemisferio sur.