"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Foi o primeiro paisaxista importante do seu país; unha das súas obras máis coñecida é O festexo de Baltasar (Museo de Boston).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de almacenar, agrupar ou gardar calquera elemento nun almacén.
-
-
Proceso polo que se conserva unha serie de datos en soporte informático dispostos a seren empregados en calquera momento.
-
almacenamento magnético Utilización dun cabezal magnético que envía os datos a un soporte regravable como un disco duro ou un disquete, podendo ser recuperados do mesmo xeito.
-
almacenamento óptico Uso dun raio láser para a gravación e a lectura de datos, en soportes non regravables como o CD-ROM ou o DVD-ROM, e mesmo regravables como o CD-RW.
-
almacenamento magnetoóptico Combinación de elementos dos dous procesos anteriores que se emprega para a conservación de datos nos discos chamados magnetoópticos.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1865 editada por Soto Freire e continuadora do Almanaque de Galicia. Colaboraron nel Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e outros escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1909 na cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome dado polos árabes á principal obra de Ptolomeo, a Gran Sintaxe Matemática (? 150 a C), que posteriormente se adoptou en Occidente. Nesta obra, fundamental da astronomía antiga, deféndese un concepto global do Universo, realízase unha síntese do coñecemento adquirido na época e establécense as condicións precisas para a observación práctica do Cosmos. A principal idea sostida por Ptolomeo defendía que a Terra e o Universo son esferas concéntricas, feito polo que a Terra non se move, senón que é a bóveda celeste a que dá unha volta diaria ao redor dun eixe celeste. Contén, ademais, un catálogo de 1.022 estrelas. Está presente a influencia de Hisparco.
-
Escolma de observacións astronómicas.
-
-
PERSOEIRO
Novelista romántico brasileiro. Médico e funcionario, dedicouse ao periodismo ata a súa morte. A súa única novela Memórias dun sargento de milícias (1853), foi publicada por entregas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e director de fotografía. Emigrou a Cuba ao rematar a Guerra Civil Española, para exercer alí a crítica cinematográfica e promocionar cineclubs. Posteriormente trasladouse a París, aló polo ano 1963. Pouco antes do 1970, principiou unha fecunda colaboración con realizadores franceses (Truffaut, Rohmer, Schroeder) e foi considerado un dos directores de fotografía máis innovadores do momento. Dentro do seu labor como director fotográfico destaca a súa participación en: La Collectioneuse (Rohmer, 1970), L’Enfant sauvage (Truffaut, 1969), General Idi Amin Dada (Schroeder, 1970) e Pauline à la Plage (Rohmer, 1983); mentres que do seu traballo nos EE UU destaca Kramer versus Kramer de R. Benton (Kramer contra Kramer, 1978) e Days of Heaven (Días de ceo, 1978), polo cal recibiu o Óscar á mellor fotografía en 1979. Tamén participou nos filmes Nun lugar do corazón (1984), Nadine (1987), Historias...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político español. Escribiu diversos estudos, como Monumentos históricos y artísticos de Benavente (1935), La biblioteca erasmista de Diego Méndez (1945) e Yo fui secretario de Trujillo (1950). Publicou artigos na revista Galicia do Centro Galego de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Exótico, que se atopa nun lugar diferente ao de procedencia.
-
Dise da unidade xeolóxica que, transportada por medios mecánicos, se sitúa en lugar diferente daquel onde se formou.
-
Dise da rocha constituída por minerais que non se formaron con ela, senón que proceden doutras rochas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxerto de tecido entre dous individuos da mesma especie, pero que se diferencian por un ou máis xenes e por certos antíxenos de histocompatibilidade. Denomínase tamén enxerto homeoplástico ou homoenxerto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos sales ou ésteres do ácido alofánico. Os ésteres obtéñense tratando o alcohol con cloruro de alofanoil e están recomendados para a identificación dos alcohois terciarios. Os alofanatos metálicos obtéñense hidrolizando os ésteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de alombar ou alombarse.
-
-
Acción e efecto de alongar ou alongarse.
-
Acción de facer algo máis longo ou dunha duración maior.
-
Afastamento ou distancia que se produce con respecto a unha determinada referencia.
-
Cociente entre o cadrado da envergadura e a superficie da á dunha aeronave.
-
Aumento da duración dunha realización fonemática producida por algunhas causas regulares e normalmente relacionadas co ton, intensidade e énfase emotiva. En xeral, todas as linguas presentan este fenómeno nas secuencias fonemáticas suxeitas ao fonema de cadencia, que se caracteriza por unha relaxación progresiva e un aumento compensatorio da duración.
-
-
Propiedade que teñen determinados materiais de alongarse cando están sometidos a cargas ou esforzos de tracción. En ensaios de materiais, o alongamento é definido como o aumento da lonxitude respecto á inicial que se produce na probeta, sometida á tracción. A probeta, baixo esforzos crecentes, experimenta un aumento da súa lonxitude ata que se produce a rotura.
-
alongamento de rotura Valor de alongamento no instante de producirse a rotura. Esta medida dá idea, por exemplo, da dutilidade e forxabilidade dun metal, esixido na fabricación de pezas que requiren unhas condicións determinadas de seguridade.
-
alongamento elástico No diagrama de carga-deformación do ensaio dun material a tracción, alongamento producido na zona de deformación elástica, onde se cumpre a proporcionalidade entre cargas e deformacións e onde desaparece o alongamento cando cesa a tracción.
-
alongamento local Alongamento medido unha vez ultrapasada a carga máxima e que se circunscribe na zona da probeta onde se formou a estrición.
-
-
...
-
-
GALICIA
Profesor e sacerdote. Principiou os seus estudios eclesiásticos no Seminario de Lugo e logo ingresou na Compañía de Xesús. Impartiu clases de Química, Historia Natural e Matemáticas na Habana. Foi un gran defensor do labor civilizador e relixioso de España en América. Publicou, entre outros libros: Introdución al estudo de la Historia Natural. Biología (1921), Nociones de Geometría (1923) e Fisiología Humana (póstumo, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Desenvolveu a súa actividade como retablista na diócese de Tui e realizou as trazas do retablo maior de Santo Adrián de Meder (Salvaterra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e dramaturgo, ligado a grupos independentes da escena madrileña como Tábano ou Teatro Español Independente. En Galicia realizáronse diversos espectáculos a partir do seus textos, entre os que cómpre salientar Viva o duque, noso amo, estreado por Mua en 1984 con dirección de Xosé Manuel Pazos Varela ou Guillados, estreado en 1999 por Máscara Producións con dirección de Xerome Calero e Antón Casal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido popularmente como o poeta de Meder, cursou estudos primarios na escola da súa parroquia e completou a súa formación estudando Artes e Oficios no colexio de Tortoreos (As Neves), alternándoa co traballo no campo. Aos vinte anos trasládase a Vigo onde rexenta varios negocios.
VER O DETALLE DO TERMO
Conferenciante e colaborador de diversos xornais e revistas. É coautor de varios libros de poesía e homenaxes. Foi un dos fundadores do Partido Galego do Proletariado e de Galicia Ceibe, e promoveu a creación do periódico bimensual A Voz do Condado, dende 1976 ata a súa desaparición en 1978.
Así mesmo, foi o creador, en 1980, do Festival de Poesía do Condado e obtivo varios premios coas súas composicións poéticas, non recollidas en libros. Publicou en 1977 o traballo Apocalipse en Galicia. Sete celulosas, sete e Hai unha terra loubada. -
GALICIA
Profesor e político. Antón Hipólito Alonso Ríos realizou os seus primeiros estudios en Silleda ao tempo que axudaba nos negocios comerciais da familia. Con dezaseis anos matriculouse na Escola Normal de Maxisterio de Santiago e posteriormente dedicouse ao ensino en Compostela. En 1908 emigrou á Arxentina onde tamén exerceu de mestre en Bos Aires e en Mendoza. En 1909 fundou a Sociedad Hijos de Silleda e comezou a estudar Filosofía e Letras vencellándose ao movemento agrarista. Ademais foi o artífice da Federación de Sociedades Galegas (FSG), fundou e dirixiu, en 1922, El despertar gallego e Galicia e colaborou na revista Céltiga. En 1931, ao triunfar a República Española nas eleccións, foi enviado a España pola Federación e xa en Galicia foi elixido secretario da Federación Republicana Galega. Dirixiu en Tomiño as denominadas Escuelas del Porvenir ao tempo que exercía como inspector, nomeado pola Federación Galega de Sociedades de Instrución e Culturais de Bos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou Arrendamientos rústicos según el Tribunal Supremo. Jurisprudencia de las leyes de 15 de marzo de 1935 y 28 de junio de 1940 e, en colaboración con Faustino Rodríguez Penas, Arrendamientos rústicos. Jurisprudencia. Enero 1946 febrero 1947 (1947).