"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Coa súa primeira novela, De Avonden (As tardes, 1947) describiu o ambiente pechado da súa infancia. Cualificado de inmoral, trasladouse a Inglaterra e escribiu en inglés o libro de contos The Acrobat (1958). Destacan tamén as súas novelas Op weg naar het einde (Cara ao final, 1963) e Nader tot U (Máis preto de ti, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Coñecido como Rembrandt, foi discípulo dos pintores italianistas Jacob Isacszoon van Swanenburch e Jacob Symonszoon Pynas. En Leiden traballou estreitamente con Jan Lievens e en 1631 trasladouse a Amsterdam, onde frecuentou o taller de Pieter Pieterszoon Lastman. Estilisticamente partiu dunha base italiana clasicista, influído pola obra de Caravaggio, aínda que a súa obra se dividiu en dúas etapas, diferenciadas pola morte da súa dona, Saskia (1644). Na primeira (1625-1644) partiu dun naturalismo aínda non formado e reforzado por un claroscuro máis formal que ideolóxico (A lección de anatomía do doutor Tulp, 1632). A luz e a cor empregadas foron suaves e potenciaron a beleza plástica dos conxuntos, nos que con frecuencia representou a filósofos e a personaxes bíblicos (A lapidación de Santo Estevo, 1625), aínda que tamén tratou o tema mitolóxico (Artemisa, 1634) e o retrato (A parella feliz, 1634). O segundo período correspondeuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidiu o Consello de Comisarios do Pobo á morte de V. I. Lenin (1924), e foi destituído en 1930 pola súa oposición á colectivización. Procesado por desviacionista, foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. Presidiu o consello de rexencia (1868-1872) e foi xestor da Constitución de 1869. Foi primeiro ministro en catro ocasións entre 1867 e 1888 e ministro de Asuntos Exteriores (1872-1873 e 1876-1880). No Congreso de Berlín obtivo a independencia de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Destacan os seus poemas recollidos en Profecía de Guatimoc e as obras dramáticas La Capilla (1837) e Muñoz, visitador de México (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa holandesa. Comezou baixo a influencia filosófica de Spinoza, e evolucionou cara a unha poesía social e, finalmente, socio-relixiosa. Ademais das súas biografías, destacan Sonnetten en verzen in terzinen geschreven (Sonetos e versos escritos en tercetos, 1896), De nieuwe geboort (O renacemento, 1906), De vrouw in het woud (A muller na selva, 1912) e Uit de diepte (Desde a profundidade, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Axudante e discípulo de Pietro da Cortona, traballou na catedral de Viterbo e en París, onde, a petición da corte, decorou o palacio de Mazzarino e a Salle des Saisons do Musée du Louvre (1648-1659).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. Urbanizou Peterburgo, cidade onde construíu o Palacio Mikhajlovskij (1819-1823), o hemiciclo do Estado Maior, diante do Palacio de Inverno, o Teatro Aleksandrinskij (1832) e a praza dos Decembristas, cos edificios do Senado e do Sínodo, unidos por un arco de triunfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo ucraíno. Realizou diversas viaxes de estudo á Rusia meridional, pero coa Revolución Rusa marchou a EE UU (1918) e naturalizouse estadounidense. Foi profesor nas universidades de Wisconsin (1920-1925) e Yale (1925-1944). Das súas obras destacan Iranians and Greeks in South Russia (1922), The Social and Economic History of the Roman Empire (1926), A History of the Ancient World (1926-1928) e The Social and Economic History of the Hellenistic World (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do lääni de Lapin, Finlandia (21.874 h [2003]), situada á beira do río Kemi. Destaca o seu mercado de peles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Seguidor da poesía publicista, das súas obras destacan Flagi vesny (Bandeiras de primavera, 1955), Neobycajnye ostrova (Illas non vulgares, 1962), Radar serca (Radar do corazón, 1971) e Golos Goroda (A voz da cidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e patriota italiano. Amigo de G. Mazzini, foi condenado a morte por contumacia (1833) e viviu moitos anos exiliado en Inglaterra. Escribiu moitas novelas en inglés e da súa obra destacan Lorenzo Benoni (1853) e Il dottor Antonio (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Formado no taller de A. del Verrocchio, foi autor de tres imaxes de bronce (1506-1511) para o baptisterio de Florencia, e dunha Madonna con bambino. O seu estilo foi clasicista primeiro e próximo ás novas tendencias manieristas despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto flamengo. Mestre do consello da Municipalidade de Bruxelas, onde fixo a torre do concello (1448-1455) e interveu na construción da colexiata de Sinkt Goedele, en 1459 foi nomeado inspector de construcións de Brabante. En Lovaina construíu a igrexa de Sinkt Gertrud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico flamengo. Ordenado sacerdote en 1317, retirouse (1343) a un bosque de Groenendael, onde organizou en 1350 unha comunidade segundo a regra dos cóengos de San Vítor de París. A súa doutrina representa unha síntese das teoloxías escolástica e espiritual, de tendencia platonizante, do Pseudo-Denís. A súa obra Van der Cierheit der gheesteleker Brulocht (Do ordenamento das vodas espirituais), foi impugnada como favorecedora do panteísmo e contraria á constitución Benedictus Deus, de Benedito XII, sobre a visión beatífica, e máis tarde criticada por Bossuet. Venerado como beato, o seu culto foi recoñecido por Pío X en 1908. A súa festividade celébrase o 2 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Paisaxista, as súas composicións potencian a profundidade e buscan a unidade espacial mediante a luz. A súa obra, dun cromatismo parco en cores, pasou dunha gran fidelidade descritiva a un certo romanticismo, despois dunha viaxe aos límites de Alemaña e o contacto con Berchem e a escola de Utrecht (1650. Influíu en J. Constable e na escola de Barbizon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Pordenone, formouse con G. Bellini e Giorgione. Destacado representante do manierismo, traballou na catedral de Cremona (1521-1522), na igrexa da Madonna di Campagna en Piacenza (1528), na catedral de Pordenone, onde realizou Madonna della Misericordia (1515) e na catedral de Treviso (1520).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso xudicial que tivo lugar en Massachusetts en 1920, en que dous inmigrantes italianos de ideoloxía anarquista, Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, foron acusados de roubo e asasinato e condenados a morte. A súa execución en 1927 levantou unha onda de indignación internacional. En 1977 a xustiza estadounidense recoñeceu a inocencia dos acusados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A excepción de.

    VER O DETALLE DO TERMO