"dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Northumbria, Inglaterra. Foi un importante centro cultural e relixioso, cunha importante escola de copistas na que se crearon formas propias de filigrana, animais e plantas, entre as que destaca Evanxeliario de Lindisfarne. No s X a comunidade trasladouse a Durham.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do metabolismo dos lípidos.
-
PERSOEIRO
Político e mestre. Exerceu na escola normal de Cuenca (1919). Afiliado ao PSOE, foi un dos animadores e fundadores da FETE e deputado socialista en 1931, 1933 e 1936. Director xeral de ensino primario (1931-1933), presidiu un ambicioso programa de construción escolar e foi un impulsor da renovación pedagóxica e defensor da escola pública e democrática de España. Despois da derrota republicana instalouse en Francia (1939) e presidiu o goberno da república no exilio, entre xaneiro e xullo de 1947. Como secretario xeral do PSOE (1951-1974) realizou un intenso labor de reorganización do socialismo no exilio e participou na reunión da oposición democrática española en Múnic (1962). En 1972 o partido escindiuse e Llopis constituíu o PSOE (Histórico), mentres Felipe González accedeu á secretaría xeral do PSOE, á fronte dos renovadores. Volveu a España en 1976 e presentouse sen éxito ás eleccións de 1977 como senador por Alacant. Das súas obras destacan El desarme moral (1931), La...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de protesta e resistencia dos proletarios ás tecnoloxías e prácticas de traballo innovadoras que xurdiu entre os obreiros ingleses a comezos do s XIX. Recibe o nome de Ned Lud, obreiro que en 1779 destruíu un telar mecánico. Na súa loita contra o telar de vapor os ludistas dedicáronse á destrución das máquinas e dos centros fabrís nos condados industriais británicos entre 1811 e 1818. Posteriormente, os traballadores cataláns en 1835 e en 1855, e tecedores da Silesia en 1840, imitaron estas medidas.
-
-
Relativo ou pertencente ao ludismo.
-
Seguidor ou partidario do ludismo.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Wisconsin, EE UU (208.054 h [2000]). Está situada á beira do lago Mendota. Destaca a industria eléctrica, química, mecánica, alimentaria e a derivada da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Membro da convención constitucional de Virginia, promoveu a Convención de Philadelphia (1787) e dirixiu a redacción da Constitución. Como deputado (1789-1799) foi un dos fundadores do Republican Party. Elixido presidente (1809-1817), declarou a guerra a Reino Unido (1812-1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político-relixioso dirixido por un mahdī.
-
-
Relativo ou pertencente ao mahdismo.
-
Adepto ou seguidor dun mahdī.
-
-
PERSOEIRO
Viaxeiro e xeógrafo. Coñecido tamén como al-Muqaddasī, foi autor dunha descrición dos países islámicos occidentais que visitou, a excepción de Al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor polaco. Coñecido como Louis Marcoussis, naturalizouse francés e en París (1903) recibiu a influencia do impresionismo e participou do cubismo, ao que contribuíu cunha obra de cores vigorosas e intensas, e unhas enxeñosas formas plásticas como Nature morte au daumier (1912) e L’habitué (1920). Destaca tamén a obra gravada, especialmente os Alcohois de Apollinaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
avelaíña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compositor que escribe pezas musicais con melodías agradables ou orixinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.
-
-
-
Calidade de metódico.
-
Postura favorable ao emprego de métodos.
-
-
Doutrina e movemento relixioso que xurdiron no s XVIII, ao redor da predicación do sacerdote anglicano John Wesley. As súas reunións, celebradas entre 1729 e 1735 con outros estudantes da Oxford University, dos que destacan o seu irmán Charles Wesley e George Whitefield, constituíron as bases desta doutrina, contraposta á da predestinación de Xoán Calvino. O metodismo sostén que todo individuo pode lograr a salvación mediante a experiencia relixiosa persoal, que se consegue a través dunha vida escrupulosamente estrita. Aínda que sempre foron rexeitados pola Igrexa Anglicana, os metodistas insistían en non considerarse unha Igrexa diferente, senón a sociedade máis disciplinada do anglicanismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao metodismo.
-
Partidario do metodismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Displasia ou desenvolvemento defectuoso da medula espiñal, que causa deformacións e trastornos funcionais.
-
PERSOEIRO
Escritor lituano. Naturalizado francés (1931), publicou narrativa, obras dramáticas e poesía, principalmente simbolista. Escribiu ensaios filosóficos, traballos de eséxese e estudos de antropoloxía histórica. Da súa produción destacan as obras Les poèmes des décadences (1899), L’amoureuse initiation (1910), Miguel de Mañara (1912), Ars Magna (1924) e La clef de l’Apocalypse (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de audio dixital utilizado para a gravación e a reprodución en disco magnetoóptico. Foi presentado por Sony en 1992. De calidade comparable ao disco compacto, permite o acceso aleatorio aos datos, a posibilidade de cambiar de pista ou de reproducir fragmentos musicais sen interrupcións e admite a gravación do mesmo disco múltiples veces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de propiedade e explotación das áreas rurais e agrícolas en que predomina o réxime do minifundio.