"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Acción de esquecer ou esquecerse.

    2. Situación na que está algo ou alguén dos que ninguén se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos fundamentais de esqueletos: o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto. Entre os principais exoesqueletos destacan os dalgúns protozoos, como os dos froaminíferos, radiolarios e amébidos, con cuncha, formados por carbonato de calcio, sílice e distintos materiais, respectivamente; os dos corais ou outros cnidarios coloniais, de soporte e protección; a cuncha dos moluscos que serve case exclusivamente de protección; e o dos artrópodos, composto por unha serie de placas independentes e articuladas que cobren todo o corpo e lles confiren unha gran mobilidade. Tamén se atopan exoesqueletos en distintos peixes, como o cabaliño de mar ou as agullas, nos réptiles quelonios e crocodilos e nalgúns mamíferos, como o armadillo. O endoesqueleto atópase nalgúns protozoos rizópodos e forma o soporte interno dos poríferos ou esponxas, nos que está formado por...

      2. Conxunto de ósos dun vertebrado morto.

    1. Persoa que está extremadamente delgada.

      1. Estrutura ou parte interna de algo.

      2. Estrutura interna dun edificio.

    2. Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo.

    3. Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.

    4. Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo. Os solos ricos neles denomínanse solos esqueléticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario humorístico republicano aparecido en Barcelona en 1872. Cesou a súa publicación o 6 de xaneiro de 1939 (nº 3.097). Editado pola familia López, propietaria da Librería Española e da publicación La Campana de Gracia, inicialmente tirou do prelo números soltos. As súas críticas centrábanse na clase política, especialmente na municipal. Trátase da segunda publicación de maior traxectoria en lingua catalana, que chegou a contar cunha tiraxe de 35.000 exemplares en 1936. Nela colaboraron destacados ilustradores, caricaturistas e humoristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Academia de Bellas Artes de Sevilla e en 1831 trasladouse a Madrid con J. Gutiérrez de la Vega. Foi pintor de cámara (1843) e profesor de representación anatómica na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi membro dende 1847. Cultivou a pintura histórica, relixiosa e mitolóxica e, fundamentalmente, o retrato romántico. Entre as súas obras destacan La transfiguración del Señor, La caída de Lucifer (1841), Concha Argüelles, Lectura de Ventura de la Vega ante los actores de su época (1854) e Lectura de Zorrilla en el estudo del artista (1846). Entre outros textos didácticos escribiu Tratado de Anatomía Pitórica (1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • procariótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de establecer ou establecerse.

    2. Local no que se desenvolve unha actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estacionar ou estacionarse.

    2. Lugar no que se estacionan vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en maio de 1811 e que se considera como o primeiro periódico de Lugo. Recibiu diversos epígrafes e denominacións, entre elas: Estado Mayor. 6º Exército. Resultado de las operaciones de este Exército; Quartel General del Exército. Diario de Operaciones del Ejército Español; Boletín del 6º Cuerpo del Ejército. Diario del 6º Cuerpo de Operaciones. Os seus artigos acompáñanse de datos sobre outros corpos do exército e novas sobre recoñecementos e actos de valor e heroísmo dos soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios. Distinguíanse tres estamentos ou estados fundamentais, dous deles privilexiados, o nobiliario e o eclesiástico, e outro non privilexiado, o pobo. A pertenza a un dos tres estamentos determinábaa o nacemento, e o cambio de status era practicamente imposible como consecuencia do carácter corporativista dos mesmos. Dentro dos propios estamentos existían gradacións; así, o estado común estaba integrado por vasalos, servos, pequenos propietarios agrícolas, artesáns, mercadores e a burguesía urbana, que desde o s XIII accedera aos postos de poder nos gobernos municipais. A división social reflectíase nas cortes, nos estados xerais e nos parlamentos, onde a sociedade estaba representada por estamentos. Dende a segunda metade do s XVI e como consecuencia da crise da sociedade medieval, a distinción entre estamentos tendeu a desaparecer, ata que trala Revolución Industrial apareceron...

      2. Nome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas coroas de Castela e Aragón.

      3. estamento de próceres

        Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Constituíano os membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.

      4. estamento de procuradores

        Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.

    1. Grupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estancar ou estancarse.

    2. Situación prolongada dunha economía en que o crecemento do produto total ou por habitante é moi pequeno, inexistente ou negativo. Pode afectar a unha industria, a un sector ou a unha economía considerada globalmente. Neste último caso pódese falar de diferentes situacións de estancamento, entre outros, o que se dá nas diferentes fases do ciclo económico nas economías industriais e o producido nos países pobres e subdesenvolvidos, onde a escaseza de medios de produción e a organización económica e social tradicional manteñen a economía estabilizada en baixos niveis de renda. Pode tamén estar provocado por causas externas, como as guerras ou a inestabilidade política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novicio xesuíta polaco. Realizou estudios clásicos en Viena. Conta a lenda que alí se lle apareceu a Virxe co neno e comungou da mans dun anxo. Con 17 anos fuxiu a pé cara a Alemaña e Roma, onde foi admitido no noviciado por san Francisco de Borja e ingresou na Compañía de Xesús. Foi canonizado por Benedicto XIII en 1726. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe e leva, como atributos persoais, unha azucena sostida por el ou por un anxo que o acompaña (símbolo da pureza), e outras veces ten aos seus pés unha arma de fogo ou unha peza de artillería (como protector de Polonia). A súa festividade celébrase o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir. Estudiou en Polonia e París e foi bispo de Cracovia (1072-1079). Enfrontouse ao Rei Boleslao, botándolle en cara as crueldades e inxustizas que cometía co seu pobo e ameazándoo con terribles castigos se non se arrepentía. En vinganza, o mesmo rei asasinouno no altar mentres celebraba a misa. O Papa Inocencio canonizuno en 1253. Na iconografía viste de pontífice, con báculo e mitra, e leva como atributo persoal un cadáver resucitado. A súa festividade celébrase o 11 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera composto de estaño en que este actúa cun número de oxidación +4. Os estannatos alcalinos empréganse en tinturería e impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do estribo que se realiza en casos de otosclerose en fases avanzadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estarrecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘parado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cápsulas resistentes e duras, propias dos ectoproctos, que conteñen unha masa de células xerminativas. Fórmanse durante o verán e outono e cando a colonia morre fican libres para dar lugar a novas colonias na primavera seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano hidroestático do equilibrio que está presente en moitos invertebrados. Cada estatocisto está constituído por unha cavidade central, chea de líquido, delimitada por unha parede de células sensoriais ciliadas, cos cilios dirixidos cara á cavidade central. No interior da cavidade central hai uns corpúsculos móbiles chamados estatólitos, formados por gránulos de carbonato cálcico, de area ou doutros materiais, que, segundo a posición do animal no espacio, descansan sobre unhas células ou outras da parede, e estimulan os diferentes cilios das células; deste xeito proporciónanlle información ao animal sobre a posición do corpo, ou dunha parte do mesmo. Os canais semicirculares do oído dos vertebrados teñen unha función semellante. Tamén se denomina otocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte fixa dunha máquina eléctrica. Nas máquinas de corrente alterna ten xeralmente a forma dun tubo cilíndrico, cun dentado no seu círculo interior, que forma as rañuras onde van aloxadas as bobinas. Nas máquinas de corrente continua, o estator está formado por unha armadura cilíndrica que leva fixos no interior os polos ou pezas polares coas bobinas correspondentes.

    2. Parte fixa dun mecanismo sobre a que xira outra parte, móbil, denominada rotor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor de reacción de tipo atmosférico, inventado por René Lorin en 1913, que aspira o aire de combustión por efecto da velocidade da aeronave que impulsa. Está constituído por un conduto de aspiración do aire seguido dun difusor onde se incrementa a presión. O aire entra na cámara de combustión e o combustible, ao queimarse, produce unha enerxía que se tranforma en enerxía cinética na expansión que se produce na tobeira de saída de gases. É moi apropiada para a propulsión de mísiles.

    VER O DETALLE DO TERMO