"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Mondoñedo ou de Viveiro, que pode aparecer representada nos tratados heráldicos coa forma Basante. Os membros desta caste espalláronse por toda Galicia e fundaron casas no Barco, Cedeira, Bande, A Coruña, Mondoñedo, Oleiros, Rioaveso, Barreiros e, sobre todo, nos arredores de Mondoñedo. Os de Valladolid descenden dos de Ansemar en Castro de Rei. Entroncaron con nobres familias galegas como os Pedrosa. As súas armas levan escudo mantelado: primeira partición, en campo de sinople, cunha árbore da súa cor natural, perfilada de ouro e, ao seu pé, unha fonte con augas de azul e prata; segunda partición, en campo de goles, cunha serpe descabezada, da súa cor natural; terceira partición, en campo de azul, co signo de Salomón de ouro; bordo de sable, con catro aspas de prata. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con medio corpo dianteiro dun cervo de sable, acompañado de catro cruces planas de goles, unha en cada...
-
GALICIA
Escritor e catedrático de Lingua e Literatura Española no instituto Rey Pastor de Madrid. Foi director da colección de Historia de la Literatura Española da editorial Cincel e da Biblioteca Básica de Literatura da Editorial Anaya. Exerceu como profesor de Didáctica Especial da Literatura no ICE da Universidad Complutense de Madrid e de Literatura Española nas universidades americanas de Massachusetts e Rhode Island. Ten publicado traballos de crítica literaria en La Voz de Galicia, ABC Cultural, Nueva Estafeta, e no apartado cultural de La Razón e do xornal El Mundo, e as obras Cuarenta años de novela española (1939-1979) (1979), La novela de Baroja. El esperpento de Valle-Inclán (1980), Literatura de la posguerra: la narrativa (1980), Cervantes (1981), La novela española de nuestra época (1990), Cervantes y la creación de la novela moderna (1992) e Baroja o la novela en libertad...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que bascula.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto francés. Foi profesor de Dereito Internacional na Sorbona. Membro do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia (1946-1964), do que foi presidente (1949-1952). Representou á Academia das Ciencias Morais e Políticas na Unión Académica Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e teólogo alemán, coñecido co pseudónimo de Bernard de Nordalbingen. Influído polas ideas do filósofo inglés Locke e do francés Rousseau, en 1774 proxectou unha reforma educativa que aplicou no instituto Philanthropinun de Dessau (1774-1793), do que foi director, e promoveu a creación de escolas semellantes durante o s XVIII. Basedow defendeu a educación activa e humanística. As súas leccións influíron en Pestalozzi. Escribiu, entre outros, Vorstellung an Menschenfreunde und vermögende Männer über Schulen (Proposición aos filántropos e aos poderosos sobre as escolas, 1768) e Elementarbuch (Libro elemental, 1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto de autonomía aprobado na primeira asemblea de delegados da Unió Catalanista celebrada en Manresa en 1892, onde o conservadurismo catalán establecía por primeira vez a súa aspiración de autogoberno. Os 248 asistentes, presididos polo arquitecto Lluís Domènech, aprobaron unhas Bases para a constitución rexional catalana, coñecidas como bases de Manresa. A primeira base estaba dedicada á configuración do poder central; as restantes, ata dezasete, á organización das institucións e ás competencias da futura autonomía (orde pública e cuño de moeda, oficialidade da lingua catalana, descentralización comarcal e municipal, etc).
-
ILLAS
Illa do sur das Filipinas, separada da península de Zamboanga polo estreito de Basilan (1.263 km2; 201.407 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade das Filipinas, na illa de Basilan (49.891 h [1980]). Tamén se coñece cos nomes de Basilian City ou Isabela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano, coñecido tamén co pseudónimo de Gian Alesio Abbattutis. Cultivou a poesía na súa obra Muse napoletane (1635) e a narración curta, á maneira de Boccaccio, en Lo cunto de li cunti ovvero lo Trattenimiento de peccerille (1634-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a san Basilio, ás diversas ordes que inspirou ou aos seus membros.
-
Monxe que segue a regra de san Basilio. Esta denominación foi establecida pola curia romana na época medieval para designar os monxes gregos da Italia meridional que observaban as Ascéticas de san Basilio. O Papa Gregorio XIII constituíu a orde basiliana de Italia e de España (1597) ao estilo das ordes monásticas occidentais; a de España desapareceu no 1855; as de Italia teñen a casa nai na abadía de Grottaferrata, no Lacio. Os basilianos estuditas foron fundados no ano 1900 en Vulka polo metropolitano de L’viv (Ucraína), Andreï Szeptyckyj, segundo as regras de san Teodoro Estudita (759-826). Despois da Segunda Guerra Mundial un grupo deles emigrou ao Canadá e fundou un mosteiro en Woodstock (Ontario).
-
-
-
Relativo ou pertencente a Basilea.
-
Natural ou habitante de Basilea.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (867-886), coñecido como o Macedonio, fundador da dinastía macedónica. De orixe modesta, converteuse en confidente do Emperador Miguel III, a quen fixo asasinar no 867. Recoñecido Emperador, restableceu o creto do malparado tesouro público e reorganizou a administración de xustiza e o exército. Intentou reconciliar a igrexa grega coa romana, motivo polo que destituíu o patriarca Focio por Ignacio (seguindo os desexos do Papa) e reuniu o VIII Concilio Ecuménico en Constantinopla (869-870). Consolidou a presenza bizantina en Rusia, Macedonia, Serbia e Bulgaria, expulsou os árabes de Asia Menor e tentou restaurar a autoridade do Imperio Bizantino sobre a Italia meridional (reconquista de Benevento e Bari). Baixo o seu reinado principiou a reforma legal coa publicación de dous manuais: o Prókeheiros nómos (Manual de dereito) e o Epanagogé. Asociou ao trono os seus fillos Constantino e León; sucedeuno este último.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (976-1025), coñecido como Bulgaróctonos ‘matador de búlgaros’. Fillo de Romano II e de Teofán, o seu reinado principiou á morte de Xoán I Tzimisces (976). No 996 iniciou a loita contra Bulgaria e no 1014, trala derrota definitiva do Tsar búlgaro Samuel, converteuna en provincia bizantina (1018). Fixo fracasar a insurrección dos grandes propietarios rurais en Asia Menor e promulgou diversas medidas que favorecían os labregos. Consolidou o dominio do Imperio en Siria e na Italia do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Regra monástica fixada por San Basilio o Grande durante o tempo que permaneceu xunto con numerosos discípulos preto de Neocesarea. A ascética basiliana está influída polo dualismo platónico. As principais regras refírense á vida en común, ao silencio e á temperanza. A acción apostólica dos monxes proxéctase cara á beneficiencia e ao ensino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir cristiá de Roma, da época de Nerón, executada xunto con Anastasia. Unhas tradicións fannas naturais de Xátiva e bautizadas polo Apóstolo Paulo, a quen seguiron a Roma. A ermida das Santas da Albacara de Xátiva está dedicada a elas. A Igrexa Católica celebra a súa festividade o 15 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baxkiria.
-
PERSOEIRO
Actor e director cunha longa traxectoria no teatro non profesional, fundamentalmente nos grupos Toxos e Froles e Amistade, de Ferrol; Agustín Iserni, de Redes (Camouco, Ares); ou Luzada, de Betanzos. Co Centro Dramático Galego participou nos espectáculos A fiestra valdeira (1994) e Valle-Inclán 98 (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Iniciouse no mundo marxinal do grafito de Nova York, coa sinatura Samo. Proxectouse internacionalmente da man de Andy Warhol a comezos da década dos anos oitenta. A súa obra sintetiza o primitivismo totémico de raíces africanas e un expresionismo con connotacións simbólicas do mundo urbano.
VER O DETALLE DO TERMO