Bases de Manresa
Bases de Manresa
Proxecto de autonomía aprobado na primeira asemblea de delegados da Unió Catalanista celebrada en Manresa en 1892, onde o conservadurismo catalán establecía por primeira vez a súa aspiración de autogoberno. Os 248 asistentes, presididos polo arquitecto Lluís Domènech, aprobaron unhas Bases para a constitución rexional catalana, coñecidas como bases de Manresa. A primeira base estaba dedicada á configuración do poder central; as restantes, ata dezasete, á organización das institucións e ás competencias da futura autonomía (orde pública e cuño de moeda, oficialidade da lingua catalana, descentralización comarcal e municipal, etc).