Baset

Baset
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe francesa orixinaria da vila de Dárudi (Bearne-Francia), desde onde pasou a Catalunya e Navarra. Con diferente grafía, emprega tamén a forma Basset. As armas dos de Navarra levan escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, con tres faixas de azul; segunda partición, en campo de ouro, con dúas faixas de goles e, entre elas, tres veneras de prata. Outra variante, semellante á anterior, trae: na primeira partición, en campo de ouro, tres faixas de azul; e na segunda partición, en campo de ouro, dúas faixas de azul, con cadansúas tres veneras de prata.