Basi

Basi

Asentamento ao aire libre situado en Serra-di-Ferro (Córsega). Proporcionou unha secuencia estratigráfica, dende o Neolítico antigo ata a Idade do Bronce, válida para o estudo da transición entre esas dúas ocupacións. O nivel neolítico (5750 a C) amosa un modelo baseado nunha economía gandeira e con escasos intercambios co exterior. No nivel superior (3250 a C) xa edificaban cabanas con zócolos de pedra, baseaban a súa economía na agricultura e na gandería, e mantiñan contactos co exterior.

Palabras veciñas

Baset | BASF | Bashō | Basi | basi- | basibión | BASIC