"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Narrador e poeta posneorrealista italiano de orixe xudea. Colaborou en Letteratura, Botteghe Oscure e Paragone, e publicou ensaios literarios e poesía. A súa obra narrativa, chea de amargura, describe as vicisitudes duns personaxes provincianos nun mundo brutalmente trastornado. Il giardino dei Finzi-Contine (O xardín dos Finzi-Contine, 1962) é a máis coñecida. Escribiu tamén Dietro la porta (Detrás da porta, 1964), L’airone (A garza, 1968), etc. No volume Il romanzo di Ferrara (A obra de Ferrara, 1980) reuniu e refixo toda a súa obra narrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e organista italiano. Foi príncipe da Accademia dei Filarmonici, de Boloña (1863), e mestre de capela en Módena, Ferrara e Bérgamo. Impulsou a técnica violinística e o desenvolvemento da sonata. A súa obra instrumental sitúase entre os anos 1677 e 1700, e compuxo arredor de cen cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome toponímico de varios pintores italianos dos ss XVI e XVII co que foron coñecidos os membros da familia Da Ponte (ss XVI-XVII), familia de pintores venecianos orixinarios de Bassano. Francesco Bassano o Vello (Bassano, Venecia 1475? - 1530?) foi o iniciador da tradición pitórica. Iacopo Bassano (Bassano 1517 - 1591) foi o representante máis célebre da familia. Francesco Bassano o Novo (Bassano 1549 - Venecia 1592), fillo e discípulo do anterior, colaborou con este na decoración do Palacio Ducal de Venecia, onde se estableceu en 1579. Leandro Bassano (Bassano 1557 - Venecia 1622), tamén fillo e discípulo do Jacopo, foi apreciado sobre todo polos seus retratos. A obra desta familia está representada no Museo Cívico de Bassano. Giovan Battista (Bassano 1553 - 1613) e Gerolamo (Bassano 1566 - Venecia 1621) continuaron a traxectoria iniciada polo seu pai e os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, o membro máis destacado da familia Bassano. Autor de pintura relixiosa e de retratos, atravesou unha etapa manierista na que estableceu relacións co Greco. Estivo influído pola pintura flamenga, pero tamén por Tiziano, Tintoretto e o Veronés. De temática relixiosa, a súa pintura incide na acción e nos aspectos cotiáns, constituíndo un fito na evolución do realismo pitórico. Centra a súa atención máis que no tema da obra, nos compoñentes da acción. Tecnicamente supera o falso dilema entre o luminismo de Tintoretto e o cromatismo do Veronés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Graduouse na escola de drama da Universidade de Yale. Traballou en Broadway e en numerosas teleseries americanas. Foi nominada ao Oscar pola súa interpretación en What’s love got to do with it (Tina, 1993). Rodou tamén as películas F/X (F/X: efectos mortais, 1986), City of hope (A cidade da esperanza, 1991), Malcolm X (1992) e Contact (Contacto, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En cantidade suficiente. OBS: Non presenta flexión de xénero. A súa posición con respecto ao substantivo non é indiferente, aínda que non será relevante se existe unha especificación sintagmática que indique a referencia final de ‘bastante’ ou se se sobreentende (

    2. En cantidade tal que xa non cómpre máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Brión. Foi construída na segunda metade do s XVII sobre un templo románico anterior. O proxecto atribúeselle a Francisco A. Fernández Sarela, mais nela traballaron os mestres locais Juan A. Nogueira e Tomás do Río. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII e unha cruz parroquial de 1826. O campanario construíuse en 1827.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da Catedral de Tui. Desenvolveu o seu labor entre os anos 1769 e 1790, aínda que xa era organista da catedral cando accedeu ao maxisterio. Consérvanse 25 composicións saídas da súa man, a maior parte a catro ou cinco voces e orquestra, que manteñen un estilo barroco a pesar de que o tránsito ao Clasicismo se verificaba no seu período compositivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bastitania Territorio da Península Ibérica ocupado polos bastetanos, pobo que durante boa parte do primeiro milenio habitou dentro da área de influencia tartésica e mastiena. Posteriormente, a causa da proximidade de Cartago Nova, edificada no 228 a C sobre as ruínas de Mastia (núcleo dos mastienos), recibiron unha considerable influencia púnica. A finais do s III a C, Lucio Cornelio Escipión, irmán de Publio, ocupou a Bastetania (que non foi totalmente sometida ata o comezo do s II a C), expedición que representou o comezo do dominio romano do S da Península Ibérica, entrando a formar parte do convento xurídico de Cartago Nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Baeza, aos seus habitantes ou aos bastetanos.

    2. Natural ou habitante de Baeza.

    3. Pobo prerromano establecido no SL da Península Ibérica, que ocupaba parte das actuais provincias de Murcia, Almería, Granada e Jaén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral noroccidental da illa de Ons, na parroquia de Ons (concello de Bueu), situada entre a punta Estrepeiral (ó SO) e o illote Xubenco (ó N).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo alemán, considerado o fundador da moderna etnografía. En 1862 fundou o Zeitschrift für Ethnologie; foi tamén un dos fundadores da Berliner Anthropologische Gesellschaft (1869). Entre as súas obras destacan Der Völkergedamke (1881) e Allgemeine Grundzüge der Etlhnologie (1884), onde introduce algúns dos conceptos básicos da etnoloxía actual. Bastián cría na uniformidade física de toda a humanidade, sendo o ambiente a causa da diversidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido Lesotho antes da súa independencia (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1943 e dirixida por Tay Garnett. Foi interpretada por Robert Taylor, George Muyphy, Thomas Mitchell e Lloyd Nolan. Filme baseado nos incidentes bélicos das illas do Pacífico en plena Segunda Guerra Mundial, con escenas realistas de gran calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa sudoccidental de Cuba, no mar das Antillas. Esténdese entre a península de Zapata, ao L, e os Cayos de San Felipe, ao O. Polo S péchao a Isla de la Juventud (illa de Pinos) e o arquipélago de Los Canarreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Simultaneou a súa profesión de médico co mundo da canción. Dende que gravou o seu primeiro disco, Ahí vén o maio (1975), a súa obra vén sendo referente obrigado na historia da canción galega. O repertorio inclúe poemas musicados dun amplo abano de autores da nosa literatura (Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro) e producións propias. Posteriores gravacións son Ballet da nena (1990), Eres un fármaco (1993), con textos en galego e castelán, Tu retrato (2007), Había que chegar (2014) e 70 y 29 (2016)

    VER O DETALLE DO TERMO