Bastetania
Bastetania
ou Bastitania Territorio da Península Ibérica ocupado polos bastetanos, pobo que durante boa parte do primeiro milenio habitou dentro da área de influencia tartésica e mastiena. Posteriormente, a causa da proximidade de Cartago Nova, edificada no 228 a C sobre as ruínas de Mastia (núcleo dos mastienos), recibiron unha considerable influencia púnica. A finais do s III a C, Lucio Cornelio Escipión, irmán de Publio, ocupou a Bastetania (que non foi totalmente sometida ata o comezo do s II a C), expedición que representou o comezo do dominio romano do S da Península Ibérica, entrando a formar parte do convento xurídico de Cartago Nova.