"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao Baxkiriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Baxociano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo piso do Dogger ou Xurásico medio, situado enriba do Aaleniano e por debaixo do Batoniense. Comprende catro zonas de amonitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz norteamericana. Estudiou Arte Dramático con María Ouspenskaya e debutou aos trece anos no teatro, en Broadway. En 1940 iniciou os seus traballos en Hollywood; gañou o Oscar á Mellor Actriz polo seu traballo en The razor’s edge (O fío da navalla, 1946) e foi nominada por All about Eve (Eva espida, 1950). Nos seus últimos anos como actriz traballou na serie de televisión Hotel. Escribiu unha biografía titulada Intermission: a true story (Intervalo: a verdadeira historia). Participou nos filmes: Twenty mule team (Puño de ferro, 1940), Five Graves to Cairo (Cinco tumbas no Cairo, 1943), The ten Commandments (Os dez mandamentos, 1956), Cimarrón (Cimarrón, 1960) e Jane Austen in Manhattan (Jane Austen en Manhattan, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Confeccionou o primeiro atlas celeste, Uranometría (1603), onde designa as estrelas cunha nomenclatura de tipo científico. Ordenou as estrelas dunha constelación segundo o seu brillo relativo. Estableceu doce novas constelacións austrais e unhas cincocentas estrelas máis das catalogadas por Tycho Brahe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Merclein e de Luzán en Zaragoza. No ano 1757 ingresou na cartuxa de Auladei, onde fixo o noviciado. Logo de realizar pequenos encargos para decorar varias cartuxas, a obra que o acredita como mestre foi a decoración da sancristía da igrexa de San Gil de Zaragoza. No ano 1793 realizou as pinturas do presbiterio da catedral de Jaca e, pouco despois, do ciclo da vida de santo Bruno, para a Cartuxa de Las Fuentes (Colegio Mayor de Santiago, de Huesca). O seu estilo mantense fiel á tradición barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Profesora nos conservatorios de Pamplona e Zaragoza e da Universidade de Verán de Jaca. De formación musical autodidacta, difundiu as obras de Federico Mompou, Jesús Guridi ou Fernando Remacha, entre outros compositores, e versionou con grande éxito a suite Iberia de Isaac Albéniz. Para piano e orquestra estreou a Rapsodia de Estella de Remacha e a Fantasía homenaje a Walt Disney de Guridi, entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Liberal, colaborador persoal do xeneral Santa Ana, opúxose á prepotencia económica da Igrexa e promoveu a desamortización. Exiliado en dúas ocasións en Europa e nos EE UU, participou activamente no movemento de independencia do seu país xunto ao xeneral Porfirio Díaz, con quen colaborou nos sitios de Puebla e México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor abstracto. Deuse a coñecer en 1941. Fíxose famoso coas vidreiras da igrexa de Pla-teau d´Assy (1950) e coas cerámicas murais da igrexa de Audincourt. É autor do gran mosaico cerámico do palacio da UNESCO de París (1958). Publicou o libro Notas sobre la pintura actual (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente das casas reais de Castela, Aragón e Navarra. Foron señores do val de Baztán, en Navarra. Algúns membros desta familia pasaron a Galicia, establecéndose en Cambados, Cores (Pontevedra) e Rianxo. A súa nobreza foi proclamada pola Real Audiencia de Galicia en Auto de 5 de febreiro de 1787, resolución confirmada polo Rei Carlos III. O tronco dos Bazán galegos disque foi Alonso Gonzalo de Bazán, personaxe que se fixo célebre logo de rescatar dos franceses o Rei de Navarra Sancho de Abarca. Esta caste emparentou con ilustres familias galegas como os condes Gutierre e Ilduara, e a ela pertenceu Emilia Pardo Bazán. As súas armas levan escudo axadrezado de prata e sable; bordo de goles, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada “Boletín interior informativo” da Empresa Nacional Bazán, de Ferrol. De periodicidade mensual e monolingüe en castelán, apareceu por primeira vez na primavera de 1957. Nela colaboraron, entre outros, o xornalista coruñés Bocelo, e os poetas Cunqueiro e González Garcés. Entre as súas seccións, á parte das dedicadas á información sobre a propia empresa, incluía algunhas de carácter cultural como “Las letras, las artes y el cine” e mesmo algún poema en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Empresa Nacional Bazán de Construcións Navais Militares, propiedade do Instituto Nacional de Industria (INI), con sede en Madrid, fundouse o 11 de xullo de 1947. Basea a súa produción nas necesidades da Armada española, distribuíndo os seus estaleiros entre Ferrol, Cádiz, Cartagena e Sestao. As orixes da empresa sitúanse en La Naval, Sociedad Española de Construción Naval, que se beneficiou do Real Decreto do 21 de abril de 1907, polo que se aprobaba un plan para a modernización da Armada española e cedía os arsenais de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Non obstante , nos primeiros anos da década dos corenta liquidouse o contrato que o Estado mantiña con La Naval, co obxecto de nacionalizar a industria naval militar, para o que se creou o Consello Ordenador de Construcións Navais Militares, de carácter plenamente estatal. Nese momento, traspasáronse as propiedades de La Naval á Empresa Nacional Bazán. En 1956, en virtude do Tratado de Cooperación e Axuda Mutua asinado entre España...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e crego ilustrado e liberal de tendencia afrancesada. Accedeu ao grao de doutor en Leis no 1782. Un ano máis tarde comezou a amosar a súa inclinación cara ao despotismo ilustrado de Carlos III. Durante a súa estancia en Madrid foi censor e fiscal da Audiencia de Dereito Público e Español. En 1801 accedeu á cátedra de Institucións Civís na Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o reinado de Carlos IV constituíu en Santiago un grupo de acción política con tendencias afrancesadas que tiñan como centro de reunión o Colexio San Xerome, o que lle supuxo inimizades e conflitos no ámbito universitario. No ano 1807 asumiu a cátedra de Historia e Elementos de Dereito Español, da que foi desprovisto en 1808 ao non adherirse ao Batallón Literario de Santiago de Compostela. Coa entrada das tropas francesas en Santiago de Compostela (17.1.1809) foi restituído na súa cátedra e asumiu diferentes cargos públicos no concello. Tivo que fuxir cos franceses cando as tropas de La Carrera entraron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capitán xeneral da armada, primeiro marqués de Santa Cruz. Combateu os corsarios franceses (1554), encargouse da vixilancia do estreito de Xibraltar (1561) e conquistou Tunes (1573). Na batalla de Lepanto contribuíu decisivamente á vitoria; durante a guerra de Portugal dirixiu as operacións navais e Filipe II encargoulle os preparativos da expedición da Armada Invencible para a invasión de Inglaterra (1588), pero morreu antes de levala a termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder carbonario francés. Entrou en contacto coa doutrina de Saint-Simon no ano 1825. Foi redactor de Produteur (1825-1826), de Organisateur (1828-1839) e do Globe (1831). Xunto con Enfantin foi cabeza do Saint-simonisme dende o mes de decembro de 1829; tamén foi un dos seus principais teóricos, como demostrou na súa Doctrine de Saint-Simon: exposition (Doutrina de Saint-Simon: exposición, 1829). A consecuencia de diverxencias doutrinais, cara a decembro de 1831 deixou o cargo que compartía con Barthélemy-Prosper Enfantin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1862 marchou a París, onde traballou no taller de Charles Gleyre, e no que coñeceu a Monet, Renoir e Sisley. Formou con eles o Grupo dos Catro, primitivo grupo impresionista. A súa obra é luminosa e ten moitos puntos de contacto coa pre-impresionista de Manet. Realizou pintura figurativa máis que paisaxe, como no Bosque de Fointanebleau (1865) ou Reunión de familia (1867), a súa obra máis coñecida. Morreu na guerra franco-prusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico cinematográfico francés. Colaborou na revista Esprit e fundou, xunto con Doniol-Valcroze, os Cahiers du Cinéma. Pódese considerar o pai espiritual da Nouvelle Vague. Publicou Orson Welles (1950), Vittorio de Sica (1951), O western (1952) e Que é o cine?

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do N da Comunidad Foral de Navarra (7.806 h [1996]), no límite co Iparralde (País Vasco Francés). A economía está baseada principalmente na gandería e na agricultura. A capital do municipio, Elizondo, é tamén o centro económico do val de Baztan. Posúe numerosas mostras de arquitectura civil do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO