"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Xogo infantil no que un dos xogadores debe atrapar ao resto dos participantes tocándolles.

    2. Xogo infantil no que algúns dos xogadores se anican para que os restantes salten sobre as súas costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sufrir contrariedades, incomodidades ou levar a peor parte nun negocio ou traballo.

    2. Facer pando ou curvar un obxecto a causa do peso, a idade, etc.

      1. Abaixarse no xogo da apanda un dos participantes para que outro salte por riba del.

      2. Recaer nalgún dos participantes do xogo da apanda a tarefa máis desagradable.

    3. Levar sobre si unha responsabilidade, carga ou culpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das acantáceas, de follas fráxiles pero ben formadas, estruxadas e brillantes, con nervios de cor crema, que integra unha sesentena de especies de procedencia sobre todo tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático grego, o máis importante da súa época, coñecido polo alcume o Díscolo, ou sexa ‘o difícil’, por mor da súa escuridade (motivada en gran parte pola súa pésima linguaxe, chea de solecismos e anacolutos). Consérvanse del catro libros: Pronome, Conxunción, Adverbio e Sintaxe. Foi o que impuxo o termo de sintaxe para designar a teoría da construción do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Montalto. Fillo natural de Fernando I de Nápoles e Diana Guardato. No 1497 recibe os feudos que pertenceran a Gian Francesco Sanseverino, perdidos no 1507 a favor de Roberto Sanseverino. Non obstante , foi sempre fiel á Casa Real de Nápoles. Casou con Castellana de Cardona, irmá do vicerrei de Nápoles Ramón de Cardona. En 1529, Carlos V nomeouno lugartenente xeral do Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca da Ribera del Duero, na provincia de Burgos, Castela e León, nas beiras do río Douro (29.222 h [1996]). Fundada por Ordoño I no 861, destacan as igrexas de Santa María (s XVI, protorrenacentista) e a de San Juan. Consérvase un grupo de vivendas góticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Foi un dos creadores na década dos sesenta da Escola de Barcelona. A súa primeira película foi Brillante Porvenir (1959). É coñecido polas súas adaptacións de obras literarias: Fata Morgana (1965), La muchacha de las bragas de oro (1980), Tiempo de silencio (1986), Si te dicen que caí (1989) e Amantes (1990, premios Goya e Sant Jordi), La pasión turca (1994), adaptación da obra de Antonio Gala. Tamén dirixiu El Lute, camina o revienta (1987), baseado no relato autobiográfico do delincuente Eleuterio Sánchez e premio internacional do Festival de Donostia, El amante bilingüe (1993), Libertarias (1996), La mirada del otro (1997) e Celos (1999). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En xullo de 1936 era xefe da gornición militar de Oviedo; logo de proclamarse leal ao Goberno Republicano, sumouse ao Alzamento militar. Foi xefe do corpo do exército de Galicia e, finalizada a Guerra Civil (1939), capitán xeneral de València. Entre 1940 e 1943 recibiu su-bornos dos gobernos do Reino Unido e dos EE UU a cambio de influír diante do xeneral Franco e evitar a participación de España na Segunda Guerra Mundial a favor do Eixe. Os seus intentos entre 1942 e 1944 de favorecer unha restauración monárquica enfrontaríano cos proxectos do ditador, que o relegou das súas responsabilidades ata pasalo á reserva (1949). Morto Franco, o Rei Xoán Carlos I rehabilitouno e ascendeuno a tenente xeneral (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Pablo Abarca de Bolea-Ximénez de Urrea y Pons de Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que fai o límite entre a parroquia de Ventín, no concello de Fornelos de Montes, e a parroquia do Piñeiro, no concello de Covelo. Ten 912 m de altitude máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio do xénero Vaccinium, da familia das ericáceas, de follas ovaladas e alternas, flores rosas ou brancas en forma de campá e froito en baia arredondada. En Galicia pódense atopar dúas especies de arandeira: V. myrtillus, de follas aserradas, pólas angulosas e verdes, e froito comestible de coloración negra violácea (o arando), propia de uceiras e bosques; V. uliginosum, de follas sen dentar, pólas arredondadas e marróns e froito tóxico de coloración negra azulada, propia de matogueiras e pastos de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil. Ten 838 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disco perforado no centro, empregado para fixar mellor parafusos, puntas, etc.

    2. Disco perforado no centro que forma parte da cociña de leña e serve para pór enriba a tixola ou as tarteiras para cociñar.

    3. Calquera disco cun burato no medio.

    4. Disco do candeeiro onde se recolle a cera que derrama a candea ao arder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da arandeira (Vaccinium myrtillus). É unha baia arredondada, de cor negra violácea e comestible. Nalgúns lugares de Galicia emprégase como medicamento contra a diabete, algunhas infeccións e outros males.

    2. Froito de sabor agridoce que se consome cru, con azucre, estufado, en sopas, en marmelada ou como ingrediente nas tortas; é un acompañamento tradicional na cociña da caza. Existe o arando vermello de sabor moi acedo que non se come cru e que se emprega na elaboración de tortas, licores e xeleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui de 1721 a 1745. No seu pontificado destaca o dourado do retablo da Expectación así como a ampliación da Capela de San Telmo e a adquisición da campá grande da Catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico canadense. Tanto a través dos seus documentais como dos propios filmes de fición, este director amosa, moitas veces dende unha posición pesimista, unha visión da realidade política e social ligada ao mundo francófono do seu país. Foi autor de películas como Rejeanne Padovani (1973), Gina (1974), Jesus de Montreal (1989) e Love and human remains (Amor e restos humanos, 1994), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor ucraíno, nacionalizado norteamericano (1928). Viviu en París e, dende 1923, nos EE UU. A partir de 1920 traballou na evocación de figuras humanas mediante a construción de ritmos xeométricos. É un dos principais representantes da investigación cubista na escultura. En 1922 retornou a un depurado clasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO