"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 10 de agosto de 1913, puxo fin á Segunda Guerra Balcánica. Supuxo unha serie de cambios territoriais: unha parte de Macedonia pasou a Serbia e a Grecia, que recibiu tamén a costa de Salónica. Romanía obtivo Salistria, e Turquía acadou Adrianápolis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte baixa do forno onde caen ou se botan, a través dun burato, a cinsa e as brasas cando se vai cocer o pan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Rwanda, situada ao SO do lago Eduardo (1.844 km2; 766.839 h [1991]). Centro de investigación en medicina tropical. A capital é Butare (28.645 h [1991]), fundada polos belgas no ano 1927 co nome de Astrida.
-
GALICIA
Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Tal, concello de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e sacerdote. Colaborou en diversos xornais e revistas galegas (Vallibria, El ideal gallego, Las riberas del Eo, etc) e publicacións da emigración galega de Bos Aires e La Habana, a miúdo baixo o pseudónimo O Bruxo dos Ermos. Publicou tamén o poemario Cóxegas (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio teatral onde se combina a presentación de números musicais, pequenas escenas, sátiras e parodias co servizo de bar. Un dos primeiros establecementos foi Le Chat Noir de París, aberto en novembro de 1881. A principios do século XX, Max Reinhardt e un grupo de actores do Deutsches Theater crearon un local similar en Berlín, Schall und Rauch, mentres en Múnic abrían as súas portas o Elf Scharfrichter e o Simplicissimus. En Barcelona hai que destacar Els Quatre Gats e en Moscova o célebre Letuchaya Mysh (O Morcego), creado por Nikita Baliev ao abeiro do Teatro da Arte. Mentres en Francia ou España os espectáculos de cabaré se asociaban ao que se coñece como “revista” ou “music-hall”, en Alemaña produciuse unha estraña combinación entre tradición e vangarda e as salas pasaban a ser un lugar onde se xuntaban grupos vangardistas e activistas políticos da esquerda máis radical, que terán un rol importante na resistencia inicial contra o nacismo. Esa mesma orientación transgresora e vangardista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1972. Foi dirixida por Bob Fosse e interpretada por Liza Minnelli, Michael York e Helmut Griem. Trátase dun musical ambientado no Berlín de 1931, no que se desenvolve unha historia de amor entre un profesor de inglés e unha muller que quere triunfar no mundo do espectáculo. Nos números musicais critícase a situación política que se está a vivir en Alemaña antes da chegada dos nazis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célebre sala de cabaré aberta en Zúric por Hugo Ball e Emmy Hennings o día 5 de febreiro de 1916. A partir dese momento sucederíanse novos encontros de artistas nos que se realizaban as máis diversas accións, normalmente coordinadas por Tristan Tzara e Marcel Janco, Hugo Ball, Jean Arpe, Richard Huelsenbeck. Por aquela sala pasaron políticos do relevo de Lenin ou coreógrafos famosos como Rudof von Laban. Foi o espazo onde naceu e se desenvolveu o movemento Dadá. Pechou as súas portas a finais de xuño do mesmo ano.
-
PERSOEIRO
Almirante portugués, descubridor e explorador do Brasil. Nomeado no ano 1500 capitán da flota portuguesa da India, na expedición cara a este territorio desembarcou nas costas do Brasil, preto de Porto Seguro, e tomou posesión do territorio en nome de Portugal o 24 de abril de 1500. Costeou e explorou a costa de África Oriental e chegou ata Calcuta. Historiadores portugueses e brasileiros consideran que a desviación na viaxe de Cabral non foi casual senón que tiña a intención de visitar o territorio concedido a Portugal polo Tratado de Tordesillas (1494).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Politólogo. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de socioloxía. Iniciouse na investigación con Juan Luis Pintos, con quen realizou varios traballos sobre metodoloxía, socioloxía política e teoría sociolóxica. Posteriormente, xunto con Ramón Máiz, centrouse no estudo das identidades colectivas, os estudios de opinión e os partidos políticos, especialmente no ámbito galego. Colaborou con diversas publicacións periódicas galegas, entre as que sobresaen Grial, Ágora ou Tempos Novos, e en libros colectivos como Os nacionalismos en Europa: pasado e presente (1994). É coautor, xunto con Máiz, da edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao. Así mesmo, é autor de As fontes da socioloxía (1987), O combate dos deuses: unha introdución a Max Weber (1990) e La nación como discurso: la estrutura del sistema ideológico nacionalista, el caso gallego (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amorodeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ri de seguido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que cacarexa.
-
-
Emitir a súa voz a galiña ou o galo.
-
Falar moito dunha cousa, difundíndoa entre a xente.
-
Ponderar en exceso e de forma reiterada as accións ou calidades de algo ou de alguén, en especial as propias.
-
-
-
Canto do galo e da galiña.
-
Son semellante ao do canto da galiña.
-
-
-
-
Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman para dar calor, como sinal, etc, e que producen fortes lapas.
-
cacharela de San Xoán ETN
Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que amontoan na tarde da véspera de San Xoán os mozos das aldeas. O amoreamento faise nun lugar céntrico do lugar e, se é posible, nun cruzamento de camiños onde están a pasar, a cotío, persoas e animais. Os veciños tentan colaborar e procuran que a súa cacharela sexa a máis grande. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, bailando e aturuxando. Ao se consumir a leña, vaise saltando por riba das últimas lapas para así poder tirar os meigallos do corpo. Ao día seguinte, pola mañanciña, faise pasar o gando por riba dos tizóns e da borralla, recitando, ao mesmo tempo, un esconxuro, para previlos de enfermidades.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘maseira (dos porcos)’.
-
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘rosquilla’.
-