"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Bombeiro. Emigrante en Bos Aires, ingresou no cuartel de vixilantes-bombeiros en 1870. Creou unha escola primaria para fomentar a alfabetización dos bombeiros. Publicou as obras: Materiales para incendios (1882), Reglamento para el personal de las bombas flotantes (1888), Servicio de incendios de las principales ciudades de Europa y América (1898) e Teatros. Su construción, sus incendios y su seguridad (1910). Recibiu as Palmas Académicas da Lexión de Honor do goberno francés e a Medalla O’Higgins ao mérito militar de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cálaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de fecundación na que a entrada do tubo polínico no saco embrionario para fecundar o óvulo se realiza pola cálaza, en lugar de facerse polo micrópilo, como é o caso máis corrente. Considérase a calazogamia como unha característica primitiva dentro das anxiospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vexetais nos que a fecundación ten lugar por calazogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e músico. Formouse na Escola Universitaria de EXB en Lugo. Pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos, fundou en 1980 o grupo Brath, do que foi batería, percusionista e dende 1999 intérprete de cancións. Entre os anos 1985-1986 dirixiu e presentou un programa de música en Ondas Galicia que acadou o Primeiro Premio Galicia de Xornalismo 1985 ao mellor programa musical. Compaxinou a súa actividade musical e literaria co seu labor como funcionario da Xunta de Galicia e coa dirección da compañía de comunicacións Sons Galiza, dedicada á gravación e edición discográfica e bibliográfica. Publicou os poemarios Anacos de silencio (1986), O sul da auga (1992) e Servicios informativos. Foi galardoado co Premio Nacional de Poesía O Facho e co Premio Meigas e Trasnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou entre 1835 e 1842 o concello da Lama. Correspondía á antiga xurisdición señorial que abranguía a maior parte das súas parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo conseguido no ano 449-448 a C entre o político ateniense Calias e o monarca persa Artaxerxes en Susa. Puxo fin ás Guerras Médicas garantindo a autonomía das cidades gregas de Asia Menor e asegurou a hexemonía ateniense no Mar Exeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do mar cando non hai vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de reconciliación asinado en Cambrai o 5 de agosto de 1529 por Luísa de Savoia, en nome do seu fillo Francisco I de Francia, e por Margarida de Austria, no do seu sobriño Carlos V; por esta razón tamén se coñece co nome de Paz das Damas. Este acordo confirmaba a renuncia por parte do rei de Francia ás súas aspiracións sobre Milán, Xénova e Nápoles e á soberanía sobre Flandres e Artois, establecida polo Tratado de Madrid (1526), e, a cambio, Carlos V recoñecía a soberanía francesa sobre Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escribán e navegante portugués. Membro da flota de Pedro Álvares Cabral, foi o autor da carta que anunciaba o descubrimento do Brasil (1500) e o primeiro en describir os indios e a natureza do novo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Na súa xuventude viviu en Lisboa onde frecuentaba a corte real. Despois de estar preso no cárcere do Tronco a causa dunha rifa cun empregado da corte, marchou para Oriente cara ao 1552. Dirixiuse a Moçambique en 1567 e volveu a Lisboa de novo en 1569. A súa obra abrangue todas as correntes artísticas e ideolóxicas do Portugal renacentista e as súas composicións líricas e mesmo as cartas, recollidas en cancioneiros particulares manuscritos, foron publicadas postumamente. En vida publicou o soneto “Vós, ninfas da gangética espessura”, e a oda e a elexía “Depois que Magalhães teve vencida”, inda que tamén é probable que escribise o soneto titulado “Ditosa pena como a mão que a guia”. A temática camoniana abrangue dende o amor, a morte, a relixión, a natureza, o destino, o paso do tempo ata a historia de Portugal. Coa súa lírica estableceu unha síntese entre a tradición peninsular e as innovacións métricas e estilísticas das tendencias italianizantes. Evitou o aristocratismo rebuscado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e escritor. Especialista na arte renacentista, foi catedrático nas universidades de Salamanca, Zaragoza e Madrid. Fundou as revistas Goya e Revista de Ideas Estéticas, foi crítico de arte do xornal ABC e director da Fundación Lázaro Galdiano. Dirixiu a enciclopedia de arte Summa Artis, na que ademais redactou os volumes correspondentes á arte española do Renacemento. Escribiu traxedias (El héroe, 1934), ensaios de filosofía (El ser en el espíritu, 1959) e de estética (El arte desde su esencia, 1940), monografías sobre diversos pintores (Dominico Greco, 1950; Velázquez, 1965; Los Ribaltas, 1958) e outras obras como Las artes y los pueblos de la España primitiva (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar do monte onde nace a herba espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado incorrectamente ao concello de Cangas para diferencialo dos concellos asturianos de Cangas del Narcea e Cangas de Onís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tiro de canón.

    2. Ruído que provoca o impacto dun proxectil lanzado cun canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tiro de canón.

    2. Ruído que provoca o impacto dun proxectil lanzado cun canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución do vigor físico ou da capacidade mental a consecuencia dalgunha actividade.

    2. Sensación de molestia provocada por algunha cousa ou persoa persistente, repetitiva ou sen de interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios. Desde a Antigüidade, observouse una clara semellanza entre a cuncha e os órganos xenitais femininos. A palabra latina pectem ou cuncha de peregrino designaba tamén a vulva. Na fala popular de Hispanoamérica chámaselle concha ao sexo da muller; en Galicia chámaselle cuncha en xeral ou dáselle o nome dalgúns bivalvos, como a ameixa. Na seguinte cántiga xógase co equívoco entre as cunchas instrumento musical -popular en Galicia- e as cunchas metafóricas: “Heiche de tocar as cunchas / miña carraspeiriña, / heiche de tocar as cunchas / naquela corredoiriña / (ou: ao son da miña gaitiña)”. Coas cunchas, nas que penetra un home ou un castrón, asno, galo, cervo, etc, -animais con fama de luxuriosos- o Bosco quixo representar, con toda probabilidade, a fornicación. Caracois, cunchas mariñas e perlas -os seus froitos- eran na Antigüidade emblemas do amor, do matrimonio...

    2. Calquera cousa semellante á cuberta calcaria dun animal.

    3. Construción que se empregaba nos teatros para tapar unha trampa no proscenio onde se agochaba o apuntador, quen axudaba os actores durante a representación lembrándolles en voz baixa as partes do diálogo que puidesen esquecer. No s XIX, os dramaturgos do naturalismo eliminárona do escenario por considerala un elemento que interfería na verosimilitude da trama, lembrándolles aos espectadores o seu carácter ficional. Os teatros actuais constrúense sen ela, xa que o texto se apunta desde os bastidores.

    4. Peza cun burato no que encaixa, para logo xirar, o fuso do lagar, o rodicio do muíño ou o eixe das portas semellantes á cancela.

    5. Instrumento de percusión, típico da tradición musical popular galega, formado por dúas valvas de vieira que emiten son ao fregalas unha contra a outra pola parte convexa.

    6. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘conta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada de vixiar ou dirixir o traballo dun grupo de obreiros.

    2. Persoa que ten ao seu cargo unha explotación agrícola.

    3. Titulado de grao inferior de estudios agrícolas, auxiliar dos enxeñeiros agrónomos e dos de montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que pode facer ou provocar algo.

      2. Aplícase á persoa da que se pode temer ou esperar calquera cousa.

      1. Que ten capacidades, atributos ou preparación suficiente e adecuada para levar a cabo unha actividade.

      2. Aplícase á persoa que ten grandes aptitudes. OBS: Emprégase normalmente precedido dun adverbio.

    VER O DETALLE DO TERMO