"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
PERSOEIRO
Militar francés. Acompañou a Napoleón I Bonaparte nas campañas de Italia e Exipto. Gobernador de Dalmacia e duque de Ragusa (1808), ascendeu a mariscal (1809) e substituíu a Masséna en Portugal (1811), pero foi derrotado por Wellington na Batalla dos Arapiles (1812). En 1814 asinou a capitulación de Essonnes. A Revolución de 1830 obrigouno a exiliarse en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. Profesional desde 1954, destacou por ser un excelente escalador. Gañou seis veces o gran premio de montaña do Tour de France (1954, 1958, 1959, 1963 e 1964), unha o do Giro de Italia (1956) e dúas o da Vuelta a España (1957 e 1958). Ademais logrou o campionato de España (1958) e o Tour de France (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de obtención de aceiro descuberto simultaneamente, con pequenas variacións, por Pierre Martin e por Siemens. Neste procedemento a escoura que se forma entre o baño metálico e a atmosfera oxidante do forno fan de vehículo portador de osíxeno. Pódense obter diferentes tipos de aceiro a partir da fusión de ferro e de ferralla, e o procedemento pode ser ácido se o revestimento do forno é de silicio, ou básico se é de dolomita ou magnesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práxedes Mateo Sagasta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das tres parellas de apéndices torácicos dos crustáceos situadas entre as maxilas e as patas camiñadoras. A súa función consiste en axudar a triturar as substancias alimenticias e facelas pasar cara á boca. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Bioquímico e político. Doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid (1956) e director do centro de bioloxía molecular do CSIC, ocupou a carteira ministerial de Educación e Ciencia (1981-1982). En 1987 converteuse en membro do Parlamento Europeo e director xeral da UNESCO, cargo que renovou en 1993. Publicou, ademais de numerosos traballos científicos, os libros de poemas A contraviento (1985) e Terral (1997), e os ensaios Un mundo nuevo (1999) e UNESCO: un idéal en action (1996). Foi nomeado doutor honoris causa por distintas universidades, como as de Montevideo, Autónoma de Barcelona, Extremadura, València, Córdoba e Granada. En 1995 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o premio Blanquerna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Fredric March, aproveitou a súa versatilidade para protagonizar papeis de galán e outros personaxes máis complexos. Participou nos filmes Dr Jekyll and Mr Hyde (1931, Oscar ao mellor actor 1932), Anna Karenina (1935), A Star is Born (1937) e The Best Years of Our Lives (1946, Oscar ao mellor actor 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína da mitoloxía grega, filla de Eetes, rei de Cólquida, e, segundo algunhas versións, de Hécate. Constitúe o prototipo da feiticeira da mitoloxía clásica e a súa lenda está vinculada á dos argonautas, aos que axuda a conseguir o vélaro de ouro para obrigar a Xasón a casar con ela. Foi traizoada polo seu esposo e asasinou os seus fillos como vinganza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morea de palla, herba seca ou monllos de cereal que se fai na leira despois de segar, para que non se molle e para que madure ben.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e realizadora cinematográfica. Estudiou arte dramática no Conservatoire de París e formouse no campo teatral coa directora Brigitte Jacques. Da súa filmografía como actriz cómpre salientar Silvestre (1980), Henry and June (1990), Huevos de oro (1993), Pulp Fition (1994) e Mi vida sin mí (2002); como realizadora dirixiu Morte do Príncipe (1991) e Capitães de abril (2000), onde tamén participou como guionista e actriz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole cristiá situada en Monterrei. Foi descuberta en 1985 e datouse aproximadamente no s VI. Está composta por varios sartegos antropomorfos exentos realizados en granito e provistos, nalgúns casos, de tampa decorada e inscricións laterais, e que presentan diferentes tamaños, segundo pertencesen a un adulto ou a un neno.
-
GALICIA
Profesor. Traballou como profesor de xeografía e historia en Rio de Janeiro. Publicou os poemas “Alfonseida”, “Portugal nació de un beso” e El portal de las Indias: poema dramático en tres actos y cuatro cuadros (1941) , e as antoloxías Antología de R. Mesoneros (1945) e Antología de Andrés Bernáldez (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor checo. Partindo do surrealismo chegou á abstracción, con predominio da pasta de cor que, perforada, era transfomada polo autor nunha suxestiva materia irradiante. Algunhas das súas obras máis destacadas foron Nu entre espiñas ou Mesa dun proxectista de torres (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega da que unha póla pasou a América. Trae por armas, en campo de prata, unha torre de pedra, superada dunha estrela de azul no centro do xefe, arrimada á torre de dous bastóns de ouro, perfilados de sable, e con bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.
-
GALICIA
Relixioso franciscano. Foi gardián do convento de San Francisco da Coruña e examinador sinodal na diocese de Santiago de Compostela. Apoiou a loita contra os franceses e defendeu a opción dunha monarquía moderada. Publicou El conquistador y defensor de España, Santiago el Mayor. Oración panegírica que en la iglesia de San Felipe el Real de esta corte, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo Reino de Galicia, pronunció en 25 de julio de 1806 el P. Fr. (1806) e Religión y Constitución hermanadas (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Foi rexente de teoloxía no convento da Coruña. Publicou Panegírico de San Agustín (1787) e Oración fúnebre que en las exequias que celebró el Real Consulado de la Coruña a su augusto fundador el Sr. D. Carlos III, dijo en la parroquia de San Nicolás el R. P. Fr. (1789).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, bañado polo Guadiana preto dos montes de Mérida (2.409 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na pesca e nas industrias derivadas. Destaca o castelo de orixe romana, reconstruído no s XIV, cunha gran torre cadrada e dous recintos divididos por unha muralla, que foi declarado BIC en 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Antioquia, situada no NL de Colombia (1.861.265 h [1999]). Atravesada polo río Porce é a segunda cidade do estado e un centro moi importante do comercio de café. Posúe as principais industrias siderometalúrxicas e téxtiles do país. É tradicional a industria dos chapeos de feltro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Medellín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Medellín.
-