"Hel" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Editor e tipógrafo alemán. En 1824 abriu unha editorial en Leipzig. A partir de 1849, entre outras publicacións científicas, editou unha colección de textos gregos e latinos e, desde 1900, o Thesaurus Linguae Latinae. A editorial trasladouse a Stuttgart en 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico sueco. Estudou na Universidade de Uppsala onde se doutorou en 1931. Creou o método de electroforese, que lle permitiu descubrir que os anticorpos están principalmente na fracción gamma das globulinas do soro. En 1948 recibiu o premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a análise química mediante a cromatografía de adsorción e a electroforese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Percorreu Italia e os Países Baixos e, finalmente, estableceuse en Frankfurt, onde sobresaíu como paisaxista. Destacan Dame in Grau (1876) e Kunsthalle Kalsruhe (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • turbopropulsor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Cofundador da revista Cosmópolis (1894), voceiro do movemento modernista en Venezuela, cultivou sobre todo o conto e a novela de ambiente crioulo. Destacan En este país (1916), La casa de las cuatro pencas (1037) e a póstuma El criollismo en Venezuela (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Viviu en París desde 1928. Naturalizada francesa, fuxiu da ocupación nazi e estableceuse en Rio de Janeiro (1940-1947). As súas obras caracterizáronse polas cores pálidas, os planos e os raiados e pódense integrar no surrealismo abstracto. Recibiu o Grande Prêmio de Pintura da IV Bienal de São Paulo (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Membro do colectivo poético Cravo Fondo (1977), participou na fundación do PEN Club de Galicia e preside a Fundación Casa-Museo de Rosalía de Castro. Publicou os poemarios Alalás (1972) e, en colaboración con X. Rábade Paredes, No aló de nós (1981, Premio Galicia) e O sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), ambos inmersos nun intimismo pesimista, no contorno característico da paisaxe galega. A estes seguíronlles Rosalía no espello (1985), Álbum de fotos (1999) e Nas hedras da clepsidra (1999, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1991). No apartado narrativo destacan as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con X. Rábade Paredes, e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991), ademais dos libros infantís Patapau (1984), Viaxe á Illa Redonda (1987), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2004) e Raúl (2005). No apartado de ensaio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • violoncellista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • violoncello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. De formación marxista, traballou temas de historia das mentalidades no s XVIII e durante a Revolución Francesa, e as actitudes ante a morte, a festa ou as mentalidades revolucionarias. Das súas obras destacan La chute de la monarchie, 1787-1792 (1972), La mentalité revolutionnaire (1985), La Révolution contre l’église: de la raison a l’Être Supreme (1988), La découverture de la politique: géopolitique de la Révolution Française (1993) e Les folies d’Aix ou La fin d’un monde (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra entre o 5 de agosto de 1883 e o 24 de agosto de 1884 (nº 57). Subtitulado “Periódico semanal de intereses generales”, estivo fundado e dirixido por Francisco Portela Pérez. De carácter cultural e independente, incluíu artigos, folletíns, bibliografías e colaboracións literarias. Foi substituído por El Noticiero Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Leipzig 22.5.1813 -Venecia 13.2.1883) Compositor alemán. Atraído pola grande ópera francesa de Meyerbeer e as óperas de Weber, escribiu as óperas Rienzi (1842) e Der Fliegende Holländer (O holandés errante, 1843), coa que iniciou un novo estilo. Desde entón seguiu ese camiño con Tannhäuser (1845), coa que se afastou definitivamente do modelo tradicional de ópera, procurando darlle unha continuidade ao discurso musical. Probou tamén o uso do leitmotiv vinculado cunha situación anímica, un personaxe ou un feito determinado. Por outra banda, deulle unha importancia moi superior á orquestra, quitando ás voces o predominio que exercían ata entón no campo da ópera. En Lohengrin (1850) mostrouse influído ata certo punto polas formas tradicionais, pero en Tristan und Isolde (1865) xa completou a súa evolución. Destes anos datan a súa ópera cómica Die Meistersinger von Nürnberg (1868) e os bosquexos dos dramas líticos da tetraloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudou a descarga eléctrica nos gases, os raios catódicos e canais, a difracción da luz, os fluídos, e sobre todo a radiación do corpo negro, sobre a que enunciou unha lei (1893) que leva o seu nome. Por estes traballos recibiu o Premio Nobel de Física (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e divulgador da arqueoloxía. Coñecido como C. W. Ceram, escribiu Götter, Gräber und Gelehrte (Deus, tumbas e sabios, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Shirley Schrift.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador da arte alemán. Partiu da pura visualidade da escola de Viena, pero decantouse cara á teoría da Einfühlung ou empatía, postulada por Theodor Lipps (1903-1906), integrándoa co concepto de abstracción nunha dialéctica de tipo binario. Desenvolveu esta teoría en Abstraktion und Einfühlung (Abstracción e empatía, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo, filósofo e psicólogo alemán. Fundador da psicoloxía experimental, o seu pensamento é unha reacción contra o positivismo e o naturalismo dominantes, e un intento de desenvolver unha filosofía científica baseada nos datos das ciencias particulares (sendo a psicoloxía científica a ponte entre as ciencias naturais e as ciencias do espírito ou ciencias culturais). A maior parte do seu traballo de investigación tivo como obxecto a experiencia e a sensación, os límites da sensibilidade e o tempo de reacción desta, servíndose da introspección como método básico.

    VER O DETALLE DO TERMO