"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do vicerreinado de Nueva España que comprendía os actuais estados de Jalisco e Nayarit e parte de Zacatecas, Aguascalientes, San Luis Potosí e Durango. Conquistado por Nuño Beltrán de Guzmán, a capital estableceuse en Compostela (actual Nayarit). Na práctica funcionou como un reino independente. Coa nova organización de Carlos III foi intendencia de Guadalajara.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir do 16 de maio de 1927, da que posiblemente só saíu un número. Subtitulada “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, estivo dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, mestre fusilado en 1937. Incluíu fotografías, contos, notas de sociedade, artigos e literatura. Firme defensora dos valores democráticos e de Galicia, tamén deu conta das actividades do Ateneo de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Madrid a partir do 17 de maio de 1937. Cesou en novembro de 1938, despois de trasladar a súa redacción a Barcelona por mor da guerra en xaneiro dese ano. Subtitulado “Portavoz de los antifascistas gallegos”, estivo dirixido por Xosé Gómez Gayoso e Manuel Moure. De tendencia comunista e antifascista, apoiou a Segunda República e fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. Nel colaboraron Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado ou Basilio Álvarez, promotor de El miliciano gallego, co que o semanario acabaría converxendo tras un período de convivencia de dous meses. En setembro de 1937 Castelao incorporouse á revista cos seus debuxos de guerra e textos de denuncia das atrocidades cometidas polos falanxistas en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir do primeiro de xaneiro de 1862. Cesou antes dos seis meses. Subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país”, creouse co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense, sen esquecer os intereses locais da provincia. Saíu dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Incluíu artigos de fondo, variedades e soltos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame organizado pola Fundación O Grelo-Amigos de Galicia desde 1993 co obxectivo de promocionar a publicación de obras en lingua galega. Resultaron premiados autores como Bibiana Amoedo ou Paulo Martínez Lema (1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata da xestación, o parto e o puerperio. O máximo impulso da obstetricia moderna remóntase á introdución do fórceps por Jean Palfyn (s XVIII), aos traballos do cirurxián Ambroise Paré e ao descubrimento da orixe da febre puerperal por I. F. Semmelweis (s XIX).
-
-
-
Que ten validez e carácter formal porque provén dunha autoridade ou goberno.
-
Que é algo recoñecido ou aprobado pola persoa que ten autoridade para facelo.
-
-
Que non é privado ou particular porque pertence a unha autoridade ou goberno.
-
-
Persoa que nun oficio manual rematou a súa aprendizaxe e aínda non é mestre.
-
Grao intermedio entre aprendiz e mestre, na organización gremial.
-
-
-
Persoa que na mariña mercante exerce, a bordo dunha embarcación, un cargo técnico que esixe unha titulación superior. Distínguense os oficiais técnicos marítimos (capitán, oficiais de ponte ou de derrota, oficiais de máquinas e oficiais de radiotelegrafía) e os oficiais técnicos de servizos especiais (os sobrecargos e os médicos).
-
Persoa que na milicia ten o grao de alférez, tenente ou capitán ou os similares da armada.
-
...
-
-
-
-
Calidade de oficial.
-
Conxunto de oficiais do exército.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de funcionarios dun goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de oficializar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar carácter oficial a algo.
-
-
Que oficia.
-
Persoa que participa como axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que celebra a misa.
-
-
-
-
Celebrar unha cerimonia relixiosa.
-
Axudar en actos relixiosos.
-
-
Actuar en calidade de algo. OBS: Adoita empregarse seguido da preposición de.
-
Celebrar unha cerimonia relixiosa.
-
Comunicar algo oficialmente e por escrito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda anual que realizan ao Santísimo Sacramento na catedral de Lugo as cidades que formaron o Antigo Reino de Galicia: Tui, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. Esta tradición xurdiu por acordo da Xunta do Reino de Galicia en 1669, co fin de doar unha cantidade de diñeiro para dotar o altar da catedral lucense da cera ou velas que necesitara durante o ano para iluminar as reliquias de Xesús Cristo. Realízase desde 1672, efectúase o domingo seguinte á festividade do Corpus Christi e preséntaa o alcalde dunha das sete capitais históricas, que só entregan unha cantidade simbólica.
-
PERSOEIRO
Poeta. Formado na escola toscana, imitou os occitanos e seguiu os temas da lírica siciliana. Del consérvanse 38 composicións de tema amoroso e popularizante, que se caracterizan polo ritmo lento e o respecto polas formas tradicionais. Está considerado como un dos predecesores do dolce stil novo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche e Ortigueira.