O Grelo-Amigos de Galicia, Fundación

O Grelo-Amigos de Galicia, Fundación

Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.