"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Acción e efecto de modular.

    2. Uso de formas que só aparecen nunha sucesión gramatical de morfemas.

    3. Paso dunha modalidade ou dunha tonalidade a outra. A modulación pódese efectuar dunha tonalidades aos seus tons veciños ou a outros máis afastados.

    4. Proceso mediante o que se modifica algunha das características dunha onda, denominada portadora, co fin de mellorar a transmisión, desde un emisor a un receptor, da información contida na outra onda, denominada moduladora. A onda modificada é a modulada. A onda portadora, de frecuencia moito máis elevada ca da onda moduladora, é polo xeral sinusoidal, cunha amplitude, unha frecuencia e unha fase determinadas. Segundo a característica modificada, fálase de modulación de amplitude (AM) ou ben de modulación angular, que pode ser de frecuencia (modulación de frecuencia, FM) ou de fase (modulación de fase, PhM). A modulación produce unha onda complexa que se pode descompoñer en diversos compoñentes de frecuencias diferentes. Na onda oduladora aparecen, ademais da da portadora, unhas frecuencias simétricas respecto á portadora, denominadas frecuencias laterais. Se o sinal modulador ocupa unha certa banda, entón aparecen dúas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monoplacóforos.

    2. Molusco da clase dos monoplacóforos.

    3. Clase do filo dos moluscos anfineuros, da que todos os seus representantes son fósiles do Cámbrico e do Devónico, excepto dúas especies do xénero Neopilina, descubertas en 1952 pola expedición do “Galathea” preto das costas mexicanas do Pacífico, a unha profundidade de 3.000 m. Caracterízase porque os individuos posúen unha única cuncha simétrica, co ápice curvado cara a adiante e que ten entre 3 e 8 pares de impresión musculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso bieito. Foi predicador xeral da orde de San Bieito en Santiago de Compostela, onde foi secretario das Festas Minervais de 1697. Na obra publicada co gallo do certame, inseriu unha Oración poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Foi vicepresidente da Real Junta de Comercio da Coruña e censor rexio na Coruña. Escribiu Discurso que en la apertura de los exámenes públicos de los alumnos de las Escuelas que costea la Real Junta de Comercio de La Coruña pronunció D... (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortalecemento ou desenvolvemento dos músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mutilar ou mutilarse.

    2. Delito que consiste no corte ou inutilización dunha parte do corpo dunha persoa. É gravemente castigado por todas as lexislacións salvo cando se trata de transplantes de órganos practicados segundo a lexislación vixente ou de esterilizacións e cirurxía transexual co consentimento do interesado. Foi penado especialmente cando se recorría a ela para evitar o servizo militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso embrionario que conduce á formación da néurula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de nivelar ou nivelarse.

      1. Conxunto de operacións que se realizan para atopar as diferenzas de altitude entre dous puntos ou máis do terreo, con relación a un plano de referencia horizontal.

      2. nivelación barométrica

        Nivelación que indica a altitude dos puntos en función dos valores de presión atmosférica que cada un soporta. É o método menos preciso, e só se emprega cando non se pode recorrer a ningún outro.

      3. nivelación composta

        Nivelación, referida a un mesmo plano de comparación, que se determina cando se utilizan dúas ou máis estacións. O mellor método de nivelación composta é o de nivelación recíproca, que consiste en facer a lectura desde un primeiro punto coa mira posta sobre un segundo e viceversa. A altura do aparato determínase nos dous puntos e a diferenza de altitude obtense da conxugación entre estes valores e as lecturas feitas. Por este método elimínanse os erros instrumentais e os erros a causa da esfericidade da Terra e da refracción da luz.

      4. nivelación simple

        Nivelación referida a un mesmo plano de comparación, que se mide por medio dunha soa estación do aparato. O mellor método de nivelación simple é o método do punto medio, que se realiza coa colocación do aparato sobre a aliñación AB que forman os dous puntos e á mesma distancia de ambos os dous. Ao facer a lectura das dúas miras, colocadas unha en cada punto, é máis alta aquela en que a lectura é menor, e a diferenza de altitude é a das lecturas: Z = L<J>A</J> - L<J>B</J>. Por este método anúlanse automaticamente os erros instrumentais e os que producen a esfericidade da Terra e a refracción da luz. No método do punto extremo, menos preciso que o anterior, colócase o aparato nun dos puntos e a mira noutro, mídese a altura do aparato e faise a lectura da mira. A resta destes dous valores corresponde á diferenza de altitude entre os dous puntos.

      5. nivelación trigonométrica

        Nivelación en que se dirixen visuais inclinadas ás miras que se colocan nos puntos que se nivela. Mídese o ángulo que forma a visual co horizontal e determínase a diferenza de altitude resolvendo o triángulo rectángulo formado en cada lectura. Este método segue en precisión e en uso á nivelación xeométrica, e os aparatos que se utilizan son o clisímetro e o eclímetro.

      6. nivelación xeométrica

        Nivelación en que se encontra a diferenza de altitude entre dous puntos que dirixe visuais horizontais ás miras colocadas nos puntos respectivos. A diferenza das lecturas feitas dá o desnivel existente. É o método máis empregado e o máis preciso que existe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglomeración de partículas finas en masas máis voluminosas, case esféricas, por fusión parcial nun forno rotatorio. A elevación rápida da temperatura crea unha fase líquida que humedece as partículas de sólido e forma uns nódulos que se arrefrían á saída do forno. A obtención de pellets na metalurxia do ferro é un exemplo de nodulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul en 38 a C, foi procónsul en 35 a C na Península Ibérica e dirixiu unha campaña contra os pobos prerromanos situados na parte occidental. En 34 a C fundou a colonia de Norbensis Caesarina (Cáceres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ladislav Novomeský.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de tendencia republicana editado en Santiago de Compostela en 1873, baixo o subtítulo “Periódico mordiente y camorrista. Órgano de las aspiraciones de la sociedad descamisada”. Saíu os domingos como substituto de El Alacrán, que apareceu na mesma cidade en 1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga residencia de verán dos príncipes electores e reis de Baviera, en Múnic, construída en varias etapas desde 1664. Comezada por A. Barelli (1664-1675), foi ampliada en tempos de Maximiliano II Manuel (1679-1726) por J. Effner, con pavillóns como os de Badenburg (1718-1721) e Magdalenenklause (1725-1728). Finalmente engadíuselle o Amlienburg (1734-1739), obra de F. de Cuvilliés e peza mestra da arte rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ofrecer algo a Deus, especialmente o pan e o viño da Eucaristía.

    2. Ofrenda espontánea dos fieis durante a misa ou en ocasión doutros sacramentos, como acto de culto e de devoción.

    3. Acto ou rito mediante o que se consagra unha persoa a Deus como oblato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Turbación do xuízo.

    2. Trastorno mental que consiste nunha perturbación da consciencia, nunha particular lentitude de pensamento, diminución da vixilancia e da atención e nunha importante torpeza nas funcións motoras.

    3. Escurecemento enfermizo da vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atrofia do ollo con abrandamento dos seus tecidos e coa redución de tamaño do globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ondular.

    2. Sucesión de alturas e depresión no relevo dun terreo.

      1. Movemento de vaivén nun fluído elástico propagado entre as súas partículas sen que estas se trasladen na dirección da propagación.

      2. Movemento da auga do mar que se produce, especialmente, polos ventos, que forman ondas que poden ser duns cantos centímetros de altura, ou chegar a dimensións espectaculares, no caso dunha tempestade, e por fenómenos tectónicos que poden orixinar tsunamis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obstrución ao paso de materia sólida, líquida ou gasosa polas vías excretoras do corpo.

    2. Estado de amenorrea das mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de oscilar.

    2. Cada un dos movementos de ida e volta dun corpo que oscila.

    3. ariación periódica dunha magnitude dun sistema físico que se inicia provocando, mediante un axente exterior, unha desviación dunha certa amplitude desta magnitude respecto ao seu valor estable ou de equilibrio. No caso ideal de que o sistema físico estea illado do seu contorno, unha oscilación, unha vez iniciada, perdura indefinidamente coa amplitude inicial. Nun sistema non illado, a oscilación é amortecida e a amplitude decrece exponencialmente co tempo. Cando o axente exterior que provoca a oscilación varía co tempo, ten lugar unha oscilación forzada, neste caso, se o período da oscilación da magnitude e o do axente exterior é o mesmo, prodúcese unha resonancia.

    4. ariación da liña de costa no decurso do tempo. Neste proceso interveñen factores diversos, como a tectónica, a erosión, a acumulación de sedimentos ou as oscilacións do nivel mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contacto dunha curva ou unha superficie cunha curva ou unha superficie osculatriz.

    VER O DETALLE DO TERMO