"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
GALICIA
Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009.
É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do... -
GALICIA
Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e ceramista. Asentado na Coruña, foi membro fundador do Colectivo Nacional de Diseño e Investigación Arrancadilla e en 1986 dirixiu e promoveu o Primeiro Encontro Europeo de Ceramistas en Galicia. Recibiu, entre outros, o Premio Cádiz de Escultura en 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi cóengo do Seminario de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, onde foi nomeado bispo auxiliar en 1922. Escribiu diversos sermóns e cartas pastorais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Coñecida como Caridad Mercader, residiu en Barcelona desde os seis anos ata que en 1925 marchou, cos seus cinco fillos, a Francia. Militou na XV Sección do Parti Socialiste Français (1928) e, ao estalar a Guerra Civil Española (1936-1939), pasou a Catalunya e afiliouse ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Posteriormente, no exilio interveu directamente na organización do asasinato de Trockij en México (1940), que cometeu o seu fillo Ramón Mercader i del Río. Posteriormente residiu en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Topógrafo. Dedicado á investigación arqueolóxica, colaborou na delimitación, confección e estudo do plano da zona de protección monumental do centro histórico de Ourense. Publicou La Vía romana XVIII (via nova): revisión de su trazado y mensuración (2000) e Consideraciones sobre la antigüedad del episcopado auriense y la génesis de su diócesis: el rol del Parochiale Suevum y otras cuestiones (2003). É académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi un dos membros fundadores do grupo El Paso. A súa obra caracterizouse pola introdución de teas metálicas, moitas veces coloreadas e coas que logrou contrastados efectos luminosos e espaciais. Destacan as series La metamorfosis (1958-1963), Mandalas (1974) e Albercas (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Abade do mosteiro de San Salvador de Samos, recibiu importantes privilexios do Rei Fernando II. Nomeado bispo de Lugo (1182-1218), tivo que enfrontarse á resistencia dos fregueses e dos propios monxes do mosteiro de Samos a recoñecer o señorío bispal, único recoñecido na cidade de Lugo. Para reducir as tensións, asinou un pacto de concordia cos representantes da cidade, paz que sancionou o rei en 1199.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como Marrofer, foi mestre de profesión, un destacado militante comunista e o organizador das guerrillas en Galicia entre 1944 e 1946. Dirixiu a IV Agrupación en substitución de M. Castro Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e caricaturista. Coñecido como Oitabén, traballou como caricaturista para a revista Vagalume (1974-1975). Interesado pola conservación da natureza, creou o Centro de Recuperación de Fauna O Rodicio (Ourense) e fundou a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, para a defensa e o estudo dos bosques autóctonos. Recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Julio Antonio, formouse con Marià Pedrol e con Fèlix Ferrer, aínda que tamén frecuentou o taller de Miquel Blay en Madrid. En Almadén comezou a serie Los bustos de la raza, en que sobresaen Minera de Puertollano (1909) e Minero de Almadén (1910). Realizou monumentos aos Herois de la Independència, Carmo ou Goya (Madrid) e tamén o mausoleo de Alberto Lemonnier. Da súa obra, de raíces clásicas e de concomitancias renacentistas, destacan Venus Mediterrània (1912) e María, la gitana (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Michel Salgado, xogou no R. C. Celta de Vigo (1992-1996 e 1997-1999), e en 1999 pasou ao Real Madrid C. F., co que gañou 1 Copa Intercontinental (2002), 2 Copas de Europa (1999-2000, 2001-2002), 1 Supercopa de Europa (2002), 2 Ligas (2000-2001, 2002-2003) e 2 Supercopas de España (2001, 2003). Coa selección española gañou o Campionato Europeo Sub-21 (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1973) e, desde 1983, é catedrático de Filoloxía Románica na mesma universidade. Secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre 1971 e 1991, desde 1993 ocupa o cargo de director. Desde todos os seus ámbitos de traballo impulsou activamente a expansión e difusión da lingua galega e centrou as súas liñas de investigación nos diversos campos da lingüística galega. Durante a Xunta Preautonómica ocupou a Secretaría da Lingua Galega (1979), cargo desde o que promoveu a implantación do galego no ensino non universitario. Nese mesmo ano foi nomeado secretario da Comisión de Toponimia da consellaría de Educación e Cultura, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia (2005), publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), punto de partida das Normas ortográficas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Licenciado en ciencias biolóxicas, foi secretario da comarca da Coruña e secretario confederal de Emprego e Industria e en 2001 foi elixido secretario confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG), cargo para o que foi reelixido en 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO