"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Composto que posúe na súa estrutura diversas funcións alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos polímeros que varían na súa composición química sen experimentar cambios na súa forma cristalina. Son copolímeros en bloques que se obteñen por polimerización de mesturas de monómeros en presenza de catalizadores aniónicos de coordinación do tipo Ziegler-Natta. A súa estrutura pode representarse como...(XXXX...)n (YYYY...)m...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paradentose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos poliméricos que conteñen grupos amida (-CO-NH-) repetidos ao longo da cadea principal do polímero. Os tipos máis importantes de poliamidas son, desde un punto de vista comercial, as lineais alifáticas, coñecidas comercialmente como nailon, as ramificadas alifáticas, que non están fiadas e aplícanse na preparación de recubrimentos e adhesivos, e as aromáticas, con excelentes propiedades térmicas. Algúns polímeros naturais, como os péptidos e as proteínas, teñen estrutura de poliamida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador luterano prusiano. De nome Johann Gramann, foi reitor da Thomas-Schule en Leipzig e secretario de L. Gegner Eck. Interveu na disputa con Lutero (1519) e foi o difusor da Reforma en Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema matrimonial poligámico polo que unha muller se pode unir legalmente con máis dun home. Practícase en moi poucas zonas do mundo, entre elas en India, algúns grupos tibetanos e os polinesios das illas Marquesas.

    2. Presenza na flor de vinte ou máis estames.

    3. Estado en que unha soa femia fecunda vive en sociedade con diversos machos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á poliandria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta poliandria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polianxiáceas.

    2. Bacteria da familia das polianxiáceas

    3. Familia de bacterias, da orde das mixobacteriais, con células longas e delgadas, frecuentemente fusiformes, que producen quistes e corpos frutíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito múltiple constituído por uns cantos aquenios, formado a partir dun xineceo apocárpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno de moitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á poliarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación simultánea de múltiples arterias.

    2. asculite caracterizada por lesións do tipo da necrose fibrinoide, que pode afectar a calquera arteria media ou pequena e que, ao comprometer a irrigación periférica, maniféstase dun xeito moi polimorfo: nefropatía, pneumopatía, artralxia e artrite, hipertensión, neuropatía ou afección cardíaca. OBS: Tamén se denomina panarterite nodosa, periarterite nodosa e enfermidade de Kussmaul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás diversas articulacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación simultánea de diferentes articulacións.

    2. Poliartrite inflamatoria de causa descoñecida, non supurativa, subaguda ou crónica, que afecta principalmente ás articulacións periféricas dun xeito simétrico. OBS: Tamén se denomina artrite reumatoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polisacarase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén dous ou máis átomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos ácidos que teñen na súa molécula dous ou máis hidróxenos substituíbles por átomos ou radicais básicos para formar sales ou ésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Despois da vitoria dos romanos en Pidna (168 a C), foi deportado a Roma, onde permaneceu durante sete anos. Na capital fixo unha profunda amizade con Escipión, a quen posiblemente acompañou nas súas expedicións a Cartago e Hispania. Consérvase a terza parte da súa obra historiográfica (Historias), que constaba de corenta libros e na que quixo recoller os feitos ocorridos en Roma desde os anos 264-222 ata o 144 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe numerosos rudimentos seminais.

    VER O DETALLE DO TERMO