"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Pertencente ou relativo aos cabarcos.

    2. Individuo do pobo dos cabarcos.

    3. Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, establecido no convento xurídico lucense que, segundo Plinio, se situarían despois dos albións e antes os egovarros. Hoxe en día sitúase este pobo na rexión de Ribadeo, entre os ríos Eo e Navia. Debido a oscilacións e dúbidas nas fontes clásicas, este pobo tamén se coñece cos nomes de cabarci, cibarcos ou cibarci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da Mariña Oriental, establecido nos períodos 1813-1814, 1821-1823 e 1835-1845. Ata 1840 abranguía as parroquias que integraran no Antigo Réxime a xurisdición homónima (San Xusto de Cabarcos, San Xulián de Cabarcos e Vilamartín Pequeno). En 1843 absorbeu o concello de Reinante, que se correspondía coa antiga xurisdición de Barreiros. O novo concello resultante cambiou de nome e de capital en 1845, establecéndose dende entón como concello de Barreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda do lugar homónimo, no concello de Barreiros (partido xudicial de Ribadeo), que se espallou por Lugo, Mondoñedo e Viveiro. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de goles e sete de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística en Lugo en 1975, dedicándose ao deseño gráfico e á ilustración. Nese ano trasladouse á Coruña onde instalou o seu estudio, Factoría Gráfica. Durante os anos oitenta empregou na ilustración a técnica da aerografía; expuxo tamén no VII Salón Internacional do Cómic e da Ilustración (Barcelona) e na VI Bienal Internacional de Arte de Vilanova da Cerveira (Portugal). Máis tarde comezou a traballar co ordenador nos estudios de reconstrución arqueolóxica; con el realizou unha serie de cinco vistas da evolución do primitivo faro romano da Torre de Hércules, dende a súa construción ata o s XV. Realizou traballos de planos urbanos e deseños das imaxes corporativas de diferentes empresas. Participou como pintor na I Mostra Unión Fenosa (1989) e no VII Certame de Pintura do Concello de Cambre. En 1992 realizou a súa primeira exposición individual na Coruña. En xuño do 2000 inaugurou, tamén na Coruña, a primeira exposición de arte dixital que se celebrou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Colaborou en diversos xornais e revistas galegas (Vallibria, El ideal gallego, Las riberas del Eo, etc) e publicacións da emigración galega de Bos Aires e La Habana, a miúdo baixo o pseudónimo O Bruxo dos Ermos. Publicou tamén o poemario Cóxegas (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo provocada pola incisión das augas torrenciais. Prodúcese en medios áridos, sobre rochas brandas situadas en pendentes fortes, onde a cuberta vexetal é rara ou incluso inexistente.

    2. Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cadurcos.

    2. Individuo do pobo galo dos cadurcos.

    3. Pobo galo situado na Aquitania Prima, na actual Quercy. Os cadurcos ou cadurci resistiron a invasión romana e foron sometidos no 51 a C. A capital era Divona ou Cadurci, a actual Cahors.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e político. Residente en Catalunya dende 1939, participou no movemento estudantil antifranquista e foi expulsado de España en 1964 pola súa actividade nacionalista. Fundou Edicions 62 e Curial, Edicions Catalanes. Presidente da Universitat Catalana d’Estiu a Prada e profesor de literatura catalá na Universitat Autònoma de Barcelona. Publicou entre outras obras Epistolari del Renaixement (Epistolario do Renacemento, 1977-1978) e colaborou con Joan Coromines no Dicionari etimològic i complementari de la llengua catalana (Dicionario etimolóxico e complementario da lingua catalana, 1980-1981). En 1994 creou o partido político Acció Catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Perú, atravesado pola Cordillera Occidental (33.318 km2; 1.343.501 h [estim 1996]). A súa capital é Cajamarca (92.447 h [1993]). É un gran centro mineiro, sobre todo de ouro e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo húmido, formado por pequenas lagoas, marismas e carrizais, orixinado pola acción da dinámica litoral sobre a desembocadura do río Valdebois, no extremo setentrional da praia de Carnota, no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, pertencente ao concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segmento máis setentrional da praia de Carnota, situada no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota, que pecha polo N a praia de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Estudiou cos xesuítas en Madrid e nas universidades de Alcalá de Henares e Salamanca. Serviu como soldado en Flandres e Lombardía e participou na campaña contra os segadores cataláns. En 1651 ordenouse sacerdote e desempeñou varios cargos eclesiásticos, sendo nomeado capelán maior da Congregación de Presbíteros Naturales de Madrid (1666). Considérase, xunto con Lope de Vega, a figura máis importante do teatro español do século XVII. A crítica recoñeceu dúas direccións na súa produción dramática: por unha banda sitúanse as pezas que responden ao modelo de comedia divulgada por Lope de Vega, con trazos distintivos como a concisión, o enriquecemento técnico ou a simplificación da trama. Pola outra, aquelas obras consideradas paradigma do sistema estético barroco, debido á asimilación da gravidade reflexiva que se espallou a partir da ideoloxía da Contrarreforma. A súa extensa obra clasifícase en distintos xéneros. Na liña de Lope, escribiu comedias de capa e espada (Casa con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Traballou como redactor do periódico coruñés El Ciudadano por la Constitución, editado entre os anos 1812-1815. Por mor das súas ideas e actividades liberais, entre elas a súa disputa coa Inquisición, tivo que emigrar en diversas ocasións. Estableceuse en Londres en 1823 onde creou unha imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo. Licenciado en Ciencias Políticas e consultor de empresas. Cofundou e presidiu a asociación cultural Abrente Galego en Madrid e o Centro Gallego de Castelló, impartindo ademais clases de gaita. Publicou diversos artigos: “A nosa gaita fala en galego” (1990), “A derradeira lección do mestre” (1992), “Gaita quae non religat” (1995) e “A música tradicional nos nomes propios” (1997). Escribiu, ademais, os libros Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega (1988) e Aires da terra. La poesía musical de Galicia (1993), estudo sobre a primeira agrupación folclórica galega que inclúe a biografía do seu fundador, Perfecto Feijóo, o seu arquivo inédito de partituras tradicionais e un estudo sobre a música galega.

    VER O DETALLE DO TERMO