"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e político. Graduado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en canons na Universidad de Ávila. Ocupou, entre outros cargos, o de conselleiro de Indias e presidente do Consello de Castela. Empregou a súa influencia na promoción e defensa dos intereses de Galicia, inicialmente representados por un único deputado en cortes. Foi o mecenas da Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741). Participou, directa ou indirectamente, en todas as leis dos reinados de Fernando VI e Carlos III, entre as que destaca, o Concordato de 1753. No seu testamento instituíu a Fundación Figueroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que aparenta o que non é e actúa dunha maneira afectada.
-
-
Persoa que se dedica a vender flores.
-
Recipiente que se usa para poñer flores.
-
Persoa ou cousa que só serve para adornar, ou sen utilidade.
-
-
GALICIA
Político. Oficial da Mariña, formou parte da Comisión de Planos Hidrográficos e Navegación en Europa e América. En 1834 pasou á administración do Estado e en 1840 exerceu como secretario da Xunta Provincial, creada tralo pronunciamento progresista. Foi alcalde da Coruña (1846-1847 e 1851-1854), cargo desde o que realizou diversas obras públicas e reformou o Hospital e o Hospicio. Deputado a Cortes pola Coruña na lexislatura 1857-1858, desenvolveu unha intensa actividade en favor do ferrocarril galego; logrou unha licenza para a construción do ferrocarril do Noroeste (Galicia-Asturias), pero non atopou investidores. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e cabaleiro da Real Orden de San Hermenegildo e da Real Orden de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que comunica o golfo de México co Atlántico, situado entre a península de Florida, nos EE UU, e as illas de Cuba e das Bahamas.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político. Durante a Regeneração (1851-1869) foi ministro de Mariña e Ultramar, de Obras Públicas e de Facenda. Foi líder do Partido Regenerador, presidiu o consello de ministros en varias ocasións (1870-1877, 1878-1879, 1881-1886). Introduciu o ensino industrial e organizou o ensino agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Forcarei.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca administrativa de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao NL co concello de Silleda (na comarca do Deza), ao L co de Lalín (Deza), ao S cos do Irixo e Beariz (ambos os dous na comarca do Carballiño) e A Lama e Cotobade (na de Pontevedra), ao O co de Cerdedo e ao NO co da Estrada. Abrangue unha superficie de 168,4 km 2 , nos que acolle unha poboación de 4.428 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, Quintillán, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras e Ventoxo. A capital municipal é a vila de Forcarei, situada a 42° 35’ de latitude N e 8° 20’ de lonxitude O, 44 km ao NL de Pontevedra e 52 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial da Estrada e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A elevada altitude media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do ministerio de Asuntos Exteriores no Reino Unido creado en 1872.
-
-
Relativo ou pertencente ao foro.
-
Aplícase, na Idade Media e Moderna, á persoa que paga foro, peito ou tributo.
-
Aplícase, na Idade Media e Moderna, á persoa que cobra as rendas debidas por foro ou dereito.
-
-
GALICIA
Escritora. Realizou estudios de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora en distintas publicacións, escribiu o volume de relatos Historias de Edel (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma apocopada de frade ou freire que se emprega en posición prenominal. OBS: A súa abreviatura é Fr.
-
PERSOEIRO
Político chileno. Foi membro fundador da Falange Nacional (1941) e do Partido Demócrata Cristiano. Elixido presidente da República (1964-1970), propugnou unha terceira vía entre o capitalismo e o socialismo. Presidente do Congreso e do Senado, liderou a oposición á Unidad Popular de Allende ata o golpe de estado de 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político chileno. Presidente do Partido Demócrata Cristiano (1991), foi elixido presidente da República (1994-2000) pola Concentración de Partidos por la Democracia, coalición de democristiáns, socialistas e demócratas, cun programa baseado na reconciliación nacional. Opúxose ao procesamento en España do ex presidente Augusto Pinochet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Autor do poema satírico e moral Bescheidenheit (1229), onde criticou os costumes da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade teatral creada en Berlín en 1889 por Otto Brahm e Paul Schlenther, entre outros, seguindo o exemplo do Téâtre Libre que establecera en París André Antoine. Ata 1894 presentou unha serie de espectáculos que supuxo a incorporación á escena alemá de autores tan significativos como Henrick Ibsen, Gerhart Hauptmann, Emile Zola, August Strindberg ou Leon Tolstoi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido liberal alemán creado en 1948 na República Federal. Formou parte do goberno en 1949-1959, 1961-1966 e 1969. Trala reunificación perdeu un gran número de votos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Freixido.