"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
RIOS
Río dos Balcáns, afluente pola dereita do Sava, con 364 km de lonxitude, formado nas montañas de Montenegro pola unión do Piva e o Lim. No seu curso medio fai de fronteira natural entre Bosnia-Herzegovina e Iugoslavia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo inglés. É autor de dramas históricos en verso, como Cophetua (1911), Abraham Lincoln (1918), Mary Stuart (1921), Oliver Cromwell (1921) e Robert E. Lee (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do judeţ de Mehedinţti, Romanía, drenada polo río Danubio (118.069 h [estim 1999]). É un destacado porto fluvial, onde o comercio xoga un papel principal na súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e escritor croata. Formouse en Siena, onde estudiou dereito canónico (1538-1544). Nesta cidade entrou en contacto coa literatura clásica e cos ideais renacentistas e humanistas que o levaron a adoptar unha posicion belixerante coas autoridades de Ragusa. Organizou un complot que fracasou e tivo que exiliarse. Entre 1548 e 1559 participou activamente na vida teatral de Dubrovnik, onde colaborou cos grupos afeccionados locais e escribiu un pequeno repertorio de comedias e escenas bucólicas. Cómpre destacar as súas obras Tirena (1548) e Dundo Maroje (O tío Maroje, 1551), en que presenta toda unha galería de tipos populares: os avaros, os vellos, os servidores intelixentes, os vagabundos e os cornudos, tan propios das comedias de Plauto, pero agora tirados da paisaxe humana de Ragusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Despois de estudar enxeñería na Real Academia Militar de Breda, construíu edificios defensivos. A súa obra recibiu a influencia do neoplasticismo e da arquitectura orgánica. Empregou o ladrillo cara vista e a composición asimétrica de bloques rectangulares. Arquitecto municipal de Hilversum, realizou, entre outras obras, a casa do concello. Trazou os planos para a reconstrución da Haia trala Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e economista. Tentou conciliar a xustiza social do socialismo cos principios do liberalismo económico. As súas concepcións foron criticadas polo socialismo, fundamentalmente por Engels, na súa publicación Anti-Dühring. Cómpre destacar as súas obras Natürliche Dialektik. Neue logische Grundlegung der Wissenschaft (Dialéctica natural. Nova fundamentación lóxica da ciencia e da filosofía, 1865) e Wirklichkeitsphilosophie (Filosofía da realidade, 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide extraído do talo da dulcamara, illado en 1920, que se emprega como midriático. Pode producir unha intoxicación similar á atropínica.
-
PERSOEIRO
Bailarina e coreógrafa estadounidense. Estudiou na University of Chicago e doutorouse en Antropoloxía. Nos anos trinta fundou unha escola de danza en Nova York e nos anos corenta unha compañía de danza que acadou grandes éxitos. Incorporou o folclore antillano aos seus espectáculos musicais e promoveu a creación do Dunham Center for the Arts and Humanities. Creou numerosas coreografías e interveu en diversos filmes, como Mambo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político eslovaco. Licenciado en Economía do Tráfico Ferroviario (1979), traballou no Instituto do Tráfico Ferroviario de Zilina (1979-1990). Foi viceministro económico no ministerio de Tráfico e Comunicacións (1991-1992) e, trala creación de Eslovaquia como Estado independente, foi ministro de Tráfico, Comunicacións e Obras Públicas (1994). Deputado dende 1922 polo Krestansko Demokratické Hnutie (KDH), converteuse no seu vicepresidente en 1994. En 1997 impulsou a creación da coalición Slovesnká Demockratická Koalícia (SDK), da que foi elixido presidente en 1998. Tralas eleccións de setembro de 1998 formou unha coalición contra V. Meciar e acadou o cargo de primeiro ministro. Durante o seu mandato ampliou os dereitos das minorías nacionais, abriu o país aos investimentos estranxeiros, apoiou os bombardeos da OTAN sobre Kosovo e conseguiu que Eslovaquia fose aceptada como unha das candidatas a ingresar na Unión Europea. En setembro de 1999 regresou á súa militancia no KDH, aínda que mantivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que foi coñecida Ana de Mendoza de la Cerda y Silva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que foi coñecido Ruy Gómez de Silva y Teles de Meneses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Betanzos entre o 13 de febreiro e o 1 de novembro de 1956. Subtitulouse “Revista quincenal de la ciudad de Betanzos de los Caballeros” e tirou do prelo dezaoito números. Dirixido por Antonio Concheiro Caamaño, contou coas colaboracións de Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Francisco Vales Villamarín, Baldomero Cores Trasmonte, Ramón Piñeiro, Xosé L. Franco Grande e Xosé Veiga Roel, entre outros. Incluíu artigos de temas médicos, xurídicos, deportivos e históricos, textos literarios en galego e novas locais. En agosto de 1956 editou un número especial con motivo das festas patronais.
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia republicana editado en Marín a partir de 1912 que cesou en 1914. Dirixido por Sebastián Catá, tiña unha tiraxe de seiscentos exemplares. Trátase dunha publicación que nacera en 1896 co título de El Eco Marinense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación independente de periodicidade quincenal aparecida na vila de Porriño en 1916.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán editada en Marín a partir de 1896. Subtitulada “Semanario de intereses generales”, foi dirixida por Sabas B. Catá. Impresa nos obradoiros tipográficos de R. Quintáns, saía todos os domingos. Constaba de catro páxinas, nas que se incluían artigos sobre actividades comerciais e marítimas, ademais de anuncios e un folletín. No eido literario, cómpre salientar algúns versos en galego na sección “Paliques”, publicados baixo pseudónimo. Nas súas diferentes épocas de edición presentou as cabeceiras El Eco de Marín, El Marinense ou Nuevo Marín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa d’Hainaut. Duque de Cornualla (1337) e príncipe de Gales (1343), combateu contra os franceses na Guerra dos Cen Anos e acadou as vitorias de Crécy (1346) e Poitiers (1356). Recibiu do seu pai extensos territorios na Aquitania (1363), onde emprendeu unha política centralizadora que contou coa oposición da nobreza. Interveu na Guerra dos Dous Pedros (1356-1369) a favor de Pedro I o Cruel e acadou a vitoria en Nájera, pero pactou a repartición de Castela con Pedro IV o Cerimonioso de Aragón e Carlos de Navarra. Desvinculouse da política peninsular logo da morte de Pedro I o Cruel (1369). Por mor da súa mala saúde, cedeulle o goberno de Aquitania ao seu irmán Xoán de Gante (1372) e volveu a Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano do Conventus Lucensis establecido posiblemente no val do Eo e nas terras que se estendían ata o río Navia.
-
LOCALIDADES
Localidade alemá próxima a Weimar onde se localizaron en 1914, 1916 e 1923, restos de fósiles humanos (dúas mandíbulas e fragmentos de cranios). Presentaban unha mestura de trazos arcaicos e evolucionados que dificultaron a súa clasificación. Estaban asociados á fauna de clima temperado do período interglaciar Riss-Würm.
VER O DETALLE DO TERMO